Lista das constelacións por área
Esta é a lista das 88 constelacións modernas, organizada segundo a área que cobren de firmamento, medido en graos cadrados, determinados polos límites trazados por Eugène Joseph Delporte no 1930, por mandato da Unión Astronómica Internacional (UAI) e publicadas no Délimitation scientifique des constellations (Cambridge University Press). Antes do traballo de Delporte, os límites só foron vagamente definidos.
Delporte debuxou os límites usando as liñas verticais e horizontais de ascensión recta e declinación; Porén, fixo esta tarefa segundo a época besseliana B1875.0, o que significa que, debido á precesión dos equinoccios, os bordos dos mapas modernos (por exemplo, para a época xuliana X2000) téñense movido un pouco, polo que xa non son liñas perfectamente verticais ou horizontais. Este desvío aumentará cós anos e séculos vindeiros. Porén, isto non altera a área que cobre cada constelación.
Amósanse os nomes latinos das constelacións. A área está dada en graos cadrados.
| Posto | Constelación | Área | Porcentaxe |
|---|---|---|---|
| 1 | Hydra | 1.302,844 | 3,16 |
| 2 | Virgo | 1.294,428 | 3,14 |
| 3 | Ursa Major | 1.279,660 | 3,10 |
| 4 | Cetus | 1.231,411 | 2,99 |
| 5 | Hercules | 1.225,148 | 2,97 |
| 6 | Eridanus | 1.137,919 | 2,76 |
| 7 | Pegasus | 1.120,794 | 2,72 |
| 8 | Draco | 1.082,952 | 2,63 |
| 9 | Centaurus | 1.060,422 | 2,57 |
| 10 | Acuario | 979,854 | 2,38 |
| 11 | Ophiuchus | 948,340 | 2,30 |
| 12 | Leo | 946,964 | 2,30 |
| 13 | Boötes | 906,831 | 2,20 |
| 14 | Pisces | 889,417 | 2,16 |
| 15 | Saxitario | 867,432 | 2,10 |
| 16 | Cygnus | 803,983 | 1,95 |
| 17 | Taurus | 797,249 | 1,93 |
| 18 | Camelopardalis | 756,828 | 1,83 |
| 19 | Andrómeda | 722,278 | 1,75 |
| 20 | Puppis | 673,434 | 1,63 |
| 21 | Auriga | 657,438 | 1,59 |
| 22 | Aquila | 652,473 | 1,58 |
| 23 | Serpens[1] | 636,928 | 1,54 |
| 24 | Perseus | 614,997 | 1,49 |
| 25 | Cassiopeia | 598,407 | 1,45 |
| 26 | Orion | 594,120 | 1,44 |
| 27 | Cepheus | 587,787 | 1,42 |
| 28 | Lynx | 545,386 | 1,32 |
| 29 | Libra | 538,052 | 1,30 |
| 30 | Xémini | 513,761 | 1,25 |
| 31 | Cáncer | 505,872 | 1,23 |
| 32 | Vela | 499,649 | 1,21 |
| 33 | Scorpius | 496,783 | 1,20 |
| 34 | Carina | 494,184 | 1,20 |
| 35 | Monoceros | 481,569 | 1,17 |
| 36 | Sculptor | 474,764 | 1,15 |
| 37 | Phoenix | 469,319 | 1,14 |
| 38 | Canes Venatici | 465,194 | 1,13 |
| 39 | Aries | 441,395 | 1,07 |
| 40 | Capricornus | 413,947 | 1,00 |
| 41 | Fornax | 397,502 | 0,96 |
| 42 | Coma Berenices | 386,475 | 0,94 |
| 43 | Canis Major | 380,118 | 0,92 |
| 44 | Pavo | 377,666 | 0,92 |
| 45 | Grus | 365,513 | 0,89 |
| 46 | Lupus | 333,683 | 0,81 |
| 47 | Sextans | 313,515 | 0,76 |
| 48 | Tucana | 294,557 | 0,71 |
| 49 | Indus | 294,006 | 0,71 |
| 50 | Octans | 291,045 | 0,71 |
| 51 | Lepus | 290,291 | 0,70 |
| 52 | Lyra | 286,476 | 0,69 |
| 53 | Crater | 282,398 | 0,68 |
| 54 | Columba | 270,184 | 0,65 |
| 55 | Vulpecula | 268,165 | 0,65 |
| 56 | Ursa Minor | 255,864 | 0,62 |
| 57 | Telescopium | 251,512 | 0,61 |
| 58 | Horologium | 248,885 | 0,60 |
| 59 | Pictor | 246,739 | 0,60 |
| 60 | Piscis Austrinus | 245,375 | 0,59 |
| 61 | Hydrus | 243,035 | 0,59 |
| 62 | Antlia | 238,901 | 0,58 |
| 63 | Ara | 237,057 | 0,57 |
| 64 | Leo Minor | 231,956 | 0,56 |
| 65 | Pyxis | 220,833 | 0,54 |
| 66 | Microscopium | 209,513 | 0,51 |
| 67 | Apus | 206,327 | 0,50 |
| 68 | Lacerta | 200,688 | 0,49 |
| 69 | Delphinus | 188,549 | 0,46 |
| 70 | Corvus | 183,801 | 0,45 |
| 71 | Canis Minor | 183,367 | 0,44 |
| 72 | Dorado | 179,173 | 0,43 |
| 73 | Corona Borealis | 178,710 | 0,43 |
| 74 | Norma | 165,290 | 0,40 |
| 75 | Mensa | 153,484 | 0,37 |
| 76 | Volans | 141,354 | 0,34 |
| 77 | Musca | 138,355 | 0,34 |
| 78 | Triangulum | 131,847 | 0,32 |
| 79 | Chamaeleon | 131,592 | 0,32 |
| 80 | Corona Australis | 127,696 | 0,31 |
| 81 | Caelum | 124,865 | 0,30 |
| 82 | Reticulum | 113,936 | 0,28 |
| 83 | Triangulum Australe | 109,978 | 0,27 |
| 84 | Scutum | 109,114 | 0,26 |
| 85 | Circinus | 93,353 | 0,23 |
| 86 | Sagitta | 79,932 | 0,19 |
| 87 | Equuleus | 71,641 | 0,17 |
| 88 | Crux | 68,447 | 0,17 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Serpens divídese en dúas seccións: Serpens Caput (429 graos cadrados) e Serpens Cauda (208 graos cadrados)