Lisa Bonet
Lisa Bonet | |
---|---|
Nacemento | 16 de novembro de 1967 |
Lugar | San Francisco |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educada en | Birmingham High School |
Cónxuxe(s) | Lenny Kravitz e Jason Momoa |
Fillos | Zoë Kravitz, Lola Momoa e Nakoa-Wolf Momoa |
Profesión | actriz, actriz de televisión, actriz de dobraxe e actriz de cinema |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Lisa Michelle Bonet, nada o 16 de novembro de 1967 en San Francisco, é unha actriz estadounidense.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Bonet, de ascendencia afroamericana e xudía, é sobre todo coñecida polo personaxe de Denise Huxtable da comedia de situación emitida pola NBC The Cosby Show (1984-1990), e a súa serie derivada A Different World (1987-1988) [1]. En 1987 protagonizou Angel Heart de Alan Parker, nas que se tiveron que eliminar algunhas escenas de sexo explícito para que o filme non fose clasificado X, aínda que posteriormente fíxose a estrea da versión completa xa como filme X. A partir de 1993 realizou algunhas interpretacións en filmes que saíron directamente en vídeo. En 1998 participou en Enemy of the State con Will Smith e no 2000 en High Fidelity de Stephen Frears.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Bonet's in `A Different World'". Houston Chronicle. Consultado o 2010-10-02.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lisa Bonet |