Saltar ao contido

Lionor de Viseu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLionor de Viseu

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de maio de 1458 Editar o valor en Wikidata
Beja, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte17 de novembro de 1525 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaIgrexa da Nai de Deus Editar o valor en Wikidata
Raíña de Portugal
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRaíña de Portugal Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía de Avis Editar o valor en Wikidata
CónxuxeXoán II de Portugal (1471 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosAfonso de Portugal Editar o valor en Wikidata
PaisFernando de Portugal Editar o valor en Wikidata  e Beatriz de Portugal Editar o valor en Wikidata
IrmánsSabela de Viseu
Manuel I de Portugal
Xoán I de Viseu
Diego I de Viseu Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1654515 WikiTree: Aviz-25

Lionor de Viseu,[1] nada en Beja no 2 de maio de 1458 e finada en Lisboa no 17 de novembro de 1525, foi infanta de Portugal e raíña consorte de Portugal entre 1481 e 1495.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era filla do infante Fernando de Portugal, Duque de Viseu, e da infanta Beatriz de Aveiro.[2] Era neta do rei Eduardo I de Portugal,[3] e de Lionor de Aragón e irmá do futuro rei Manuel I de Portugal.

Casou en xaneiro de 1471 en Setúbal co futuro rei Xoán II de Portugal, o seu curmán. Desta unión naceron:

  • o infante Afonso de Portugal casou en 1490 con Isabel de Aragón, filla dos Reis Católicos.
  • O Infante Xoán de Portugal

Xoán II tivo un fillo bastardo da súa relación cunha dama de compañía da raíña consorte, Xurxo de Lencastre. O rei tentou lexitimar a este fillo, e o certo é que o seu primoxénito estaba casado coa herdeira dos Reis Católicos e isto supuxo unha posible anexión da coroa portuguesa á coroa hispánica. A raíña Lionor opúxose con todas as súas forzas facendo que, á morte do rei, o irmán de Lionor fose nomeado herdeiro ao trono xa que era o parente lexítimo máis próximo do rei, e ascendeu ao trono en 1495 co nome de Manuel I de Portugal.[2]

Á morte de Xoán II en 1495, sucedeuno Manuel I, irmán de Lionor. Foi coñecida como a "vella raíña" e continuou sendo importante na corte, de feito foi rexente máis dunha vez. Despois retirouse ao Palau de Xabregas, porque Xoán III non lle permitiu retirarse ao convento de Odivelas. [4]

Apoiou a fundación do Hospital de Todos os Santos de Lisboa, considerado o mellor centro hospitalario da época e que foi a orixe do hospital termal de Caldas da Rainha, que leva o nome da súa honra. Tamén mandou construír o convento da Nai de Deus.[4]

Morreu en Xabregas o 17 de novembro de 1525.[4] Á súa morte foi enterrada no Mosteiro da Virxe María de Enxabregas.

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-17. 
  2. 2,0 2,1 Livermore, H. V. (1966-01-02). A New History of Portugal (en inglés). CUP Archive. 
  3. Villa-Real y Valdivia 1899, p. 26.
  4. 4,0 4,1 4,2 "Lionor de Avis, fundadora da Misericórdias". RTP Ensina (en portugués). Consultado o 2024-09-15. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]