Lionor de Vermandois
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1152 |
| Morte | 1214 |
| Lugar de sepultura | abadía de Notre-Dame de Longpont |
| Actividade | |
| Ocupación | política |
| Outro | |
| Título | Conde de Boulogne (1171–1173) Condesa de Nevers (1164–1168) |
| Familia | Dinastía dos Capetos |
| Cónxuxe | Guillerme IV de Nevers Mateu III de Beaumont-sur-Oise Mateu de Alsacia Godofredo de Hainaut |
| Pais | Raúl I de Vermandois |
| Irmáns | Raúl II de Vermandois Isabel de Vermandois |
Lionor de Vermandois,[1][2] nada ao redor de 1148/1149 e finada en xuño de 1213, filla de Raúl I, conde de Vermandois e Valois, e de Petronila de Aquitania.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Á morte da súa irmá Isabel de Vermandois (1183), o seu cuñado Filipe de Alsacia conservou os condados de Vermandois e Valois, pero tivo que cederllos a Filipe II de Francia en 1185.
Estivo casada catro veces:
- En 1162 con Godofredo de Hainaut (? 1163), conde de Ostrevant (Ostrevent), fillo do conde Balduíno IV de Hainaut.
- En 1164 con Guillerme IV (m. 1168), conde de Nevers.
- En 1171 con Mateu de Alsacia (c. 1137 - 1173), conde de Boulogne.
- En 1175 con Mateu III (m. 1208), conde de Beaumont-sur-Oise.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-17.
- ↑ Xenealoxía de Lionor en Medieval Lands
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lionor de Vermandois |