Lion Capital LLP

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lion Capital LLP é unha firma británica de capital privado especializada en investimentos no sector de consumo. As marcas que foron ou son propiedade de Lion, ou teñen significativas participacións, inclúen Weetabix, Jimmy Choo, wagamama, Kettle Foods, AllSaints, HEMA, Schweppes, Alain Afflelou ou Authentic Brands Group.

A firma ten a súa sede en Londres, Inglaterra, e emprega a 30 executivos de investimento nas súas oficinas de Londres e Los Ángeles.[1]

Os directores da empresa investiron aproximadamente 6.000 millóns de euros en máis de 30 negocios e máis de 100 marcas de consumo.

En outubro de 2012, a oficina de América do Norte trasladouse de Nova York a Los Ángeles.[2] En maio de 2016 anunciouse que Javier Ferrán [3] substituiría a Franz Humer como presidente de Diageo a partir do 1 de xaneiro de 2017.[4] Durante o verán de 2019, Lion Capital reduciu a súa participación en Authentic Brands Group para dar cabida ao accionariado maioritario de BlackRock.[5]

Actividades[editar | editar a fonte]

Lion Capital busca investir en empresas medianas e grandes que venden produtos de marca, o que inclúe roupa, artigos de luxo, alimentación e venda polo miúdo especializada.[6] Os directores de Lion Capital rexeitaron a diversificación noutros sectores, alegando que a súa estratexia é saber máis sobre menos.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "About Lion Capital". Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2016. Consultado o 12 de setembro de 2016. 
  2. Porter, Kiel (9 de xullo de 2012). "WSJ Pro Private Equity". Wall Street Journal. Consultado o 12 de setembro de 2016. 
  3. "El grupo británico Diageo ficha al español Javier Ferrán como su nuevo presidente". Expansión.com (en castelán). 2016-05-18. Consultado o 2022-02-05. 
  4. "Diageo names Lion Capital partner Javier Ferrán chairman". 18 de maio de 2018. Consultado o 1 de agosto de 2018. 
  5. "BlackRock Takes Stake in Owner of Sports Illustrated, Nine West". 11 de agosto de 2019. Consultado o 8 de octubre de 2019. 
  6. "Lion Capital LLP: Private Company Information - Businessweek". Consultado o 12 de setembro de 2016. 
  7. 2014, 10:00AM BST 01 Oct (1 de outubro de 2014). "Lion Capital".