Lino García Salgado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLino García Salgado
Biografía
Nacemento23 de abril de 1967 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Baltar, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Lino García Salgado, nado en Baltar (A Pastoriza) o 23 de abril de 1967, é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É técnico especialista en automatismos pneumáticos e oleohidráulicos e enxeñeiro técnico agrícola. Actualmente reside na Coruña. Traballou en distintas organizacións e agora mesmo é corresponsable da axenda cultural de Nós Diario.

Ten publicado poemas na revista A Xanela, da A. C. Eira Vella de Betanzos, e colaborou tamén na revista Terra e Tempo e na web da Asociación A.D.A.N. con recomendacións literarias e críticas de libros. En 2015 formou parte do libro recompilatorio Dez anos na porta. Antoloxía poética, editado pola Porta Verde do Sétimo Andar. No ano 2018 participou na expresión colectiva de poemas pendurados das farolas en Guitiriz baixo o lema Lumes Nunca Máis, iniciativa do colectivo Nova Poesía Guitirica. No 2019 participou no libro dixital colectivo homenaxe a Rosalía de Castro 150 Cantares para Rosalía de Castro, iniciativa de Suso Díaz.

Participou na exposición colectiva Ela en Plural que se mostrou no NH Hotel Coruña, no Museo Provincial de Lugo e na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña, entre os anos 2011 e 2012.

Obra publicada[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • A condicionalidade: caderno de interpretación das condicións de condicionalidade da Política Agraria Común nas explotacións agrarias, con Óscar Fernández, 2007, Fouce.
  • Espertar, poemas do autor con fotografías de Helena Robledo, 2010, A. C. Eira Vella.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
  • Dez anos na porta/Antoloxía poética (2015, A porta verde do sétimo andar)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]