Lino Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lino Alonso
Lino alonso.jpg
Información persoal
Nacemento 6 de xuño de 1956
Lugar de nacemento Ourense
Falecemento 9 de abril de 2017
Lugar de falecemento A Paz
editar datos en Wikidata ]

Lino Enrique Alonso Pérez, nado en Castrelo de Miño o 6 de xuño de 1956 e finado na Paz o 9 de abril de 2017, foi un adestrador de fútbol galego-venezolano. Destacou principalmente como adestrador no fútbol base e pola difusión da práctica do fútbol en Venezuela.[1]

Era irmán de Odilo Alonso, futbolista e presidente da Hermandad Gallega de Venezuela, e tío do tamén futbolista Odilo Alonso, xogador do Rápido de Bouzas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido en Castrelo de Miño, aos 13 anos emigrou a Venezuela xunto co seu pai Odilo, súa nai Blandina e seu irmán Odilo.[2] Obtivo o título de adestrador no Colexio Nacional de Adestradores de Venezuela, no que máis tarde chegou a ocupar o posto de Instrutor Nacional.[3]

Durante a década dos 80, adestrou as categorías inferiores do Colexio Santo Tomás de Villanueva, coas que competiu en dúas ligas: Criollitos de Venezuela Cesar del Vecchio e LIEF (despois LIDE).

Dirixiu o Deportivo Galicia na Liga de Fútbol Profesional durante oito tempadas, proclamándose dúas veces campión da Segunda División (1987/88 e 1991/92).[3]

En 1994 comezou a traballar na Federación Venezolana de Fútbol, dirixindo as seleccións sub-17 e sub-20 de Venezuela, ademais de colaborar co adestrador serbio Ratomir Dujković na selección venezolana absoluta.[3] Foi asistente de Dujković na Copa das Américas sub-23, disputada en Colombia en 1994, e na eliminatoria para os Xogos Panamericanos de 1995. Tamén foi asistente de Rafael Santana no Torneo Preolímpico Suramericano Sub-23 de 1996 en Mar del Plata, Arxentina.[3]

De 1995 a 2005 foi o responsable das seleccións sub-15, sub-17, sub-20 e sub-23 de Venezuela en diversos torneos suramericanos.[3]

En 1996 dirixiu a selección de fútbol de Venezuela nun amigable contra Bolivia logrando un empate sen goles.[3] Tamén foi adestrador da selección Venezuela sub-21 que gañou o ouro nos Xogos Centroamericanos e do Caribe de 1998, celebrados en Maracaibo.[4] Gañou ademais unha medalla de prata nos Xogos Bolivarianos de 2005 e Odesur 1996, así como unha medalla de bronce nos Xogos Bolivarianos de 1998 e 2001.

Posteriormente encargouse de dirixir o Carabobo FC na tempada 2006/07 e clasificouse para a Copa Suramericana. Despois foi chamado por César Farías para ser o seu asistente técnico na selección sub-20 e máis tarde na absoluta, na que permaneceu ata o final da eliminatoria para o Mundial de 2014. Tamén acompañou a César Farías durante a súa carreira como técnico no Xolos de Tijuana de México, Cerro Porteño en Paraguai e The Strongest en Bolivia. Ademais formou parte da directiva do Zulia Fútbol Club como director deportivo.[5]

En 2012 foi galardoado pola Confederación Suramericana de Fútbol (Conmebol) pola súa importante traxectoria no fútbol continental.[6] Faleceu o domingo 9 de abril de 2017 por mor dunha pneumonía.[4]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Deportivo Galicia
Selección sub-17 de Venezuela
Selección sub-21 de Venezuela

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El FutVe se conmovió con la muerte de Lino Alonso" (en castelán). 9 de abril de 2017. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2017. Consultado o 24 de maio de 2022. 
  2. "El sacerdocio futbolero de Lino Alonso" (en castelán). 9 de maio de 2017. Consultado o 24 de maio de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "Lino Enrique Alonso, un icono del fútbol Venezolano" (en castelán). 9 de abril de 2017. Consultado o 24 de maio de 2022. 
  4. 4,0 4,1 "Murió el conocido entrenador de fútbol venezolano Lino Alonso" (en castelán). 9 de abril de 2017. Consultado o 24 de maio de 2022. 
  5. "Lino Alonso es el director deportivo del nuevo Zulia FC" (en castelán). 30 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2017. Consultado o 24 de maio de 2022. 
  6. "Lino Alonso será condecorado por Conmebol" (en castelán). 18 de xuño de 2012. Consultado o 24 de maio de 2022.