Linhas Aéreas de Moçambique

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
LAM - Linhas Aéreas de Moçambique
Boeing 767-2B1(ER), Linhas Aereas de Mocambique (LAM) JP21279.jpg
IATA
TM
OACI
LAM
Indicativo
MOZAMBIQUE
Fundación26 de agosto de 1936 (como DETA - Direcção de Exploração de Transportes Aéreos)
Inicio das operacións22 de decembro de 1937
Aeroporto principalaeroporto de Maputo
Plan de voo frecuenteFlamingo Club
SubsidiariasMoçambique Expresso
Frota4
Destinos15
HoldingGoberno de Mozambique
Páxina web: http://www.lam.co.mz

LAM - Linhas Aéreas de Moçambique é a aeroliña nacional de Mozambique.[1] A compañía foi creada polo goberno colonial portugués de Mozambique en agosto de 1936 como unha compañía chárter chamada DETA - Direcção de Exploração de Transportes Aéreos. Cambiou o seu nome en 1980 tras unha reorganización da aeroliña.[2]

Linhas Aéreas de Moçambique está baseada en Maputo,[2] e ten o seu centro de conexións no aeroporto de Maputo.[3] A compañía opera voos regulares no sur de África. A aeroliña é membro da Asociación de Transporte Aéreo Internacional e da Asociación de Aeroliñas Africanas dende 1976.[4][5]

Frota[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2018 a frota de LAM - Linhas Aéreas de Moçambique estaba formada polos seguintes avións:[6]

Frota de LAM - Linhas Aéreas de Moçambique
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
C Y Total
Boeing 737-500 1 12 99 111
Boeing 737-700 1 3[1] 12 120 132[7]
Embraer 190AR 2 9 85 94[8]
Total 4 3

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Boeing (ed.). "Boeing, LAM - Linhas Aereas de Mocambique Announce Next-Generation 737 Order". Consultado o 1 de maio de 2018. 
  2. 2,0 2,1 LAM (ed.). "História e perfil". Consultado o 1 de maio de 2018. 
  3. LAM (ed.). "LAM strengthens client support at Maputo International Airport". Consultado o 1 de maio de 2018. 
  4. IATA (ed.). "Current Airline Members". Consultado o 1 de maio de 2018. 
  5. AFRAA (ed.). "AFRAA Current Members". Consultado o 1 de maio de 2018. 
  6. Planespotters (ed.). "LAM - Linhas Aéreas de Moçambique Fleet Details and History". Consultado o 1 de maio de 2018. 
  7. LAM (ed.). "LAM Introduces the Boeing 737 -700NG into its Fleet". Consultado o 1 de maio de 2018. 
  8. Flight Global (ed.). "PICTURE: Mozambique's LAM takes first Embraer 190". Consultado o 1 de maio de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]