Saltar ao contido

Linguas samoiedas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Linguas samoiedas
 Instancia de
 Subclase de
 Estudado por
Clasificación lingüística
Identificadores
Freebase/m/020jr5 Editar o valor en Wikidata
IETFsyd Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata

As linguas samoiedas[1] son un grupo de linguas faladas arredor dos Montes Urais, no norte de Eurasia, por volta de 25.000 persoas que conforman colectivamente os pobos samoiedos. Derivan dunha lingua chamada lingua protosamoieda, e forman un grupo das linguas urálicas. Despois de se separar quizais nos últimos séculos a.C.,[2] non constitúen un grupo diverso de linguas e tradicionalmente considéranse un grupo externo, que se ramificou primeiro das outras linguas urálicas.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O termo samoiedo deriva do ruso samoyed (ruso: самоед) que orixinalmente se refería só ao pobo nenets e que despois se estendeu a outros pobos relacionados.

Unha das teorías intepreta o termo como despectivo do ruso Modelo:Transliteración, que literalmente significa "autocomedor" (a palabra foi interpretada por viaxeiros estranxeiros como unha alegación de canibalismo).[3]

Outra suxestión sobre a orixe do termo é unha corrupción da expresión *saam-edne*, que significa "Terra dos saams".[4]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para samoiedo.
  2. Janhunen, Juha (1998). "Samoyedic". En Daniel Abondolo. The Uralic Languages. Londres / Nova York: Routledge. pp. 457–479.
  3. Mandelstam Balzer, Marjorie (1999). The Tenacity of Ethnicity, a Siberian Saga in Global Perspective. Princeton University Press. ISBN 9780691228112. ... I use the linguistic term Samodeic here, since it has superseded the more derogatory Samoyedic. In Russian, 'Samoyed' originally meant 'self-eater' before it became a general enthnolinguistic term for the group encompassing Nentsy, Entsy, Nganasan, and Sel'kup (cf. Comrie 1981; Golovnev 1995)...
  4. Dolgikh, Boris Osipovich (1962). "On the origins of the Nganasans--preliminary remarks". En Michael, H. N. Studies in Siberian Ethnogenesis. Anthropology of the North: Translations from Russian Sources 2. University of Toronto Press. ISBN 9781487591113. ... The term 'Samoyeds' had no derogatory meaning (1) and, as can be surmised, represents a modification of the expression 'same-edne' i.e. 'land of the Saams.' This term was transferred from the Saam tribes (which evidently occupied, at one time, the entire north of European Russia) to the Nenets (who appeared there later), and thereafter to the Enets and Ngasans...