Lingua mochica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Lingua yunka")
Mochica
Outros nomes: Chimu, Yunga, Yunka
Falado en: Perú
Rexións: Lambayeque
Extinción: c. 1920
Familia: Chimú ?
 Mochica
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: omc
Mapa cultura moche.png

A lingua mochica, yunga ou yunka (muchik) é unha das linguas que se falaban na costa e parte da serra norte do Perú. Foi unha das linguas xerais do país na chegada dos conquistadores españois (século XVI) como o foron tamén o quechua, o aimará, o quingnam, o uru e o puquina.

O mochica amosa moitas características radicalmente diferentes das linguas quechuas e da lingua aimará, as dúas meirandes familias lingüísticas andinas, que si intercambiaron gran cantidade de léxicos.[1] A investigación realizada por Alfredo Torero sobre esta lingua ten como fonte de datos principal a Gramática de la lengua yunga que escribiu en 1644 o sacerdote peruano Fernando de la Carrera Daza. Do mesmo xeito, toma en conta o Rituale seu Manuale Peruanum de Luis Jerónimo de Oré de 1607 con só seis páxinas sobre o mochica escritas por un autor anónimo (este manual recolle oracións e sermóns breves en varias linguas da época). Ademais, considérase tamén a lista de voces mochicas que elaborou o bispo Baltazar Martínez Compañón a finais do século XVIII e a obra de Ernst Middendorf, Das Muchik oder die Chimu-Sprache de 1892.

A comezos do século XXI, algunhas institucións lambayecanas como o capítulo local do INCe algúns colexios de Chiclayo comezaron programas de ensino desta lingua sobre a base da bibliografía rescatada polos investigadores, como a gramática de De la Carrera.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Paul Heggarty. O seu artigo en Estudios sobre lenguas andinas y amazónicas ISBN 978-9972-42-972-9
  2. El Idioma Muchik - Reportaje llevado al aire por el canal peruano América Televisión

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Adelaar, Willem F. H. (1999). "Unprotected languages, the silent death of the languages in Northern Peru". En Anita Herzfeld e Yolanda Lastra. Las causas sociales de la desaparición y del mantenimiento de las lenguas en las naciones de América: Trabajos presentados en el 49° Congreso Internacional de Americanistas, Quito, Ecuador, Julio 7-11, 1997. Hermosillo: USON. ISBN 968-7713-70-4, ISBN 978-968-7713-70-0. 
  • De la Carrera, Fernando (1939). Arte de la lengua yunga (1644) / Reedición, con introducción y notas por Radamés A. Altieri. Tucumán: Instituto de Antropología de la Universidad Nacional de Tucumán.