Lingua maorí das Illas Cook

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lingua rarotongana»)
Maorí das Illas Cook
māori
Outros nomes:Māori Kuki Airani
Falado en: Nova Zelandia
Rexións: Illas Cook
Total de falantes: 14 000 nas Illas Cook (censo de 2011)
7 725 en Nova Zelandia (2013)[1]
Familia: Austronesia
 Malaio-polinesia
  Polinesia
   Oriental
    Tahítica
     Maorí das Illas Cook
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Illas Cook Illas Cook
Regulado por: Kopapa Reo
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: rar
ISO 639-3: rar
Mapa
Status

O maorí das Illas Cook está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

O maorí das Illas Cook é unha lingua malaio-polinesia oriental falada nas Illas Cook, e é unha lingua indíxena do Reino de Nova Zelandia. O maorí das Illas Cook está estreitamente relacionada co maorí de Nova Zelandia pero non son mutuamente intelixibles. O maorí das Illas Cook é chamado sinxelamente māori cando non hai necesidade de diferencialo do maorí de Nova Zelandia, pero tamén é coñecido como Māori Kuki Airani, ou rarotongano. Moitos dos insulares de Cook tamén o chaman Te reo Ipukarea, que quere dicir literalmente "a lingua da patria ancestral".

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]