Lingua q'eqchi'

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Q'eqchi'
Outros nomes:Kekchi
Falado en: Guatemala e Belize
Rexións: Alta Verapaz, El Petén, Izabal, Baja Verapaz, El Quiché; Toledo
Total de falantes: 800 000 (2009)
Familia: Maia
 Quicheanano–Mameano
  Quicheano
   Q'eqchi'
Escrita: Alfabeto latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Flag of Guatemala.svg Guatemala (lingua nacional[1])
Regulado por: Academia de Lenguas Mayas de Guatemala
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: kek
Mayan Language Map.png

O q'eqchi' (tamén escrito kekchi, k'ekchi' ou kekchí) é unha lingua maia falada pola comunidade q'eqchi' de Guatemala e Belize.

Distribución[editar | editar a fonte]

A área onde viven os falantes de q'eqchi' esténdese dende o norte de Guatemala até o sur de Belize. Tamén hai algunhas comunidades falantes de q'eqchi' en México.

Calcúlase que a área onde se fala o q'eqchi' no norte de Guatemala abrangue uns 24 662 km2.[2] Os departmentos e concellos específicos onde se fala o q'eqchi' en Guatemalason:[2]

Departamento Concello
Alta Verapaz Chahal, Chisec, Cobán, Fray Bartolomé de las Casas, Lanquín, Panzós, Chamelco, Carchá, Cahabón, Senahú, Tucurú
Baja Verapaz Purulhá
Petén La Libertad, Poptún, San Luis, Sayaxché
Quiché Ixcán, Playa Grande, Uspantán
Izabal El Estor, Livingston, Morales

No país de Belize, o q'eqchi' fálase no distrito de Toledo.[2] O q'eqchi' é a primeira lingua de varias comunidades do distrito, e a maioría dos maias en Toledo fálano.

Terrence Kaufman describe o q'eqchi' en dous grupos dialectais principais: o oriental e o occidental. O oriental inclúe as variedades faladas en Lanquín, Chahal, Chahabón e Senahú, mentres que o occidental é falado no resto de lugares.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Proyecto de Reformas a la Constitución Política
  2. 2,0 2,1 2,2 Richards, Michael (2003). Instituto de Lingüística y Educación, ed. Atlas Lingüístico de Guatemala (PDF). Guatemala. pp. 76–77. [Ligazón morta]
  3. Stewart 1980, p. xiii.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Caz Cho, Sergio (2007). Xtz'ilb'al rix li aatinak sa' Q'eqchi' = Informe de variación dialectal en Q'eqchi' (en español). Antigua, Guatemala; Guatemala, Guatemala: Oxlajuuj Keej Maya' Ajtz'iib' (OKMA); Cholsamaj. ISBN 9789992253526. OCLC 202514532. 
  • Eachus, Francis; Carlson, Ruth (1980). Aprendamos kekchí: Gramática pedagógica popular de kekchí. Guatemala: Instituto Lingüístico del Verano (Summer Institute of Linguistics). Consultado o 18 de maio de 2016.