Saltar ao contido

Lingua kazaka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua kazaka
қазақ тілі Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Composto por
 Nome orixinal
қазақ тілі (kk-cyrl)
قازاق ٴتىلى (kk-arab)
Qazaq tılı (kk-latn)
қазақша (kk)
қазақ тілі (kk) Editar o valor en Wikidata
Propiedades
 Número de falantes
12900000 (2019)
13161980 (2009) Editar o valor en Wikidata
 Institución de normalización
 Estado de lingua da UNESCO
segura
Clasificación lingüística
Localización
48°N 67°L / 48, 67
Identificadores
Freebase/m/0jfs6 Editar o valor en Wikidata
ISO 639-1kk Editar o valor en Wikidata
ISO 639-2kaz Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3kaz Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5kaz Editar o valor en Wikidata
IETFkk Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2781297163 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A lingua kazaka[1] ou lingua kazakh[2] é unha lingua turca da familia altaica, con grafía ben árabe na China, Irán ou Afganistán; ben cirílica. Durante a década de 1930 experimentouse coa latina en Turquía. É idioma oficial xunto coa lingua rusa de Kazakhstán; fálase nos territorios do que foi o amplo imperio mongol: a provincia chinesa de Xinjiang, Mongolia, Kirguizistán, Uzbekistán, Turkmenistán, Ucraína e Rusia. No 2000 era lingua materna de 11 000 000 de falantes aproximadamente, aínda que segundo outras fontes hai aproximadamente 8,5 millóns de falantes. Dende a segunda metade do século XX, Alemaña ten unha comunidade de falantes de kazako. Esta comunidade está constituída principalmente polos descendentes de alemáns do Volga que foron deportados a campos de concentración e Gulags en Kazakhstán desde 1941 por decreto de Stalin e que, podendo sobrevivir, mesturáronse coa poboación local ou adoptaron a súa cultura, e máis tarde volveron a Alemaña. O kazako está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[3]

Qazak significa vagabundo; o pobo kazako que fala este idioma foi historicamente nómade.

O alfabeto cirílico kazako baséase no alfabeto ruso ao que se lle engadiron nove letras: Ә, Ғ, Қ, Ң, Ө, Ұ, Ү, Һ, İ.

CirílicoQaydar Latín
transliteración
Janga Latín
transcrición
А аA aA a
Ә әÄ äÄ ä
Б бB bB b
В вV vV v
Г гG gG g
Ғ ғĞ ğGh gh
Д дD dD d
Е еE eE e inicialmente o tras unha vocal
Ё ёYo yoYo yo
Ж жJ jJ j
З зZ zZ z
И иIy iyI i
Й йY yY y
К кK kK k
Қ қQ qQ q
Л лL lL l
М мM mM m
Н нN nN n
Ң ңÑ ñNg ng
О оO oO o
Ө өÖ öÖ ö
П пP pP p
Р рR rR r
С сS sS s
Т тT tT t
У уW wU u
Ұ ұU uÛ û
Ү үÜ üÜ ü
Ф фF fF f
Х хX xKh kh
Һ һH hH h
Ц цC cTs ts
Ч чÇ çCh ch
Ш шŞ şSh sh
Щ щ?Shy shy
Ъ ъ?
Ы ыI ıÂ â
İ іİ iÎ î
Ь ь?
Э эE eÊ ê
Ю юYu yuYu yu
Я яYa yaYa ya
  1. González González, Manuel (ed.). "Kazako". Tergal. Consultado o 25/12/2024.
  2. "Kazakh". Digalego. Consultado o 24/12/2024.
  3. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]