Lingua q’anjob’al
Aparencia
(Redirección desde «Lingua kanjobal»)
| Lingua q’anjob’al | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| Propiedades | |||||||||||||
|
Alfabeto
| |||||||||||||
|
Tipoloxía lingüística
| |||||||||||||
|
Estado de lingua da UNESCO
| |||||||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||
O q’anjob’al, tamén coñecido como kanjobal, é unha lingua maia falada principalmente en Guatemala e en parte de México. Segundo as estimación de 1998, tiña arredor de 77 700 falantes nativos, principalmente no departamento de Huehuetenango.[1] Os principais concellos nos que se fala o q'anjob'al son San Juan Ixcoy (Yich K'ox), San Pedro Soloma (Tz'uluma' ), Santa Eulalia (Jolom Konob' ), Santa Cruz Barillas (Yalmotx), San Rafael La Independencia e San Miguel Acatán (Pedro Mateo Pedro 2010). O q'anjob'al é ensinado nos colexios públicos dentro do sistema bilingüe de educación intercultural de Guatemala. O q’anjob’al está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Concentrados nos concellos de Santa Eulalia (2005).
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Mateo Pedro, Pedro (2010). The acquisition of verb inflection in Q'anjob'al Maya: a longitudinal study. Ph.D. dissertation, University of Kansas.
