Lingua hindustana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Lingua hindustaní")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Hindustano
हिन्दुस्तानी, ہندوستانی
Pronuncia: /hɪnd̪ʊst̪aːni/
Outros nomes: Hindi-Urdú
Falado en: India, Paquistán e países con inmigración destes estados (Fidxi, Güiana, Suriname,...)
Rexións: Sur de Asia
Total de falantes: arredor de 540 millóns[1]
Familia: Indoeuropea
 Indoirania
  Indoaria
   Idiomas hindi occidentais
    Hindustano
Escrita: Alfabeto persa (alfabeto urdú)
Devanágari (alfabeto hindi)
Estatuto oficial
Lingua oficial de: India India (como hindi ou urdú) e
Flag of Pakistan.svg Paquistán (como urdú)
Regulado por: Central Hindi Directorate (hindi na India)
National Language Authority (urdú en Paquistán)
National Council for Promotion of Urdu Language (urdú na India)
Códigos de lingua
ISO 639-1: hi, ur
ISO 639-2: ---
Áreas onde o urdú é lingua oficial ou cooficial (laranxa) e onde o hindi é oficial (amarelo).
Este artigo amosa letras indias. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Este artigo amosa letras urdús. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

O hindustano[2] (हिन्दुस्तानी, ہندوستانی, literalmente: 'do Hindustán')[3], tamén coñecido como "hindī-urdū" (هندی اردو, हिंदी उर्दू), "hindī", "urdū", "hindavi" e "rekhta", é unha lingua indoirania e a lingua franca do norte da India e Paquistán.[4][5]

Historia e características[editar | editar a fonte]

Extensión xeográfica da lingua hindustana (en vermello a rexión onde é a lingua nativa).

Deriva do dialecto Khariboli de Delhi, e incorpora moitos termos do persa, do árabe, do turco e do sánscrito.[6][7] É unha lingua pluricéntrica, con dúas formas oficiais, o hindi estándar e o urdú estándar,[8] que son rexistros estandarizados dela. Non obstante, o hindi e o urdú coloquiais son totalmente indistinguibles, e incluso os estándares oficiais son case idénticos gramaticalmente, aínda que difiren en convencións literarias e en vocabulario académico e técnico, mantendo o urdú máis influencias persas, árabes e de Asia Central e o hindi dependendo máis do sánscrito.[9][10] Antes da partición da India Británica os termos hindustano, urdú e hindi eran sinónimos; todos facían referencia ao que hoxe chamamos urdú e hindi.[11] O termo hindustano tamén se emprega para varios dialectos diverxentes das variedades do hindi faladas fora do subcontinente, incluíndo o hindustano de Fidxi e o hindustano do Caribe de Suriname e Trindade.

Escrita[editar | editar a fonte]

Hoxe en día, o hindustano escríbese en alfabeto urdú e devanágari. Así mesmo, o alfabeto kaithi tamén foi utilizado historicamente.[12]

  • Alfabeto persa para escribir o hindustano (urdú):
Alfabeto urdú
Letra Nome da letra Transcrición AFI
ا alif
ب be b /b/
پ pe p /p/
ت te t /t/
ٹ ṭe /ʈ/
ث se s /s/
ج jīm j /d͡ʒ/
چ che ch /t͡ʃ/
ح baṛī he h /h/ ~ /ɦ/
خ khe kh /x/
د dāl d /d̪/
ڈ ḍāl /ɖ/
ذ zāl dh /z/
ر re r /r/ ~ /ɾ/
ڑ ṛe /ɽ/
ز ze z /z/
ژ zhe zh /ʒ/
س sīn s /s/
ش shīn sh /ʃ/
ص su'ād /s/
ض zu'ād /z/
ط to'e t /t/
ظ zo'e /z/
ع ‘ain '
غ ghain gh /ɣ/
ف fe f /f/
ق qāf q /q/
ک kāf k /k/
گ gāf g /ɡ/
ل lām l /l/
م mīm m /m/
ن nūn n /n/
و vā'o v, o, ou ū /ʋ/, /oː/, /ɔ/ ou /uː/
ہ, ﮩ, ﮨ choṭī he h /h/ ~ /ɦ/
ھ do chashmī he h /ʰ/ ou /ʱ/
ء hamza ' /ʔ/
ی ye y, i /j/ ou /iː/
ے bari ye ai ou e /ɛː/ ou /eː/
  • Alfabeto devanágari para escribir o hindustano (hindi):
Consoantes oclusiva xorda oclusiva xorda aspirada oclusiva sonora oclusiva sonora aspirada nasal semivogal fricativa aspirada
velar deva.
trans. k kh g gh h
AFI /k/ /kʰ/ /g/ /gʱ/ /ŋ/ /h/, /ɦ/
palatal deva.
trans. c ch j jh ñ y ś
AFI /tʃ/ /tʃʰ/ /dʒ/ /dʒʱ/ /ɲ/ /j/ /ç/, /ʃ/
retroflexa deva.
trans. ṭh ḍh r
AFI /ʈ/ /ʈʰ/ /ɖ/ /ɖʱ/ /ɳ/ /r/ /ʂ/, /ʃ/
dental deva.
trans. t th d dh n l s
AFI /t̪/ /t̪ʰ/ /d̪/ /d̪ʱ/ /n/ /l/ /s/
labial deva.
trans. p ph b bh m v
AFI /p/ /pʰ/ /b/ /bʱ/ /m/ /ʋ/
Vogais gutural palatal labial dental palatogutural labiogutural
curta independente
diacrítico inherente ि
trans. a i u ŕ e o
AFI /ə/ /ɪ/ /ʊ/ /r/ /e/ /o/
longa independente
diacrítico
trans. ā ī ū ai au
AFI /a/ /i/ /u/ /ɛ/ o /æ/ /əʊ/

Por mor da anglicización e do emprego internacional do alfabeto latino, o hindustano tamén se escribe ás veces con este alfabeto. Esta adaptación chámase urdú romanizado ou hindi romanizado dependendo da variante empregada.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Quiles, Carlos. "A Grammar of Modern Indo-European". Consultado o 5 de decembro de 2015. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para hindustano.
  3. "About Hindi-Urdu". North Carolina State University. Consultado o 2009–08–09. 
  4. Mohammad Tahin Siddiqi (1994), Hindustani-English code-mixing in modern literary texts, University of Winsconsin, "... O hindustano é a lingua franca tanto da India como de Paquistán ..."
  5. Lydia Mihelič Pulsipher, Alex Pulsipher, Holly M. Hapke (2005), World Regional Geography: Global Patterns, Local Lives, Macmillan, ISBN 0716719045, "... Durante o colonialismo británico, o hindustano foi a lingua franca de todo o norte da India e do que hoxe é Paquistán ..."
  6. Michael Huxley (1935), The Geographical magazine, Volumen 2, Geographical Press, "... Os novos termos poderalos coller prestados dos dicionarios persa, árabe, turco e sánscrito..."
  7. Royal Society of Arts (1948), Journal of the Royal Society of Arts, Volumen 97, "... sería moi desacertado restrinxilo a un vocabulario dependente principalmente ou do sánscrito ou do persa. Se unha lingua ha ser forte e viril debe tomar prestado de ámbalas dúas fontes, tal e como o inglés tomou prestado das fontes latinas e teutónicas ..."
  8. Robert E. Nunley, Severin M. Roberts, George W. Wubrick, Daniel L. Roy (1999), The Cultural Landscape an Introduction to Human Geography, Prentice Hall, "... o hindunstaní é a base de ámbalas dúas linguas ..."
  9. Yamuna Kachru, Hindi
  10. Dale Hoiberg, Indu Ramchandani, Students' Britannica: India: Select essays, páxina 175
  11. The Oxford English Dictionary
  12. McGregor, Stuart (2003). Literary cultures in history: reconstructions from South Asia. pp. p. 912. ISBN 978-0-520-22821-4. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Asher, R. E.. Hindi. In Asher (Ed.), 1994, p. 1547-1549.
  • Asher, R. E.. The Encyclopedia of language and linguistics. Oxford: Pergamon Press, 1994. ISBN 0-08-035943-4.
  • Bailey, Thomas G. Teach yourself Hindustani. London: English Universities Press, 1950.
  • Chatterji, Suniti K. (1960). Indo-Aryan and Hindi (rev. 2nd ed.). Calcutta: Firma K.L. Mukhopadhyay.
  • Dua, Hans R. (1992). Hindi-Urdu as a pluricentric language. In M. G. Clyne (Ed.), Pluricentric languages: Differing norms in different nations. Berlin: Mouton de Gruyter. ISBN 3-11-012855-1.
  • Dua, Hans R. (1994a). Hindustani. In Asher (Ed.) (pàg. 1554).
  • Dua, Hans R. (1994b). Urdu. In Asher (Ed.) (pàg. 4863-4864).
  • Rai, Amrit. (1984). A house divided: The origin and development of Hindi-Hindustani. Delhi: Oxford University Press. ISBN 0-19-561643-X.