A lingua haida[1] (X̱aat Kíl, X̱aadas Kíl, X̱aayda Kil, Xaad kil)[2] é a lingua do pobo haida, falada no arquipélago Haida Gwaii da costa oeste do Canadá e na Illa Príncipe de Gales de Alasca. É unha lingua gravemente ameazada segundo o libro da UNESCO, xa que só ten uns 24 falantes nativos, aínda que se están a poñer en marcha medidas para a súa revitalización. No tempo da chegada dos europeos a Haida Gwaii en 1774, cóidase que o número de falantes de haida era dunhas 15000 persoas. Porén, as epidemias minguaron drasticamente a poboación haida, que se viu limitada a tres vilas: Masset, Skidegate e Hydaburg. As actitudes positivas cara á asimilación, combinadas coa prohibición de falar haida nas escolas, conduciron a unha forte diminución no uso da lingua, e hoxe en día case todos os haida étnicos empregan o inglés para comunicarse. O haida está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[3]
A clasificación da lingua haida é obxecto de controversia, xa que algúns lingüistas considérana unha lingua na-dené ó tempo que outros coidan que é unha lingua illada. O haida divídese nos dialectos do norte e do sur, que difiren principalmente na fonoloxía.