Lingua canaresa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Canarés
ಕನ್ನಡ / kannaḍa
Falado en: India India
Total de falantes: 44 millóns
Familia: Dravídico

 Drav. meridional
  Tamil-canarés

   Canarés
Escrita: Alfabeto canarés
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Karnataka
Códigos de lingua
ISO 639-1: kn
ISO 639-2: kan
ISO 639-3: kan
SIL: KJV
Kannadaspeakers.png
Sinal escrito en canarés.

O canarés ou kannada (ಕನ್ನಡ) é unha das linguas dravídicas de maior difusión, documentada desde época temperá. Xeograficamente presenta diferentes variedades xeográficas, que en conxunto falan aproximadamente 44 millóns de persoas. É a lingua oficial no estado de Karnataka, un dos catro estados meridionais da India.

Aspectos históricos, sociais e culturais[editar | editar a fonte]

Historia[editar | editar a fonte]

A historia do canarés divídese convencionalmente en tres períodos: canarés antigo (halegannada) entre o 450 e o 1200, canarés medio (nadugannada) 1200 ao 1700 e canarés moderno desde 1700 ata a actualidade[1]. O canarés recibiu unha forte influencia do sánscrito e en menor medida do prácrito e do pali.

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

O canarés fálase sobre todo en Karnataka na India, e en certa medida nos estados limítrofes de Andhra Pradesh, Maharashtra, Tamil Nadu e Kerala.

Hai poboacións destacables de falantes de canarés nos Estados Unidos e o Reino Unido, e en menor medida no Canadá e Australia.

Rango oficial[editar | editar a fonte]

O canarés é unha das 22 linguas oficiais da India, a lingua oficial do estado de Karnataka.

Alfabeto[editar | editar a fonte]

Consoantes[editar | editar a fonte]

ka /kʌ/ kha /kʰʌ/ ga /gʌ/ gha /gʱʌ/ ṅa /ŋʌ/
ca /ʧʌ/ cha /ʧʰʌ/ ja /ʤʌ/ jha /ʤʱʌ/ ña /ɲʌ/
ṭa /ʈʌ/ ṭha /ʈʰʌ/ ḍa /ɖʌ/ ḍha /ɖʱʌ/ ṇa /ɳʌ/
ta /tʌ/ tha /tʰʌ/ da /dʌ/ dha /dʱʌ/ na /nʌ/
pa /pʌ/ pha /pʰʌ/ ba /bʌ/ bha /bʱʌ/ ma /mʌ/
ya /jʌ/ ra /ɾʌ/ la /lʌ/ va /ʋʌ/ śa /ɕʌ/
ṣa /ʂʌ/ sa /sʌ/ ha /hʌ/ ḷa /ɭʌ/

Vogais[editar | editar a fonte]

a /ʌ/ ka
ā /a:/ ಕಾ
i /i/ ಕಿ ki
ī /i:/ ಕೀ
u /u/ ಕು ku
ū /u:/ ಕೂ
ṛ /rɨ/ ó /ru/ ಕೃ kṛ
e /e/ ಕೆ ke
ē /e:/ ಕೇ
ai /aj/ ಕೈ kai
o /o/ ಕೊ ko
ō /o:/ ಕೋ
au /aw/ ಕೌ kau

Outros signos[editar | editar a fonte]

Ø ಕ್ k
am̩ ಕಂ kam̩
ah̩ ಕಃ kah̩

Consoantes dobres[editar | editar a fonte]

ಕ್ಕ ಕ್ಖ ಕ್ಗ ಕ್ಘ ಕ್ಙ
kka kkha kga kgha kṅa
ಕ್ಚ ಕ್ಛ ಕ್ಜ ಕ್ಝ ಕ್ಞ
kca kcha kja kjha kña
ಕ್ಟ ಕ್ಠ ಕ್ಡ ಕ್ಢ ಕ್ಣ
kṭa kṭha kḍa kḍha kṇa
ಕ್ತ ಕ್ಥ ಕ್ದ ಕ್ಧ ಕ್ನ
kta ktha kda kdha kna
ಕ್ಪ ಕ್ಫ ಕ್ಬ ಕ್ಭ ಕ್ಮ
kpa kpha kba kbha kma
ಕ್ಯ ಕ್ರ ಕ್ಲ ಕ್ವ ಕ್ಶ
kya kra kla kva kḷa
ಕ್ಷ ಕ್ಸ  ? ಕ್ಳ
kśa kṣa ksa kha

Números[editar | editar a fonte]

0 ಶೂನ್ಯ śūn'ya
1 ಒಂದು oṃdu
2 ಎರಡು eraḍu
3 ಮೂರು mūru
4 ನಾಲ್ಕು nālku
5 ಐದು aidu
6 ಆರು āru
7 ಎಳು eḷu
8 ಎಂಟು eṃṭu
9 ಒಂಭತ್ತು oṃbhattu

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua canaresa.


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen, pero non aparecerán as notas ata que se engada o modelo {{Listaref}}; consulte a páxina de axuda.