Lingua achang

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O achang (Mönghsa, en achang) é unha lingua da familia sino-tibetana do grupo tibetano-birmanés falada na China e Myanmar.

ISO/DIS 639-3: acn

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

O territorio tradicional achang está divido politicamente entre a República Popular da China e Myanmar. Na China os achang habitan na rexión de Yunnan, a principal concentración está na Prefectura Autónoma dos Dehong Dai e os Jingpo, con arredor de 25.000 achang e no distrito de Longling do distrito de Baoshan, con 4.000 achang. En Myanmar habitan no distrito de Katha, ao oeste do río Irrawaddy, coñecidos localmente como Manda.

Falantes[editar | editar a fonte]

35.300 (2000).

  • Myanmar 1.700?
  • China 33.600

Dialectos[editar | editar a fonte]

  • Longchuan, influenciado polo Dai
  • Lianghe
  • Luxi
  • Xiandaohua, 100 falantes en 2 aldeas da zona de Jiachang (Dehong) (pertencen á nacionalidade achang, pero non hai estudos sobre a súa fala que podería ser unha lingua independente).
  • Maingtha, en Myanmar: 1.700 falantes (1983).
  • Achang de Husa: 6.000 falantes(1990),o seu dialecto é o máis influído polo chinés, descendentes de soldados Han e mulleres achang, data do século XV, considéranse unha nacionalidade diferente do resto dos achang.

Escrita[editar | editar a fonte]

Na China está recoñecida como nacionalidade, pero nunca se creou unha escrita para a lingua. En Myanmar apareceron algúns libros de carácter relixioso, destaca a tradución do Novo Testamento (1992).

Historia[editar | editar a fonte]

Os achang proceden orixinariamente dos vales do Jinsha, Langcang e Nujiang no noroeste de Yunnan. No século II comezan a emigran ao oeste do Nujiang. Entre o século VII e o XIII o territorio achang controlárono principados dai e nanzhao. No século XIII asentáronse en Longchuan. En 1368 comeza o control político chinés do seu territorio.

En 1952 estableceuse un distrito autónomo para os achang do condado de Fusa, e entre 1953 e 1954 formáronse tres distritos máis para os achang dos condados de Luxi e Lianghe.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]