Linex

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

GnuLinEx é unha distribución de software libre que ten o kernel Linux e está baseada na Debian GNU/Linux e GNOME, contando co OpenOffice.org como Suite Ofimática, entre outras aplicacións.

Está impulsada pola Consellería de Infraestruturas e Desenvolvemento Tecnolóxico da Comunidade Autónoma de Estremadura (España), sendo pioneiro e secundado por outros organismos públicos e privados do resto de España. Durante un período considerable de tempo, a comunidade estremeña ofreceu tamén apoio á de Andalucía (a cal se inspirou en GnuLinex para desenvolver Guadalinex) na implantación de solucións abertas en colexios, administración, etc.

O 19 de xuño de 2006 liberouse GNULinex 2006, co Gnome 2.14.1, Xorg 6.9, e Kernel 2.6.16.

Principal software incluído[editar | editar a fonte]

  1. Suite de oficina de Código aberto OpenOffice.org 2.0.2 :
    1. Procesador de textos e editor de HTML
    2. Folla de cálculo
    3. Presentacións
  2. Clientes de correo electrónico e de USENET
  3. Navegador web, Firefox. Opera en versións anteriores á 2006.
  4. Programas de edición e retoque fotográfico
    1. Gimp 2.2.11

Virtudes[editar | editar a fonte]

  1. Estabilidade
  2. Fácil instalación
  3. Libre distribución e utilización
  4. Practicamente libre de virus informáticos
  5. Custe nulo por pago de licenzas
  6. Adaptación ao español (os programas veñen representados por importantes figuras da literatura, ciencia, etc.)

Defectos[editar | editar a fonte]

  1. En poucas tendas se pode comprar un ordenador con GnuLinEx preinstalado. Este "problema" é produto dos acordos entre Microsoft e os fabricantes de hardware, non de ningún sistema operativo.
  2. Os nomes de moitos dos programas contendidos na distribución cambiáronse por outros relacionados con Estremadura, o que pode facer confuso o uso ou aprendizaxe en ocasións, aínda que na versión 2004 incluíuse a posibilidade de optar polas iconas e nomes orixinais de todas as aplicacións dentro da GnuLinEx. De todas as maneiras, moitos usuarios veno como unha virtude, xa que lles axuda a lembrar as súas aplicacións preferidas con nomes comúns e sen anglicismos.

Linex Colexios[editar | editar a fonte]

É unha variación de GnuLinex orientada aos educadores. Componse de tres perfís de usuario, cada un deles para un ciclo de primaria. Todos están personalizados e cheos de contidos e software educativo para cada alumno.

Usuarios[editar | editar a fonte]

En maio de 2003, distribuíranse 200.000 CDs de LinEx gratuitamente mediante os diarios locais, descargáronse 70.000 imaxes do sistema operativo desde o sitio web da distribución. Ao arredor do 10% dos habitantes de Estremadura poderían utilizar LinEx.

Premios obtidos[editar | editar a fonte]

  • Premio que concede a Asociación de Usuarios das Telecomunicacións (AUTEL) ao desenvolvemento de servizos avanzados de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (outubro de 2002)
  • Premio da Asociación de Usuarios Españois de Linux (Hispalinux) á Xunta de Estremadura, polo desenvolvemento de gnuLinEx (novembro de 2002)
  • Premio «Computerworld 2003» á Consellería de Educación, Ciencia e Tecnoloxía da Xunta de Estremadura pola creación de gnuLinEx (marzo de 2003)
  • Premio «Vettonia, voz Castúa» ao conselleiro de Educación, Ciencia e Tecnoloxía, concedido pola Agrupación Estremeña de Alcorcón, polo desenvolvemento de gnuLinEx (xuño de 2003)
  • Premio Europeo da Innovación Rexional, Categoría de Sociedade da Información, outorgado pola Comisión Europea no marco do Programa Rexional Europeo de Accións Innovadoras e entregado no pleno do Comité das Rexións, en Bruxelas, o 22 de abril de 2004.

GnuLinEx nos Institutos de Educación Secundaria[editar | editar a fonte]

Actualmente gnuLinEx encontrase principalmente nos institutos públicos de educación secundaria da comunidade estremeña, contando cun ordenador (con gnuLinEx instalado) por cada dous alumnos ou por cada mesa, para ser máis exactos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]