Linda Davidson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Linda Davidson
Nacemento20 de agosto de 1946
Falecemento24 de outubro de 2017
NacionalidadeCanadá
Ocupaciónescritora
editar datos en Wikidata ]

Linda Kay Davidson, nada o 20 de agosto en 1946[1] e finada o 24 de outubro de 2017, foi unha escritora canadense especializada en peregrinacións e no Camiño de Santiago.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutorouse pola Universidade de Indiana en 1980 e despois exerceu labor docente en diversas universidades, ata ser profesora da Universidade de Rhode Island deica o ano 2006. Viviu tamén longas temporadas da súa vida en Oaxaca. Escribiu diversas obras sobre peregrinacións, algunhas en solitario, e outras canda o seu home David Gitlitz.

En 1974 realizou a súa primeira peregrinación a Santiago de Compostela seguindo o Camiño Francés, e repetiu a peregrinación en 1979, 1987, 1993 e 1996[2].

Obra[editar | editar a fonte]

  • The Pilgrimage Road to Santiago: The Complete Cultural Handbook (2000)[3], con David Gitlitz.
  • The Pilgrimage to Compostela in the Middle Ages: A Book of Essays (2000)
  • The Miracles of Saint James (2008) con Thomas F. Coffey
  • Drizzle of Honey: The Lives and Recipes of Spain's Secret Jews (2000), con David Gitlitz.
  • Pilgrimage: From the Ganges to Graceland: An Encyclopedia (2002), con David Gitlitz.
  • Pilgrimage and the Jews (2005), con David Gitlitz.
  • Pilgrimage to Santiago. A Comprehensive, Annotated Bibliography (1994), con Maryjane Dunn.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Facebook memorial de Linda Davidson". www.facebook.com. Consultado o 2017-11-02. 
  2. "Peregrina y erudita, el alma del Camino de Santiago en Canadá". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-11-01. Consultado o 2017-11-02. 
  3. "Amazon.co.uk: Linda Kay Davidson: Books". www.amazon.co.uk. Consultado o 2017-11-02.