Linda Alcoff

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLinda Alcoff
Biografía
Nacemento25 de xullo de 1955 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Panamá Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Brown Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía e Existencialismo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofa Editar o valor em Wikidata
EmpregadorHunter College (en) Traducir
Universidade de Syracuse Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webalcoff.com Editar o valor em Wikidata

Linda Martín Alcoff, nada o 25 de xullo de 1955, no Panamá, é unha filósofa na Universidade da Cidade de Nova York, especialista en epistemoloxía, feminismo, razas e existencialismo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a estudar filosofía na Georgia State University, obtendo o bacharelado con honras, en 1980, e o mestrado en 1983. Fixo o seu traballo de doutoramento na Universidade de Brown, so a dirección de Ernest Sosa, Martha Nussbaum, e concluíuno en 1987. Pasou un ano como profesora asistente de filosofía en Kalamazoo College. Mudouse para a Universidade de Syracuse, onde ensinou dez anos. Foi nomeada e promovida ao posto de profesora adxunta en 1995 e foi profesora titular en 1999. En 2009, pasou a ser profesora de Filosofía na Hunter College e na CUNY Graduate Center.[1]

De 2012 a 2013, actuou como presidenta da American Philosophical Association (APA).[2] Alcoff ten clamado por unha maior inclusión de grupos historicamente subrepresentados na filosofía.[3][4] Para iso con Paul Taylor e William Wilkerson, comezou The Pluralist’s Guide to Philosophy.[5] Doutorouse en Filosofía pola Brown University. Recibiu o Premio de Muller de Destaque na Filosofía, en 2005, pola Sociedade de Mulleres na Filosofía e na APA. Comezou a ensinar na Hunter College e na City University de Nova York no inicio de 2009, despois de ensinar moitos anos na Universidade de Syracuse.


Alcoff recibiu unha serie de homenaxes e premios, incluíndo o doutoramento honoris causa pola Universidade de Oslo en setembro de 2011 e o premio Frantz Fanon en 2009 polo seu libro Visible Identities: Race, Gender and the Self

Áreas de pescuda e publicacións[editar | editar a fonte]

Alcoff ten escrito extensamente sobre asuntos tales como a obra de Foucault, a violencia sexual, a política da epistemoloxía, xénero e raza. É autora de dous libros: Real Knowing : New Versions of Coherence Theory (1996) e Visible Identities: Race, Gender and the Self (2006). Editou dez volumes e escribiu un gran número de artigos revisados por pares.

Outras publicacións[editar | editar a fonte]

  • Alcoff, Linda (1997). Nicholson, Linda, ed. "The second wave: a reader in feminist theory". Routledge (New York): 330–355. ISBN 9780415917612. 
  • Alcoff, Linda; Kittay, Eva (2007). The Blackwell guide to feminist philosophy. Blackwell Publishing (Malden, Massachusetts Oxford). ISBN 9780631224273. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Curriculum Vitae". Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2018. Consultado o 15 de abril de 2019. 
  2. "APA Divisional Presidents & Addresses". 
  3. Mann, Bonnie; Center, Philosophy Documentation (2013-11-01). "Three White Men Walk into a Bar". Radical Philosophy Review 16 (3): 733–746. doi:10.5840/radphilrev201316354. 
  4. Wilson, Robin (2013-01-18). "Women Challenge Male Philosophers to Make Room in Unfriendly Field". Chronicle of Higher Education59 (19): A1–A6. 3p.
  5. O'Connor, James (xaneiro-marzo de 2012). "Pluralist Guide scrutinised". The Philosophers' Magazine (56): 6. Consultado o 22 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]