Limnodromus semipalmatus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Limnodromus semipalmatus

Limnodromus semipalmatus en Taiwán
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: Limnodromus
Especie: L. semipalmatus
Nome binomial
Limnodromus semipalmatus
(Blyth, 1848)

Limnodromus semipalmatus é unha especie de ave caradriformes da familia dos escolopácidos, unha das tres incluídas no xénero Limnodromus.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1848 polo zoólogo e químico inglés Edward Blyth,[2] baixo o nome de Macrorhamphus semipalmatus.[2]

Sinónimo[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polo sinónimo:[2]

  • Macrorhamphus semipalmatus Blyth, 1848 (protónimo)

Características[editar | editar a fonte]

Os adultos teñen as patas escuras, e o pico recto longo e escuro, pero algo máis curto que do mazarico escolopáceo (Limnodromus scolopaceus). A plumaxe é de cor marrón polas partes superiores e avermellada polas inferiores na época da reprodución. A cola ten un patrón listado branco e negro. A plumaxe de inverno é en gran parte gris.

Distribución[editar | editar a fonte]

O seu hábitat de reprodución son as zonas húmidas cubertas de herba no norte do interior de Asia (Siberia e Manchuria). Migra no inverno ao sueste de Asia, e tan ao sur como o norte de Australia, aínda que as áreas tanto de reprodución como de invernada son pouco coñecidas. Encóntrase sempre nas costas durante a migración e a invernada.

Dieta[editar | editar a fonte]

Aliméntanse mediante sondaxe en augas pouco profundas ou no barro húmido. Comen principalmente insectos, moluscos, crustáceos e vermes mariños, pero tamén un pouco de material vexetal.

Ameazas[editar | editar a fonte]

Limnodromus semipalmatus pode ser particularmente vulnerábel á perda de hábitat nos seus lugares de cría como resultado da drenaxe das zonas húmidas para a agricultura, ou o seu secado como consecuencia do cambio climático.[3]

Tamén pode ser vulnerábel á caza, á contaminación e outras presións, tanto nos lugares de cría como de invernada. A perda e degradación das zonas húmidas ao longo da súa ruta migratoria é unha ameaza potencial, especialmente no mar Amarelo, onde o 40 % está en fase de migración cara ao norte.[4]

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais cualifica o status desta especie como NT (case ameazada) porque, aínda que está bastante estendida, ten unha poboación en xeral moderadamente pequena e pénsase que esta está en declive, debido principalmente á destrución dos seus lugares de invernada. No futuro pode producirse un descenso da poboación aínda máis rápido debido ao cambio climático.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2016): Limnodromus semipalmatus na Lista vermella da UICN. Versión 2022.1. Consultada 6 de decembro de 2022.
  2. 2,0 2,1 2,2 Limnodromus semipalmatus (Blyth, 1848) no GBIF. Consultado o 5 de decembro de 2022.
  3. del Hoyo, Elliott & Sargatal 1966.
  4. Mark Barter (2002): Shorebirds of the Yellow Sea. Importance, threats and conservation status. Canberra: Wetlands International. ISBN 9-0588-2009-2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]