Liliana Borzacconi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Liliana Borzacconi
Nacemento1894
Lugar de nacementoUruguai
NacionalidadeUruguai
Alma máterUniversidade da República
Ocupaciónenxeñeira química
editar datos en Wikidata ]

Liliana Borzacconi Vidal é unha enxeñeira química uruguaia, docente titular da Universidade da República do Uruguai.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No 1981, Borzacconi obtivo o título de Enxeñaría Química na Universidade da República do Uruguai. Na mesma institución obtivo tanto o máster como o Doutoramento en Enxeñaría Química, no 1995 e 1998 respectivamente. A súa tesis doutoral denominouse "Tratamento biolóxico de lixiviado de recheo sanitario". Desde 1981 comezou a desempeñarse como docente de Enxeñaría Química na Facultade de Enxeñaría da Universidade da República, cargo que aún desempeña.

Desde comezos da década de 1990 comezou a levar a cabo proxectos de investigación que involucran temas como a produción de biogás a partir de materia orgánica, o deseño de reactores para o tratamento anaerobio de efluentes e alternativas para o manexo integral de residuos domésticos. Ademais do seu papel como docente, Borzacconi foi conselleira da facultade, integrante de comisións de investigación científica, directora do Instituto de Enxeñaría Química e presidenta do Consello Nacional de Investigacións Científicas e Técnicas CONICYT, entre outras actividades.[3]

Liliana forma parte do grupo de investigación BIOPROA (Biotecnoloxías de Procesos para o Ambiente), organización creada co fin de resolver problemas ambientais a través do tratamento biolóxico de residuos xerados pola industria, mediante un sistema anaerobio que ten como beneficio a xeración de enerxía en forma de biogás.[4] En 2008 foi receptora do Primeiro Premio do IV Encontro de Enxeñaría Química outorgado pola Asociación de Enxeñeiros Químicos do Uruguai. Publicou máis de trinta artigos científicos en revistas e contribuíu con capítulos de libros.[1][3]

Escolma de publicacións[editar | editar a fonte]

  • Tratamiento anaeróbico de la vinaza de caña de azúcar: tratabilidad y operación a escala real (2017)
  • Comunidades microbianas de veinte diferentes reactores productores de hidrógeno estudiadas mediante 454 pirosecuencias (2016)
  • Producción de hidrógeno en un reactor anaeróbico de lecho compacto de flujo ascendente para el tratamiento de suero de queso (2013)
  • Reactor UASB modificado para aguas residuales de la industria láctea: indicadores de rendimiento y comparación con el enfoque tradicional (2012)
  • Nuevo concepto de reactor anaerobio para el tratamiento de efluente lácteo (2011)
  • Generación de lodos y evolución de la biomasa de un reactor UASB a escala real tratando efluente de maltería (2007)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Cuatro ingenieras sobresalientes Fundación Julio Ricaldoni. 12 de diciembre de 2017. Consultado el 9 de marzo de 2019.
  2. Ing. Liliana Borzacconi INIA Uruguay. 5 de septiembre de 2016. Consultado el 9 de marzo de 2019.
  3. 3,0 3,1 Liliana Borzacconi, presidenta del CONICYT: “Señales muy alentadoras para la comunidad científica uruguaya” Sociedad Uruguaya. 20 de marzo de 2009.
  4. Desarrollan sistema para generar combustible a partir de efluentes industriales Radio Mundo. 28 de septiembre de 2016. Consultado el 9 de marzo de 2019.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]