Lilí Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLilí Álvarez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Elia María González-Álvarez y López-Chicheri Editar o valor em Wikidata
9 de maio de 1905 Editar o valor em Wikidata
Roma, Italia Editar o valor em Wikidata
Morte8 de xullo de 1998 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMadrid Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeItalia (1946–1998)
Reino de Italia (1905–1946)
España Editar o valor em Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntenista , xornalista deportiva , skier (en) Traducir , xinete , patinadora artística sobre xeo , escritora , piloto de automobilismo , activista polos dereitos das mulleres , xornalista , esquiadora alpina Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportetenis
patinaxe artística sobre xeo
deporte ecuestre
esquí alpino Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivaladies' singles (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Man de xogodestro Editar o valor em Wikidata
Participou en
1924Xogos Olímpicos de 1924 Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2851959 Find a Grave: 14413689 Editar o valor em Wikidata

Elia María González-Álvarez y López-Chicheri, nada en Roma o 9 de maio de 1905 e finada en Madrid o 8 de xullo de 1998, foi unha deportista, campioa de tenis, escritora, feminista e xornalista española,[1] coñecida como Lilí Álvarez.[a]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Lilí Álvarez no Torneo de Roland Garros de 1931 levando a súa controvertida "saia-pantalón"

Álvarez naceu no Hotel Flora de Roma, Italia, durante unha estadía dos seus adiñeirados pais.[6] Creceu en Suíza, país onde o papel da muller estaba máis avanzado que en España, polo que puido comezar a practicar deporte dende moi nova.

Practicaba a billarda nunha cadeira, cando era nena e aínda non chegara á mesa. Aos catro anos aprendeu a patinaxe sobre xeo, e despois conseguiu vitorias en Saint-Moritz. Os seus deportes tamén incluían a equitación, o esquí alpino, as carreiras de motor e, sobre todo, o tenis.[7]

En 1934 Lilí Álvarez casou co conde de Valdéne, aristócrata francés. En 1939, perdeu o seu único fillo e a parella pronto separouse. Regresou a España en 1941 onde seguiu facendo deporte e comezou a escribir sobre temas femininos e relixiosos.

En 1960, xunto con outras mulleres (María Laffitte e Pérez del Pulgar, Consuelo de la Gándara, Elena Catena López, María Salas Larrazábal, Pura Salas Larrazábal, Concepción Borreguero Sierra, María Jiménez de Obispo el Valle), fundou o Seminario de Socioloxía. Estudos da Muller (SESM) co obxectivo de ser un espazo de reflexión, diálogo e investigación sobre as mulleres en España. Pertenceulle ata a súa desaparición en 1986. Participou na fundación do partido da Esquerda Democrática Cristiá en 1965. En 1968 foi convidada polo Ministerio de Asuntos Exteriores a Teherán para falar sobre a eliminación da discriminación contra as mulleres.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Aínda que a fama deportiva de Álvarez está asociada co tenis, este nunca foi o seu deporte preferido, senón que o foron os de inverno. Aprendeu a patinar con catro anos en Suíza, e en 1917, aos once anos, gañou o seu primeiro campionato de patinaxe artística sobre xeo, superando a campioa francesa Melle Joly. Aos dezaseis gañou o campionato deste deporte de St. Moritz. Foi convocada pola delegación española dos primeiros Xogos Olímpicos de Invierno de 1924; porén, unha forte lesión fixo que se centrase no tenis, abandonando definitivamente a patinaxe. Non obstante, en 1940, retomou a práctica de deportes de inverno e gañou o Campionato de España de esquí alpino.

Continuou a practicar outros deportes e competindo en esquí, ata que un problema coa federación a apartou da competición: en Candanchú, en 1941, acusou o xurado de machismo cando a federación decidiu deixar agardando as mulleres mentres os homes participaban. A súa protesta foi considerada como "ofensa a España" e decidiron expulsala. Ao pouco tempo volveron admitila, mais ela decidiu abandonar a competición e dedicarse a este deporte de xeito persoal.[8]

En 1924, con dezanove anos, decidiu participar no Campionato de Cataluña de Automobilismo, conseguindo o seu primeiro e único título nese deporte, ao comprobar a pouca competencia que había. A importancia dese triunfo debeuse a que é a única muller que conseguiu un trofeo en categoría masculina.

Traxectoria no tenis[editar | editar a fonte]

Álvarez foi unha pioneira no tenis feminino en España e a xogadora máis destacada do seu país durante a década de 1920. O primeiro torneo que gañou foi o campionato de Xenebra de 1919, con catorce anos. Nos Xogos Olímpicos de 1924 participou en dobres femininos xunto a Rosa Torras (foron as dúas primeiras deportistas españolas nuns xogos olímpicos) e con José Miguel Fernández Liencres nos dobres mixtos, nos que chegou ata os cuartos de final.

Tivo unha actuación brillante nos torneos franceses de terra batida celebrados na Costa Azul, e campionatos como Montecarlo, Cannes, Niza,[9][10] Menton ou Le Tonquet (París),[11] foron habituais no seu palmarés durante toda a década de 1920 e principios da de 1930. En Inglaterra logrou en 1926 o torneo de Beckenham,[12] derrotando na final a campioa do Aberto dos Estados Unidos Molla Mallory.

Entre 1926 e 1928 chegou a tres finais individuais consecutivas en Wimbledon. Segundo a estadounidense Helen Wills Moody, que venceu a Álvarez dúas veces nas finais de Wimbledon, o xogo de Álvarez era "infrecuentemente atevido". Con Bill Tilden foi finalista da competición de dobres mixtos en Roland Garros en 1927.

En 1929, Álvarez fixo equipo coa xogadora neerlandesa Kornelia Bouman para gañar o título de dobres femininos en Roland Garros. O ano seguinte, Álvarez gañou o título individual no campionato de Roma, éxito que non repetiu ningunha tenista feminina española ata que 63 anos despois Conchita Martínez gañou o aberto de Italia en 1993. En inverno viaxou a Suramérica para gañar os torneos de Río de Xaneiro e Bos Aires.[13] En 1931, sorprendeu o mundo do tenis xogando en Wimbledon cunha saia dividida en dúas partes deseñada especialmente por Elsa Schiaparelli que foi o precedente dos pantalóns curtos.[14] Tras unha caída no seu rendemento decidiu retirarse en 1932, volvendo a reaparecer en 1937.

Segundo Wallis Myers de The Daily Telegraph e Daily Mail, Álvarez estivo entre as dez primeiras tenistas do mundo entre 1926 e 1928, en 1930 e en 1931, acadando o seu posto máis alto, o número 2 nas clasificacións de 1927 e 1928.[15]

"Eu fun tres veces finalista en Wimblendon, cousa que non foi nunca ningún español varón... Xa ves, a homenaxe que non me fan en España tribútanmo alí. Ese esquecemento é debido a que os varóns son moi importantes en España. Deles falan e do meu ninguén di nada".[16]
Lili Álvarez entrevistada por Antonio D. Olano (1988)

Tenis e moda[editar | editar a fonte]

En 1931 foi a primeira tenista en vestir pantalón-saia, un vestiario considerado escandaloso para a época, primeiro no Roland Garros de París, máis tarde no torneo de Wimbledon cun deseño creado expresamente para ela pola deseñadora Elsa Schiaparelli.[17]

Outras actividades[editar | editar a fonte]

En 1931, Álvarez comezou a informar sobre temas políticos en España para o xornal británico Daily Mail.

En 1934, Álvarez casou con Jean de Gaillard de la Valdène, conde de Valdene,[18][19] aristócrata e diplomático francés, e dende 1936[20] xogou por tres anos no circuíto internacional de tenis como "Condesa Valdène". En 1939, perdeu o seu único fillo e a parella separouse deseguido. Volveu ao seu país en 1941, onde continuou activa en deportes e comezou a escribir sobre temas relixiosos e feministas, publicando o seu libro Plenitud ("Plenitude") en 1946. Apoiou activamente o movemento feminista mundial e en 1951 deu un discurso titulado La batalla de la feminidad ("A batalla da feminidade") no Congreso Feminista Hispano-Americano. Nos seguintes anos escribiu varios libros máis incluíndo, en 1965, o prólogo á primeira edición en castelán de The Feminine Mystique de Betty Friedan.

Álvarez faleceu en Madrid en 1998.

Finais de Grand Slam[editar | editar a fonte]

Individuais (3 finais)[editar | editar a fonte]

Posto Ano Torneo Superficie Rival Resultado
Finalista 1926 Wimbledon Herba Reino Unido Kitty McKane Godfree 2–6, 6–4, 3–6
Finalista 1927 Wimbledon (2) Herba Estados Unidos Helen Wills 2–6, 4–6
Finalista 1928 Wimbledon (3) Herba Estados Unidos Helen Wills 2–6, 3–6

Dobres (1 título)[editar | editar a fonte]

Posto Ano Torneo Superficie Parella Rivais Resultado
Gañadora 1929 Roland Garros Terra Países Baixos Kea Bouman Suráfrica Bobbie Heine
Suráfrica Alida Neave
7–5, 6–3

Dobres mixtos (1 final)[editar | editar a fonte]

Posto Ano Torneo Superficie Parella Rivais Resultado
Finalista 1927 Roland Garros Terra Estados Unidos Bill Tilden Francia Marguerite Broquedis
Francia Jean Borotra
4–6, 6–2, 2–6

Torneos do Grand Slam individuais[editar | editar a fonte]

(F) finalista; (SF) semifinalista; (QF) cuartos de final; (#R) roldas 4, 3, 2, 1; (A) ausente. SR=strike rate (eventos gañados/xogados)

Torneo 1925 1926 1927 1928 1929 1930 1931 1932 1933 1934 1935 1936 1937 Carreira SR
Aberto de Australia A A A A A A A A A A A A A 0 / 0
Roland Garros 1R A QF A A SF SF 3R A A 1R SF SF 0 / 8
Wimbledon A F F F 4R 1R 3R A A A 2R 4R 4R 0 / 9
Aberto dos Estados Unidos A A A A A A A A A A A A A 0 / 0
SR 0 / 1 0 / 1 0 / 2 0 / 1 0 / 1 0 / 2 0 / 2 0 / 1 0 / 0 0 / 0 0 / 2 0 / 2 0 / 2 0 / 17

Carreira literaria[editar | editar a fonte]

En 1927 Lilí Álvarez escribiu un libro en inglés publicado en Londres baixo o título Modern lawn tennis.[21] Ese ano comezou a escribir artigos políticos desde España para o diario británico Daily Mail co que colaborou desde 1931 como comisaria en España e para o que entrevistou a Victoria Kent e Clara Campoamor. Tamén cubriu a Guerra Civil.

En 1930 escribiu varios artigos deportivos para o xornal La Nación (Arxentina) que posteriormente foron publicados nos libros El gran enemigo de la estrella del tenis: el admirador e El tenis y la mujer. Colaborou con Arriba e La Vanguardia en 1941, 42 e 43. Cubriu a Copa Davis de 1965 para a revista Blanco y Negro. Tamén escribiu para o Correo Literario e Cuadernos para el Diálogo. O primeiro artigo que escribiu en Cuadernos para el Diálogo en 1964 titulouse "El control de la natalidad".

En 1946 publicou o seu libro Plenitude. Apoiou activamente o movemento feminista mundial e en 1951 pronunciou un discurso titulado "A batalla da feminidade" no V Congreso Feminista Hispanoamericano. Ao longo dos anos escribiu moitos máis libros, incluíndo, en 1965, o prólogo da primeira edición española de The Mystique of Feminity de Betty Friedan.[22]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Modern lawn tennis (1927) escrito en inglés e publicado en Londres.
  • Plenitud (1946)
  • En tierra extraña (1956)
  • El seglarismo y su integridad (1959)
  • Feminismo y espiritualidad (1964)
  • El mito del amateurismo (1968) sobre o deporte.
  • El pueblo y su promoción (1970) xunto con T. Malagón; Rovirosa, J.L. Rubio, J. Martín, Teólfilo Pérez Rey
  • Mar adentro (1977)
  • Diagnosis sobre el amor y el sexo (1977) xunto con Concepción Borreguero, María Campo Alange, Elena Catena, Consuelo de la Gándara, María Jiménez Bermejo, Carmen Pérez Seoane, María Salas e Pura Salas.
  • Mi testamento espiritual (1985)
  • Ideario de una beata atípica (1985)
  • La vida vivida. Mi catecismo existencial (1989)
  • La religiosidad masculina y su desdicha (1993)
  • Revivencias (1993)
  • La gran explicación desde la vida y el deporte (1998).
  • Habla la mujer, Mujer y aceleración histórica ("Cuadernos para el diálogo")

Vida persoal[editar | editar a fonte]

En 2010, a revista Marie Claire sacou á luz a súa correspondencia coa escritora Carmen Laforet, á que coñeceu en xuño de 1951 e coa que mantivo unha intensa amizade e relación epistolar ata 1958.[23] Os escritories Anna Caballé e Israel Rolón escribiron en Carmen Laforet. Unha muller fuxida, referíndose a Laforet e a súa relación con Álvarez nos seguintes termos:

“Entre os seus amigos, a tenista Lilí Álvarez que exerceu sobre ela. unha influencia relixiosa e unha ambigüidade sexual que Laforet sempre mantivo agochada"[24]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O 18 de xullo de 1958 foi galardoada co Lazo de Dama de Isabel a Católica e o mesmo ano a Federación Española de Tenis acorda crear o título de Xogadoras de Honra da Real Federación Española de Tenis, o primeiro deles foi concedido a Lili Álvarez. En 1968, o All England Lawn Tennis and Croquet Club fixouna membro honorario.[25]

A National Portrait Gallery de Londres ten dous retratos dela.[25]

O 24 de xaneiro de 1976, o Ministerio de Xustiza concedeulle a Cruz Distinguida de 1a Orde da Cruz de San Raimundo de Peñafort.[25]

En 1998 recibiu a Medalla de Ouro ao Mérito Deportivo, aínda que morreu antes de recollela e os seus familiares tiveron o galardón a título póstumo.[25]

Premios Lili Álvarez[editar | editar a fonte]

Desde 2017, o Instituto para a Muller e Igualdade de Oportunidades de España, en colaboración co Consello Superior de Deportes, convoca os Premios Lilí Álvarez de xornalismo deportivo para destacar os traballos xornalísticos que máis e mellor contribuíron á difusión e defensa da igualdade. entre mulleres e homes no ámbito deportivo e visibilizar o deporte feminino en España.[26]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Lilí Alvarez, una contestataria de 74 años". El País (en castelán). 20 de novembro de 1979. Consultado o 22 de maio de 2012. 
  2. "Gades" Numéro 23 Colegio Universitario de Filosofía y Letras de Cádiz, Universidad de Cádiz. Colegio Universitario de Filosofía y Letras 1999 "Se recogía, incluso, su presencia en Wimbledon para asistir a un acontecimiento tan poco trascendente desde un punto de vista político y oficial, como era la final del tomeo de tenis, en la que participaba la Señorita Lilí de Álvarez."
  3. Probst, Ernst (2001). Superfrauen 12- Sport [Superwomen 12- Sport] (en alemán). Múnic: GRIN Verlag. p. 24. ISBN 9783638934053. Consultado o 26 de febreiro de 2013. 
  4. "Modern lawn tennis (Hardcover) by Lili DE ALVAREZ". Consultado o 15 de decembro de 2012. 
  5. "ITF profile". Consultado o 6 de decembro de 2012. 
  6. "Cuando el fútbol no era el rey: Los deportes en el espacio público" Page 192 Carles Sirera Miralles 2011 "Un buen ejemplo de las múltiples contradicciones que esta dualidad podría haber generado es la controvertida biografía de la tenista, varias veces subcampeona en Wimbledon, Lilí Álvarez. Nacida en 1905 en Roma, su madre era la esposa ..."
  7. "Lilí Álvarez, la tenista que "se movía como un torero"". AS.com (en castelán). 2016-07-22. Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2022. Consultado o 2022-11-29. 
  8. "Lilí Álvarez". Lili Alvarez ~ Mujeres en el Deporte. Consultado o 16 de xuño de 2016. 
  9. "Tenisz és golf" (PDF). 
  10. "Figaro: journal non politique". 
  11. "Hemeroteca Mundo Deportivo". 
  12. "Kent All-Comers' Championships" (PDF). 
  13. "Dos nuevos triunfos de Lilí Álvarez" (en castelán). 
  14. Béla Kehrling, ed. (24 de xuño de 1931). "Külföldi hírek [International news]" (en húngaro) (PDF). Tennisz és Golf (Budapest, Hungría: Egyesült Kő-, Könyvnyomda. Könyv- és Lapkiadó Rt.) III (13): 253. Consultado o 15 de decembro de 2012.
  15. Collins, Bud (2008). The Bud Collins History of Tennis: An Authoritative Encyclopedia and Record Book. Nova York: New Chapter Press. pp. 695, 701. ISBN 0-942257-41-3. 
  16. "Lili Álvarez, la plenitud". Almanaque de la mujer 1988. 
  17. "Llega Wimbledon: ¿tienes ya tu modelito?". El Español (en castelán). 2016-06-24. Consultado o 2022-11-29. 
  18. "Air et cosmos" 682–699 1977 "Le comte Jean de Gaillard de la Valdène, qui s'était distingué comme pilote durant la première guerre mondiale, est décédé à Lausanne dans sa 82" année "
  19. Mémorial aéronautique: qui était qui? p83 Marcel Catillon 1997 "de GAILLARD de LA VALDÈNE Jean. Né le 2 septembre 1895. Décédé le 26 août 1977. AS 1914–1918 avec 5 victoires aériennes homologuées. Affecté à l'escadrille Spa 95. Repose dans le cimetière de Bollène (Vaucluse). "
  20. "The Championships 1936" (PDF). Campionato de Wimbledon. All England Lawn Tennis and Croquet Club. Consultado o 16 de xullo de 2013. 
  21. De Alvarez, Lili; Deford, Frank; Deford, Frank (1927). Modern lawn tennis / by Lili de Alvarez (en English). J. Lane the Bodley Head. London. 
  22. Friedam, Betty (2016). La mística de la feminidad. Cátedra. 
  23. Vanitatis, Colaboradores (2010-11-18). "Las cartas de amor entre Carmen Laforet y Lilí Álvarez". vanitatis.elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 2022-11-29. 
  24. "El enigma Laforet". abc (en castelán). 2010-05-08. Consultado o 2022-11-29. 
  25. 25,0 25,1 25,2 25,3 "Elia María González Álvarez y López-Chicheri. Real Academia de la Historia". dbe.rah.es. Consultado o 2022-11-29. 
  26. "I Premio "Lilí Álvarez" para los trabajos periodísticos que mejor visibilicen y difundan el deporte femenino". Instituto de las MUJERES. 

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. Tamén é coñecida como Lilí de Álvarez,[2] Condesa Valdène,[3] e Lili de Alvarez.[4][5]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Total Tennis:The Ultimate Tennis Encyclopedia, por Bud Collins, Sport Classic Books, Toronto, Canadá, ISBN 0-9731443-4-3
  • The Tennis Book, editado por Michael Bartlett e Bob Gillen, Arbor House, Nova York, 1981 ISBN 0-87795-344-9
  • Ayre's Lawn Tennis Almanack And Tournament Guide, A. Wallis Myers
  • Dunlop Lawn Tennis Almanack And Tournament Guide, G.P. Hughes
  • Lowe's Lawn Tennis Annuals and Compendia, Lowe, Sir F. Gordon, Eyre & Spottiswoode