Ligamento anterior esternoclavicular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ligamentos da articulación esternoclavicular.

O ligamento anterior esternoclavicular é un ligamento do membro superior humano, pertencente á articulación esternoclavicular, situada no ombreiro. Colócase por diante da articulación, inseríndose na parte máis medial ou interna da clavícula e na parte máis anterior e superior do esterno, no manubro esternal. Ten un traxecto oblícuo descendente, dende a clavícula ata o esterno.

Por diante está cuberto polo músculo esternocleidomastoideo e por debaixo ten a cápsula articular esternoclavicular, o disco interarticular e a membrana sinovial.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gray. Anatomy of the human body (en castelán). Edición de 1918 de dominio público.