Premier League (Irlanda)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Liga de baloncesto de Irlanda»)
Premier League
Fundación1973
RexiónIrlanda Irlanda
ConfederaciónUnión Europea FIBA Europa
Equipos10
Actual campiónUCC Demons (7º título)
Máis laureadoNeptune Cork (11 títulos)
Sitio webbasketballireland.ie

A Premier League (antes Superleague) é a máxima categoría do baloncesto masculino de Irlanda. Participan na competición 10 equipos, sendo o equipo máis laureado o Neptune Cork, equipo que gañou o campionato en 11 ocasión.

Equipos[editar | editar a fonte]

Os seguintes son os equipos que compiten na temporada 2015−16 da Premier League.

Equipo Cidade Provincia Pavillón
Belfast Star Belfast Ulster Ulster (Ulaidh) Methodist College
DCU Saints Dublín Leinster Leinster (Laighin) DCU Sports Complex
Éanna Dublín Leinster Leinster (Laighin) Coláiste Éanna
Killester Dublín Leinster Leinster (Laighin) IWA
Moycullen Galway Connacht Connacht (Connachta) NUIG Kingfisher
Swords Thunder Dublín Leinster Leinster (Laighin) ALSAA
Templeogue Dublín Leinster Leinster (Laighin) Oblate Hall
UCC Demons Cork Munster Munster (An Mhumhain) Mardyke Arena
UCD Marian Dublín Leinster Leinster (Laighin) UCD Sports Centre
UL Eagles Limerick Munster Munster (An Mhumhain) UL Arena

Formato[editar | editar a fonte]

Desde a temporada 2003–04 até a 2011–12, a liga estivo dividida en dúas conferencias: a Conferencia Norte e a Conferencia Sur, sendo determinado o gañador da competición decidido nunha final entre os dous mellores conxuntos de cada unha. Antes de 2003-04, o campión da liga era o equipo que acababa de primeiro nunha liga de todos contra todos, sendo evidentemente o subcampión o equipo que remataba no segundo posto. A excepción a este método de competición foi a temporada 2001−02, onde o Waterford Crystal gañou a liga despois de vencer unha eliminatorias despois da fase regular.[1] Na temporada 2012–13, a liga volveu ao modelo vello e eliminou as conferencias, estabelecendo de novo a consideración de campión da competición ao equipo que finaliza no primeiro lugar da liga.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Premier League: Season 2001-2002". Eurbasket (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 12 de outubro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]