Liga de Independentes
Aparencia
Liga de Independentes | |
---|---|
Tipo | partido político |
Ideoloxía | Nacionalismo alemán en Austria |
Data de fundación | 25 de marzo de 1949 |
Data de disolución | 1955 |
País | Austria |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Liga de Independentes (Verband der Unabhängigen – VdU) foi un partido político de Austria, activo de 1949 a 1955. Fundado por Herbert Kraus e Viktor Reimann representaba os intereses dos antigos nazis, dos refuxiados de Europa Central e Oriental, dos prisioneiros de guerra e doutros sectores descontentos da derrota nazi. Opúñase ás medidas de nazificación, difundía propaganda neonazi e panxermánica. Nas eleccións lexislativas de 1949 tivo o 11,7% dos votos o que lle outorgou 16 escanos no Parlamento. Nas seguintes eleccións perdeu a súa representación parlamentaria e tras unha crise interna acabou por integrarse nun novo partido, o Partido da Liberdade de Austria en 1956.