Liga de Esmalcalda
A Liga de Esmalcalda ou Liga de Smalkalda foi unha liga de príncipes e cidades protestantes do Sacro Imperio Romano Xermánico.
Historia
[editar | editar a fonte]Propósito e nome
[editar | editar a fonte]A Liga existiu entre 1531 e 1547 [1] para defender os seus privilexios e loitar contra o emperador Carlos V, defensor do catolicismo fronte á reforma luterana. Toma o seu nome da cidade de Esmalcalda (Schmalkalden), en Turinxia (Alemaña).
Membros
[editar | editar a fonte]A liga foi creada por Filipe I de Hesse, Xoán Federico I de Saxonia e Esmalcalda en 1531 e uníronse os territorios de Anhalt, Bremen, Brunswick-Lüneburg, Magdeburgo, Mansfeld, Estrasburgo e Ulm. Aos membros orixinais uníronse Konstanza, Reutlingen, Memmingen, Lindau, Biberach an der Risb, Isny im Allgäu e Lübeck. Foron asignados 10000 infantes (unidades de infantaría) e 2.000 cabaleiros (unidades de cabalería) con fins defensivos. En 1532 aliouse con Francia e en 1538 con Dinamarca.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]Aínda que a Liga non lle declarou directamente a guerra ao emperador, o seu apoio e apoio á Reforma Luterana e as confiscacións de terras á Igrexa e a expulsión de bispos e príncipes cristiáns fixeron que Carlos V decidise enfrontarse á Liga.
Cómpre engadir que participaron 16.000 alemáns e holandeses, 10.000 italianos e 8.000 españois. Foi practicamente unha guerra civil no Sacro Imperio Xermánico entre católicos e protestantes. Na que participaron a favor dos católicos alemáns, italianos e españois.
A guerra de Esmalcalda e a paz de Augsburgo
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Guerra de Esmalcalda.
En 1544, Carlos V chegou a paz (paz de Crepy) con Francia, e esta comezou a aliarse co emperador, que xunto co papa Paulo III comezou a acumular tropas en 1546. Os diferentes príncipes membros da Liga tiñan entre eles graves disputas, que facilitaron a campaña pola coalición católica. As tropas de Carlos V derrotaron ás da Liga na batalla de Mühlberg o 24 de abril de 1547, tendo lugar a capitulación de Wittenberg.
Porén, os príncipes luteranos continuaron a súa loita, creando novas alianzas con Francia en 1552 contra o emperador, até a Paz de Augsburgo de 1555.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Liga de Esmalcalda |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Alemaña |