Liga de Defensa de Estonia
Liga de Defensa de Estonia | |
---|---|
![]() | |
Tipo | exército irregular ![]() |
Parte de | Forzas de Defensa de Estonia ![]() |
Forma xurídica | persoa xurídica de dereito público ![]() |
Bandeira | ![]() |
Persoas e organizacións | |
Autoridade executiva | Cuartel Xeral da Liga de Defensa de Estonia ![]() |
Data | |
Fundación | 11 de novembro de 1918 ![]() |
Acontecementos | |
Conflitos
| |
Premios | |
Outorga
| |
Localización | |
País | Estonia ![]() |
Contacto | |
Páxina WEB | kaitseliit.ee ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
A Liga de Defensa de Estonia ou Liga de Defensa Estoniana —en estoniano: Kaitseliit— é unha organización nacional de defensa voluntaria e paramilitar da República de Estonia, xestionada polo Ministerio de Defensa. O seu obxectivo é garantir a preservación da independencia e soberanía do Estado, a integridade do seu territorio e a orde constitucional.[1] A Liga de Defensa dispón de armas e participa en exercicios militares, cumprindo as funcións que lle atribúe a lei.[1]
A organización divídese en catro Distritos de Defensa Territorial, compostos por quince unidades rexionais da Liga, chamadas malevs, cuxas áreas de responsabilidade coinciden maioritariamente coas fronteiras dos condados de Estonia.[1][2]
Historia
[editar | editar a fonte]A Liga de Defensa de Estonia foi precedida pola Omakaitse (en galego, Garda Nacional) a primeira organización de defensa local armada do país, creada en resposta aos desordes públicos derivados da Revolución Rusa.[3] O 11 de novembro de 1918, a Organización de Defensa Cidadá pasou a chamarse Liga de Defensa de Estonia, asumindo as funcións de Garda Nacional durante a Guerra da Independencia. No momento da súa creación, a oficina estaba situada no edificio Brokusmäe no 8 de Talín, nas antigas dependencias do Consello Municipal de Traballo, que foi requisada en beneficio da organización. En decembro, o estado maior trasladouse ao edificio número 5 da rúa Vene, a oficina de mando das antigas autoridades de ocupación alemás. A tarefa principal da organización era garantir a seguridade interna.

Despois da Guerra da Independencia, as actividades da Liga de Defensa foron detidas e remataron o 12 de agosto de 1920. Porén, tras o intento de golpe de estado dos comunistas o 1 de decembro de 1924, a Liga de Defensa foi restablecida o 17 de decembro do mesmo ano. O desenvolvemento da organización tivo unha exitosa implantación e se lle asignaron tarefas relacionadas coa tarefas de defensa nacional, como:[4]
- axudar ás autoridades xudiciais a protexer a orde constitucional en Estonia e a seguridade dos cidadáns;
- prestar asistencia en caso de catástrofe social;
- proporcionar formación e educación militar aos seus membros;
- afondar o sentimento patriótico e nacional entre os cidadáns;
- desenvolver a educación física da poboación;
- realizar outras tarefas que legalmente lle sexan encomendadas.

En outubro de 1925, fundouse a revista da Liga de Defensa de Estonia, Kaitse Kodu! (Defende a túa casa!). O 19 e 20 de xuño de 1926, celebrouse o primeiro Festival da Liga de Defensa de Estonia en Talín, seguido de seis eventos similares antes de 1940.[5] O ano seguinte, co obxectivo de fortalecer a organización e darlle un enfoque familiar, o comandante da Liga de Defensa aprobou os estatutos provisionais da Defensa do Fogar da Muller.[6]
O 17 de xuño de 1940, a Unión Soviética invadiu Estonia e o goberno estoniano viuse obrigado a asinar un acordo que requiría a recollida de todas as armas, incluídas as persoais, dos membros da Liga de Defensa nun prazo de 48 horas. En protesta, moitos membros danaron as súas armas deliberadamente antes de entregalas. O 24 de xuño, os 43.600 socios quedaron liberados das súas obrigas xuradas. A Liga de Defensa foi disolta o 27 de xuño de 1940 por decreto do presidente Konstantin Päts marcando oficialmente a fin da súa existencia. Moitos membros foron vítimas da represión ou comezaron rapidamente a resistencia independente á ocupación. Finalmente, o 29 de xuño, todos os activos e fondos da Liga de Defensa foron transferidos ao Partido Comunista de Estonia.[7]
A Liga de Defensa reundouse por iniciativa popular o 17 de febreiro de 1990 en Järvakandi, para defende-la independencia de Estonia.[8] A organización e o seu órgano de goberno, o "Consello Central da Liga de Defensa", formaron a primeira organización de defensa nacional que se restableceu. Inicialmente, o armamento, o equipamento e o adestramento da Alianza de Defensa foi relativamente básico. Moitos membros novos desta época convertéronse en oficiais superiores das Forzas de Defensa, da Liga de Defensa ou da Garda Fronteira.
O 4 de setembro de 1991, o Presidium do Consello Supremo da República de Estonia restableceu os dereitos legais da Liga de Defensa,[2] poucos días despois de que o seu persoal fose despregado durante a ocupación da torre de televisión de Talín polas tropas aerotransportadas soviéticas. Grazas á presenza dos membros da Liga nas salas de control, as emisións de radio non foron interrompidas. Cando Estonia recuperou a súa independencia, o 28 de abril, a Liga de Defensa incorporouse oficialmente ás Forzas de Defensa como organización de defensa nacional[2] e recibiu equipos coa axuda de países estranxeiros. Tamén se compraron equipos e maquinaria a unidades do exército soviético que marcharon. Despois de comprar novas armas para as Forzas de Defensa de Israel entre 1993 e 1994, a Liga de Defensa recibiu un gran número de armas retiradas das Forzas de Defensa, principalmente M-56, M-56-2 (AK-47) chineses, lanzagranadas PF-89 e metralladoras RPD. A finais da década de 1990 e principios dos 2000, a organización someteuse a unha selección dos seus membros e a unha reorganización do sistema, o que aumentou a súa capacidade de combate e reduciu o número de incidentes que danaron a súa reputación.
En 1999, O Parlamento de Estonia aprobou a Lei da Liga de Defensa, que estableceu o papel da organización na sociedade e na defensa nacional, e definiu as súas principais tarefas, a estrutura, a base xurídica das operacións, o control e a cooperación coas Forzas de Defensa, a Policía e outras institucións estatais.[2]
Tras a chegada da asistencia armada sueca en 2002, produciuse a transición ás armas estándar da OTAN. A mediados da década de 2000, a Liga de Defensa intentou desenvolver un sistema con batallóns baseado en círculos de defensa, que foi suspendido debido á súa ineficacia.
Misión
[editar | editar a fonte]
A Liga de Defensa é unha organización militar de defensa voluntaria nacional, que opera baixo a xurisdición do Ministerio de Defensa.[9] Ten armas e participa en exercicios militares. O seu obxectivo principal é, baseado no libre albedrío e iniciativa dos cidadáns, fortalecer a capacidade da nación para defender a súa independencia e a súa orde constitucional, mesmo ante unha ameaza militar.[1]
A Liga de Defensa xoga un papel importante no apoio ás estruturas civís. Os seus membros axudan na extinción de incendios forestais, son voluntarios para funcións de apoio policial e proporcionan seguridade en diversos eventos.[9] As unidades compostas por membros voluntarios tamén participan en operacións internacionais de apoio á paz, como nos estados dos Balcáns.[10] A Liga de Defensa e as súas organizacións afiliadas manteñen relacións positivas con entidades homólogas dos países nórdicos, Estados Unidos e Reino Unido.[11]
Os membros da Liga participan en misións no estranxeiro xunto coas forzas armadas regulares, como nas seguintes operacións e misións:
- ESTGUARD - Un pelotón de infantería despregado como parte da Forza Europea Althea.
- ESTRIF - Un pelotón de infantería despregado para a KFOR.
- Un pelotón de alerta en beneficio do grupo táctico nórdico (NBG).
- Oficiais do estado maior despregados na sede da KFOR en Kosovo.
- Participación en ISAF e MNF-I.
Antes de cada despregamento no exterior, realízase unha sesión intensiva de adestramento de 20 semanas xunto ás tropas regulares.
Organización
[editar | editar a fonte]
A organización se estrutura en 4 distritos de defensa territorial (maakaitseringkond) que agrupan as 15 unidades rexionais da Liga de Defensa (malev) cuxas áreas de responsabilidade coinciden na súa maioría coas fronteiras dos condados de Estonia:[12][13]
- Distrito de Defensa Territorial Norte: Talín, Harju e Rapla
- Distrito de Defensa Territorial Nordeste: Alutaguse, Viru, Jõgeva e Järva
- Distrito de Defensa Territorial Sur: Põlva, Sakala, Tartu, Valga e Võru
- Distrito de Defensa Territorial Occidental: Pärnumaa, Lääne e Saaremaa
Persoal
[editar | editar a fonte]En decembro de 2011, a Liga e as súas organizacións afiliadas tiñan máis de 21.000 membros:[14]
- Liga de Defensa, propiamente dita, 13.138 membros.
- Corpo feminino, denominado Organización de Defensa Voluntaria de Mujeres (Naiskodukaitse),[6] 1.676 membros.
- Corpo xuvenil, denominado Organización dos Mozos Aguias (Noored Kotkad Organisatsioon),[15] 3.200 membros.
- Corpos de nenas, denominado Fillas de Casa (Kodutütred),[16] 3.537 membros.
Co estalido da crise ucraína a principios de 2014 aumentou a desconfianza cara aos veciños "dominantes" dos estados bálticos e provocou unha importante afluencia de voluntarios á Liga de Defensa.[17] Así, hai 18.000 membros na Liga de Defensa de Estonia, propiamente dita e as organizacións afiliadas engaden outros 11.000 voluntarios activos.[9]

Organización de Defensa Voluntaria de Mujeres (Naiskodukaitse)
[editar | editar a fonte]O corpo de mulleres da Liga de Defensa, "Naiskodukaitse", é unha organización de apoio á organización. As principais funcións do corpo son:
- Asistir á Liga de Defensa na defensa da independencia e da orde constitucional de Estonia, garantindo a seguridade dos seus cidadáns e realizando calquera outra función;
- Organizar e proporcionar servizos médicos para a Liga de Defensa en cooperación coas unidades rexionais;
- Promover os ideais da Liga de Defensa e o sentimento nacional;
- Participar na organización da vida social da Liga de Defensa.
Organización dos Mozos Aguias
[editar | editar a fonte]O Corpo de Nenos da Liga de Defensa, "Noored Kotkad", ten como obxectivo criar aos mozos como bos cidadáns con corpos e mentes saudables. Ademais de moitas actividades, como saltos en paracaídas, voo en planador, orientación, tiro con armas, o corpo masculino tamén participa en moitas probas, sendo a máis concorrida pero tamén a máis difícil a competición de recoñecemento Mini-Erna de 35 km.
Fillas de Casa
[editar | editar a fonte]O Corpo de Nenas da Liga de Defensa, "Kodutütred", agrupa a nenas entre 7 e 18 anos e foi creado para aumentar o sentimento patriótico e a vontade de defender a independencia de Estonia entre as mozas novas, para fortalecer o amor polo fogar e a patria e fomentar o respecto pola lingua e as formas de pensar estonianas.
Mandos
[editar | editar a fonte]O Comandante da Liga de Defensa é o oficial de maior rango da organización, aínda que pode non ser un oficial superior no momento do seu nomeamento. O comandante é responsable do persoal, a formación, o equipamento e o desenvolvemento organizativo. Non serve como comandante no campo de batalla. O Comandante é nomeado polo Comandante das Forzas de Defensa ou o Comandante en Xefe Supremo das Forzas de Defensa.[18] O actual comandante é o xeneral de brigada Riho Ühtegi, nomeado en 2019.[19] Desde 2018, o coronel Jaak Mee é o xefe do Estado Maior da Liga de Defensa.[20]
Grados
[editar | editar a fonte]A estrutura de rangos da Liga de Defensa de Estonia correspóndese coa do resto das Forzas de Defensa de Estonia. Non obstante, poden existir variacións específicas da Liga.
-
Kaitseliidu ülem (Comandante)
-
Kaitseliidu Peastaabi ülem (Xefe de Estado Maior)
-
Kaitseliidu maleva pealik (Xefe de Malev)
-
Vanematekogu liige (Membro do Consello)
-
Maleva vaneminstruktor (Instrutor Xefe)
-
Malevkonna pealik (Xefe de Malevkonna)
-
Kompanii pealik (Xefe de Compañía)
-
Rühma pealik (Xefe de Sección)
-
Rühmapealik eriüksustes (Xefe de Sección especial)
-
Rühmapealiku abi (Adxunto ao Xefe de Sección)
-
Jaopealik (Xefe de Grupo)
-
Jaopealiku abi (Adxunto ao Xefe de Grupo)
Uniformes
[editar | editar a fonte]
O uniforme estándar das Forzas de Defensa de Estonia é o ESTDCU, tamén empregado polo persoal da Liga de Defensa. En determinadas ocasións festivas (como os desfiles) úsanse brazaletes brancos coas insignias da unidade territorial. Os uniformes civís son usados pola división feminina durante os desfiles e cerimonias.
Tamén se empregaron brazaletes na roupa civil para distinguir os membros da Liga de Defensa dos civís durante períodos nos que as unidades da Liga de Defensa non tiñan suficientes existencias para proporcionar a todos os membros un uniforme, como durante a Primeira Guerra Mundial e principios dos anos 90.
Equipamento
[editar | editar a fonte]
A arma básica de infantería da Liga de Defensa é o rifle LMT R-20 Rahe de 5,56 mm, aínda que a maioría dos membros aínda están equipados co rifle G3 de 7,62 mm e as súas variantes. Estes rifles baseados no G3 están sendo substituídos progresivamente polo R-20 Rahe nas unidades de manobra de Defensa Territorial —«Maakaitse»—, mentres que as unidades de retagarda seguirán empregando o G3.[21]
O fogo de supresión é proporcionado por metralladoras Ksp 58, MG3 e M2 Browning. A capacidade antitanque a nivel de escuadrón é proporcionada polos rifles sen retroceso Carl Gustav de 84 mm. Ademais, o lume indirecto está cuberto por morteiros de 81 mm e 120 mm a nivel de grupo de batalla.[21]
Os grupos de combate da Liga da Defensa tamén teñen unidades antitanque especializadas, equipadas con rifles Carl Gustav de 84 mm sen retroceso e canóns antitanque Pvpj 1110 de 90 mm e mísiles antitanque FGM-148 Javelin. A Liga de Defensa emprega unha variedade de vehículos de transporte táctico e un pequeno número de vehículos blindados de transporte de persoal BTR-80[21] e algúns vehículos blindados suecos máis antigos.[22] En marzo de 2014, Estonia comprou a Alemaña 95 Mercedes-Benz-1017A para a Liga por un prezo de compra de dous millóns de euros.[23][24]
Celebracións
[editar | editar a fonte]O Día da Vitoria de Estonia (1919) celebrouse ata a Segunda Guerra Mundial con desfiles militares, organizados pola Liga de Defensa de Estonia. Desde o ano 2000, a organización volve celebrar os desfiles do Día da Vitoria cada 23 de xuño. En 2006, a Liga realizou a primeira revisión da flota da historia de Estonia en xuño en Saaremaa. O desfile de 2015 tamén contou coa participación dun número crecente de continxentes militares dos países da OTAN (Letonia, Estados Unidos, Finlandia, Polonia e Suecia). Na edición de 2016, acolléronse tamén tropas estadounidenses e letoas, así como novos continxentes de Lituania e Dinamarca.
En 2016, a subdivisión de Sakala da Liga de Defensa de Estonia formou a primeira banda de gaitas de Estonia, coa súa primeira actuación no desfile anual do Día da Vitoria ese mesmo ano.[25][26] O grupo utilizou 4 conxuntos de batería e 12 conxuntos especiais.[25][27] A idea de tal unidade xurdiu orixinalmente ao presidente Lennart Meri en 2001 mentres visitaba o Festival de Música Folk de Viljandi.[25][27] A idea foi revivida máis tarde polo presidente Toomas Hendrik Ilves en 2010 e por Ando Kiviberg, un famoso gaiteiro local e líder do Festival Folk de Viljandi, que foi encargado de formar a banda.[25][27]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Salo (2014)
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Defence League (Kaitseliit)". mil.ee (en inglés). 22 de xullo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2011. Consultado o 18 de abril de 2025.
- ↑ Kuusik (2006), p. 801
- ↑ Turovski, Marcus (1 de decembro de 2024). "History: The 1924 December coup attempt in Estonia". news.err.ee (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2025.
- ↑ Suárez Saponaro, Alejandro (21 de novembro de 2018). "Estonia. Cien años de la Primera República". equilibriumglobal.com (en castelán). Consultado o 16 de abril de 2025.
- ↑ 6,0 6,1 "Naiskodukaitse ajalugu". naiskodukaitse.ee (en estoniano). Consultado o 16 de abril de 2025.
- ↑ Deemant, Kaupo. "Relvade peitmisest 1940 - Aastal" (PDF). ra.ee (en estoniano). pp. 40–46. Consultado o 18 de abril de 2025.
- ↑ "Kuidas ehitati üles Eesti riigikaitse? KRONOLOOGIA". ekspress.delfi.ee (en estoniano). 2 de xaneiro de 2013. Consultado o 18 de abril de 2025.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 "Kaitseliit". kaitseliit.ee (en estoniano). Consultado o 16 de abril de 2025.
- ↑ Redacción (5 de outubro de 2024). "Unos 800 estonios participan en ejercicios de evacuación con la guerra de Ucrania de fondo". infobae.com (en castelán). Consultado o 16 de abril de 2025.
- ↑ Mehta, Aaron (24 de maio de 2019). "Estonia signs defense agreement with the US". defensenews.com (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2025.
- ↑ Vainult, Lea (xaneiro 2019). "Maakaitseringkonnad - mida sa neist teadma peaksid". Kaitse Kodu! (en estoniano) (1): 18–21. Consultado o 17 de abril de 2025.
- ↑ Estonian Defence League (13 de marzo de 2024). "Estonian Defence League". eesti.ee (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2025.
- ↑ BNS (31 de decembro de 2011). "Kaitseliidu liikmeskond on tänavu jõudsalt kasvanud". postimees.ee (en estoniano). Consultado o 17 de abril de 2025.
- ↑ "Tutvustus". nooredkotkad.ee (en estoniano). 2024. Consultado o 16 de abril de 2025.
- ↑ "Tutvustus". kodututred.ee (en estoniano). 2024. Consultado o 16 de abril de 2025.
- ↑ Dometeit, Gudrun (24 de decembro de 2014). "REPORTAGE: Für Ehre, Stolz und Freiheit". focus.de (en alemán). Consultado o 17 de abril de 2025.
- ↑ "ÜLDJUHTIMINE". kaitseliit.ee (en estoniano). 9 de xuño de 2004. Consultado o 17 de abril de 2025.
- ↑ "Defence League to receive new Commander". kaitseministeerium.ee (en inglés). 14 de xullo de 2019. Consultado o 17 de abril de 2025.
- ↑ "Chief of Staff". kaitseliit.ee. 20 de xullo de 2016. Consultado o 17 de abril de 2025.
- ↑ 21,0 21,1 21,2 "Estonian Defence League: Equipment". kaitseliit.ee (en estoniano). 27 de febreiro de 2012. Arquivado dende o orixinal (ppt) o 27 de febreiro de 2012. Consultado o 16 de abril de 2025.
- ↑ "Defence League's Harju malev: Equipment of the Rävala malevkond". rmlk.org (en inglés). 31 de marzo de 2009. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2009. Consultado o 17 de abril de 2025.
- ↑ Baltic News Service (16 de abril de 2003). "Defence Newsletter 15-31 March 2013". estland.um.dk (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2025.
- ↑ "VIDEO JA FOTOD: Kaitseliidu malevad said Saksamaalt ligi sada veokit". delfi.ee (en estoniano). 25 de marzo de 2013. Consultado o 17 de abril de 2025.
- ↑ 25,0 25,1 25,2 25,3 Jõesaar, Ivar (3 de outubro de 2016). "Sõjatorupilli saamislugu: nüüd, kui Eesti torupill on astunud riigikaitseteenistusse". forte.delfi.ee (en estoniano). Consultado o 17 de abril de 2025.
- ↑ Palmiste, Greete (23 de xuño de 2016). "Võidupüha paraad Võrus: pärast Ilvese kõnet toovad tunnustatud noorkotkad ja kodutütred pühadetule kõigisse maakondadesse". err.ee (en estoniano). Consultado o 17 de abril de 2025.
- ↑ 27,0 27,1 27,2 Raba, Rannar (23 de xuño de 2016). "Viljandi mehed viisid võidupüha paraadil Lennart Meri mõtte ellu". sakala.postimees.ee (en estoniano). Consultado o 17 de abril de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Liga de Defensa de Estonia ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Estonia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kuusik, Argo (2006). "Estonian Omakaitse in 1941–1944". En Hiio, Toomas. Estonia, 1940-1945 : Reports of the Estonian International Commission for the Investigation of Crimes Against Humanity (en inglés). Talín: Inimsusevastaste Kuritegude Uurimise Eesti Sihtasutus Linn / Estonian Foundation for the Investigation of Crimes Against Humanity. pp. 797–803. ISBN 9789949130405.
- Salo, Urmas (2014). "Kaitseliit vaidmuo Estijos gynybos sistemoje 1918–1940 metais/The Role of Kaitseliit in the Estonian Defence System from 1918 to 1940". Acta Historica Universitatis Klaipedensis (en estoniano) (28): 181–220. ISSN 1392-4095. doi:10.15181/ahuk.v28i0.928.