Liga de Amigos da Coruña
| Liga de Amigos da Coruña | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
A Liga de Amigos da Coruña foi unha asociación cultural e recreativa que existiu na Coruña nos primeiros anos do século XX.
Historia
[editar | editar a fonte]
Foi fundada en 1903 co obxectivo de organizar as festas de María Pita da Coruña e de "fomentar e apoiar todo o que levase ao melloramento e engrandecemento da poboación".[1][2] O seu primeiro presidente foi José María Riguera Montero.[3] A sociedade foi a autora xa das festas de 1904, na que organizaron diferentes actividades como a Batalla de Flores, espectáculos pirotécnicos, cabalgatas ou regatas de traiñeiras nas que participaron equipos como os da Sala Calvet ou o Sporting Club Casino.[4][5] Ese mesmo ano creouse un semanario como órgano da organización, co título de El Argos, dirixido por Carlos Pol. Durante os seguintes anos continuaron organizando as festas da cidade, incluíndo novas actividades como a primeira Cabalgata dos Reis Magos da historia de Galicia ou outras competicións deportivas como concursos hípicos ou o Campionato de Galicia e Asturias de fútbol.[6][7][4][8]
En agosto de 1911 a Liga de Amigos puxo en marcha un festival de aviación no Campo da Estrada, no que se realizou o primeiro voo a motor da historia de Galicia, a cargo do piloto francés Georges Leforestier.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vilar Rodríguez, Margarita (15 de xullo de 2019). "ORÍGENES Y EVOLUCIÓN DEL TURISMO EN GALICIA DURANTE EL SIGLO XIX" (PDF). Scripta Nova (en castelán) XXII (618). ISSN 1138-9788.
- 1 2 Novo, Lois (14 de xaneiro de 2025). "El Campo de la Estrada, nido de la aviación gallega y del béisbol coruñés". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 7 de marzo de 2025.
- ↑ "Crónica regional". El Correo de Galicia (en castelán). 30 de setembro de 1903. p. 2. Consultado o 8 de marzo de 2025.
- 1 2 Ventureira 2022, pp. 40-41.
- ↑ "Las Fiestas de La Coruña de 1904" (en castelán). 29 de agosto de 2024. Consultado o 7 de marzo de 2025.
- ↑ "La cabalgata empezó en 1909". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de xaneiro de 2013. Consultado o 7 de marzo de 2025.
- ↑ "Melchor, Gaspar y Baltasar". El Eco de Galicia (en castelán) (708). 26 de decembro de 1908. p. 2. Consultado o 8 de marzo de 2025.
- ↑ Ventureira 2022, p. 64.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ventureira, Rubén (2022). De la Sala Calvet al título olvidado [Da Sala Calvet ao título esquecido] (en castelán). A Coruña: Fundación Real Club Deportivo de La Coruña SAD. ISBN 978-84-09-46119-6.