Life on Other Planets
Life on Other Planets | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Supergrass | ||||
Publicado | 30 de setembro de 2002 | |||
Gravación | outubro de 2001 - marzo de 2002 | |||
Estudio(s) | Mayfair Studios, Heliocentric Studios, Rockfield Studios | |||
Duración | 40:38 | |||
Xénero(s) | rock alternativo, britpop | |||
Selo(s) | Parlophone (RU) Island Records (EEUU) | |||
Produtor | Tony Hoffer | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Life on Other Planets é o cuarto álbum de estudio da banda inglesa de rock alternativo Supergrass, publicado o 30 de setembro de 2002 a través dos selos Parlophone no Reino Unido e Island Records nos Estados Unidos. Trátase do seu primeiro disco con Rob Coombes como membro oficial do grupo, e orixinalmente o seu título ía ser Get Lost. A edición estadounidense do álbum incluía varias cancións extra e edicións ao vivo raras. Un deses temas endirecto fíxose famoso cando se descubriu que se escoita un disparo no fondo. O álbum chegou ao número 9 das listas británicas.[1]
Concepto
[editar | editar a fonte]A banda afirma que gran parte da inspiración para este álbum obtivérona dunhas "vacacións de traballo"[2] xuntos na Costa Azul francesa, escoitando a emisora francesa Nostalgie e vendo documentais do espazo de Carl Sagan.[2][3] Carl Sagan e Douglas Adams están de feito mencionados na contraportada de Life on Other Planets baixo unha lista de agradecementos.
O nome do álbum estivo influenciado por esta excursión, pero tamén por un telescopio que o astrofísico e teclista da banda Rob Coombes levou con el ao estudio de gravación para ver os planetas; "...quedamos fascinados con todo o que está por riba nosa e ocorreusenos o título",[2] explicou Mick Quinn.
A banda contratou un produtor externo, Tony Hoffer, para a gravación, tras sentir que o seu anterior traballo, Supergrass, carecía de parte da urxencia dos seus outros discos: "axudounos a manter as tomas bastante curtas e agradables", di Danny Goffey. "Realmente non perdimos o tempo porque el mantívonos en movemento. Se o tivésemos feito sós outra vez, volveríamonos realmente analíticos e comezaríamos a chorar y tratar de reparar as cousas que no estaban rotas".[4]
O álbum estreouse no festival Meltdown no Royal Festival Hall de Londres o 28 de xuño de 2002, na edición comisionada por David Bowie.[5]
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Tódolos temas escritos e compostos por Supergrass.
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "Za" | 3:04 |
2. | "Rush Hour Soul" | 2:55 |
3. | "Seen the Light" | 2:25 |
4. | "Brecon Beacons" | 2:56 |
5. | "Can't Get Up" | 4:02 |
6. | "Evening of the Day" (O tema é de feito un tributo á canción de Spinal Tap "All the Way Home", coa letra "If she's not on that 3:15, then I'm gonna know what sorrow means".) | 5:18 |
7. | "Never Done Nothing Like That Before" | 1:43 |
8. | "Funniest Thing" | 2:29 |
9. | "Grace" | 2:30 |
10. | "La Song" | 3:43 |
11. | "Prophet 15" | 4:05 |
12. | "Run" | 5:28 |
Edición xaponesa en CD | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
13. | "Velvetine" | 3:39 | |||||||
14. | "Electric Cowboy" | 5:09 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Strange Ones Supergrass Site". www.strangeones.com. Consultado o 2022-12-17.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "OOR Magazine Article, translated from the Dutch by Leo Hoek van Dijke". www.strangeones.com. Consultado o 2022-12-17.
- ↑ "Supergrass Bonus Quotes". Under the Radar. 2003-09-05. Archived from the original on 05 de setembro de 2003. Consultado o 2022-12-17.
- ↑ "Supergrass Get Thrown For A L.O.O.P, Party With Skanks". MTV. Consultado o 2022-12-17.
- ↑ "Supergrass' Limited Return". NME. Consultado o 2022-12-17.