Liet International
Liet International | |
---|---|
Tipo | festival de música e concurso musical |
Data de fundación | 2002 |
Na rede | |
https://liet-international.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Liet International (en frisón: Liet Ynternasjonaal), e anteriormente coñecido como Liet-Lávlut, é un festival internacional de música para cancións en linguas minorizadas ou rexionais de Europa. Celebrouse por vez primeira en Frisia o 28 de abril de 2002, como un spin-off do festival musical en lingua frisoa occidental "Liet", celebrado anualmente en Leeuwarden, nos Países Baixos, dende 1991.
Dende 2006, Liet International celébrase nunha cidade diferente cada ano. As edicións de 2006 e 2008, celebradas na parte sueca de Sápmi, tituláronse Liet-Lávlut (lávlut é o termo saami setentrional para 'cantar'). O concurso foi cancelado en 2007 e 2013 cando as organizacións do lugar de celebración, Narbona e Córsega respectivamente, cancelaron nunha fase tardía, e en 2020, por mor da pandemia de COVID-19. Non se celebrou en 2005, 2015, 2016, 2019 ou 2021.
Debido ás súas semellanzas co Festival de Eurovisión, a competición foi bautizada como o "Eurovisión das linguas minoritarias".[1] Organízase baixo os auspicios do Consello de Europa dende 2008.
Gañadores
[editar | editar a fonte]Ano | Data | Cidade | Gañador do xurado | |||
---|---|---|---|---|---|---|
Nacionalidade | Artista | Canción | Lingua | |||
2002 | 28 de abril | Leeuwarden, Países Baixos | Cataluña | Pomada | "En pere gallerí" | Catalán |
2003 | 23 de novembro | Leeuwarden, Países Baixos | Sápmi | Transjoik | "Mijjajaa" | Saami meridional |
2004 | 22 de outubro | Leeuwarden, Países Baixos | Sápmi | Niko Valkeapää | "Rabas mielain" | Saami setentrional |
2006 | 14 de outubro | Östersund, Suecia | Sápmi | Johan Kitti e Ellen Sara Bæhr | "Luđiin muitalan" | Saami setentrional |
2007 | N/A | Narbona, Francia | Festival cancelado | |||
2008 | 18 de outubro | Luleå, Suecia | Córsega | Jacques Culioli | "Hosanna in excelsis" | Corso |
2009 | 31 de outubro | Leeuwarden, Países Baixos | Sápmi | SomBy | "Ii iđit vel" | Saami setentrional |
2010 | 27 de novembro | Lorient, Francia | Illas Feroe | Orka | "Rúmdardrongurin" | Feroés |
2011 | 19 de novembro | Udine, Italia | Frisia | Janna Eijer | "Ien klap" | Frisón occidental |
2012 | 1 de decembro | Xixón, España | Bretaña | Lleuwen Steffan | "Ar gouloù bev" | Bretón |
2013 | N/A | Córsega, Francia | Festival cancelado | |||
2014 | 12 de decembro | Oldenburg, Alemaña | Ladinia | Martina Iori | "Via con mia mùsega" | Ladino |
2017 | 13 de abril | Kautokeino, Noruega | Sápmi | Ella Marie Hætta Isaksen | "Luoddaearru" | Saami setentrional |
2018 | 23 de maio | Leeuwarden, Países Baixos | Cornualla | The Rowan Tree | "Tresor" | Córnico |
2020 | 3-4 de abril | Aabenraa, Dinamarca | Festival cancelado | |||
2022 | 13 de maio | Tønder, Dinamarca | Córsega | Doria | "Roma" | Corso |
2024 | 22 de novembro | Bastia, Francia[2] | Xudeus sefardís | Noam Vazana | "Una segunda piel" | Xudeoespañol |
Festivais
[editar | editar a fonte]1
|
Gañador do Premio do Xurado |
◇
|
Gañador do Premio do Público |
2002
[editar | editar a fonte]O primeiro concurso de cancións de Liet International celebrouse o 28 de abril de 2002 en De Harmonie en Leeuwarden, nos Países Baixos, un día despois do festival frisón Liet. Tanto o xurado coma o público premiou a banda catalá Pomada coa canción "En pere gallerí".[3]
Orde[4] | Nacionalidade | Artista[3] | Canción[5] | Lingua | Posto[3] |
---|---|---|---|---|---|
1 | Bretaña | Stone Age | "Stoned gavotenn" | Bretón | 2 |
2 | Irlanda | Le Chéile Trio | [?] | Irlandés | 4–10 |
3 | Sápmi | Angelit | "Hobo" | Saami setentrional | 3 |
4 | Caxubia | Chëcz | "Król" | Caxubio | 4-10 |
5 | Occitania | Mescladissa | [?] | Occitano | 4-10 |
6 | Gales | Gwerinos | [?] | Galés | 4-10 |
7 | Frisia | Three-ality | "Fûgelfrij" | Frisón occidental | 4-10 |
8 | Frisia setentrional | Da Åntretemåntre | [?] | Frisón setentrional | 4-10 |
9 | País Vasco | Bat Bitten | [?] | Éuscaro | 4-10 |
10 | Cataluña | Pomada | "En pere gallerí" | Catalán | 1 ◇ |
2003
[editar | editar a fonte]O segundo concurso de Liet International celebrouse de novo en De Harmonie en Leeuwarden, nos Países Baixos, o 23 de novembro de 2003. Transjoik, un grupo saami de Noruega, gañou o premio do xurado coa canción "Mijjajaa". O premio do público gañouno a cantante galesa-córnica Gwenno Saunders coa canción "Vodya".
Nacionalidade | Artista | Canción | Lingua | Puntos | Posto |
---|---|---|---|---|---|
Cataluña | Dept. | "Sensacions" | Catalán | 36 | 8 |
Cornualla | Gwenno | "Vodya" | Córnico | 57 | 3 ◇ |
Frisia | Bacon and Bones | "It allerheechste guod" | Frisón occidental | 39 | 6 |
Friúl | Prorastar | "Michi" | Friulano | 22 | 10 |
Galicia | Anubía | "Nai" | Galego | 44 | 5 |
Irlanda | Briege Murphy | "An Mhuir" | Irlandés | 39 | 6 |
Occitania | Nux Vomica | "Barbet pantaï" | Occitano | 56 | 4 |
Sápmi | Transjoik | "Mijjajaa" | Saami meridional | 70 | 1 |
Lusacia | Awful Noise | "Jarobinka" | Sorabo | 31 | 9 |
Gales | Epitaff | "Yr ateb" | Galés | 66 | 2 |
2004
[editar | editar a fonte]A terceira edición do concurso, ao igual cás dúas anteriores, tivo lugar en Leeuwarden (Países Baixos), o 22 de outubro de 2004. Resultou gañador o saami Niko Valkeapää, quen recibiu o premio do xurado e do público coa canción "Rabas mielain". Esta foi a segunda vez consecutiva na que o concurso foi gañado por unha canción saami. Galicia foi representada por Uxía Senlle, quen acadou o terceiro posto.
Nacionalidade | Artista | Canción | Lingua | Puntos | Posto |
---|---|---|---|---|---|
Bretaña | EV | [?] | Bretón | 52 | 5 |
Frisia | Meindert Talma & the Negroes | "Dûnsje wyldekat dûnsje" | Frisón occidental | 32 | 9 |
Friúl | Kosovni Odpadki | "Bye bye bombe" | Friulano | 49 | 6 |
Galicia | Uxía Senlle | "Cadeas" | Galego | 61 | 3 |
Limburgo | Ondiep | [?] | Limburgués | 25 | 10 |
Lusacia | Istvan Kobjela | [?] | Alto sorabo | 37 | 8 |
Occitania | Bombes 2 Bal | "Lo merle" | Occitano | 63 | 2 |
Sápmi | Niko Valkeapää | "Rabas mielain" | Saami setentrional | 91 | 1 ◇ |
Escocia | The Alyth McCormack Band | "Dèan cadalan sàmhach" | Escocés | 61 | 3 |
Gales | Elin Fflur | [?] | Galés | 39 | 7 |
2006
[editar | editar a fonte]Dado que os saami gañaran dúas das tres competicións, o festival celebrouse en Östersund, Suecia, que é o extremo sur da zona que abarcan os pobos saami (situados nos países nórdicos). Sesenta competidores, cantando en 25 linguas minoritarias, participaron na rolda eliminatoria preliminar. Once cancións, en representación de 11 linguas, foron seleccionadas para a competición final.
O dúo de Johan Kitti, saami de Suecia, e Ellen Sara Baehr, de Noruega, gañou o concurso con "Luđiin muitalan”, cantado en saami do norte. O favorito do público foi Liza Pannetier, coa súa canción en occitano, "Soleu Roge". Como representante galego competiu o artista compostelán Narf.
Orde | Nacionalidade | Artista | Canción | Lingua | Puntos | Posto |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | Friúl | Arbe Garbe | "Oh moj sin" | Friulano | 55 | 7 |
2 | Escocia | Anna Murray e Iain Finlay Macleod | "An-raoir bha mi coiseachd" | Escocés | 46 | 8 |
3 | Illa de Man | Moot | "Gyn Fockleyn" | Manx | 38 | 10 |
4 | Pobo vótico | Raud-Ants | "Kui miä kazvolin kanainõ" | Vótico | 41 | 9 |
5 | País Vasco | Gari | "Hil ez denak" | Éuscaro | 30 | 11 |
6 | Occitania | Liza | "Solèu roge" | Occitano | 69 | 4 ◇ |
7 | Frisia | Van Wieren | "Nim dyn tiid" | Frisón occidental | 58 | 6 |
8 | Meänmaa | Jord | "Oonhän meilä vielä kieli" | Meänkieli | 60 | 5 |
9 | Galicia | Narf | "Santiago" | Galego | 78 | 2 |
10 | Sápmi | Johan Kitti e Ellen Sara Bæhr | "Luđiin muitalan" | Saami setentrional | 86 | 1 |
11 | Pobo xitano | Karaván Familia | "Shej baxtali" | Romaní | 77 | 3 |
2008
[editar | editar a fonte]O concurso tivo lugar o 18 de outubro en Lulea (Suecia) e houbo 11 participantes, que cantaron en galego, meänkieli, bretón, corso, arbëreshë, saami, frisón, friulano, galés, asturiano e mordoviano. Resultou gañador o corso Jacques Culioli co tema "Hosanna in excelsis". Representando a Galiza foi Boy Elliott & the Plastic Bags coa canción "Planeta 19", gañadora do A polo ghit dese ano.[6]
Orde | Nacionalidade | Artista | Canción | Lingua | Puntos | Posto |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | Galicia | Boy Elliott & the Plastic Bags | "Planeta 19" | Galego | 46 | 10 |
2 | Meänmaa | Surunmaa | "Tulethan takasi" | Meänkieli | 51 | 8 |
3 | Bretaña | Gwennyn | "Bugale Belfast" | Bretón | 54 | 6 |
4 | Córsega | Jacques Culioli | "Hosanna in excelsis" | Corso | 80 | 1 ◇ |
5 | Pobo arbëreshë | Spasulati | "Botë e shurë" | Arbëreshë | 51 | 8 |
6 | Sápmi | Elin Kåven | "Áibbas jaska" | Saami setentrional | 73 | 2 |
7 | Frisia | Jelte Posthumus e Pilatus Pas | "De wiete wyn hellet oan" | Frisón occidental | 54 | 6 |
8 | Friúl | Carnicats | "Oz dream" | Friulano | 56 | 4 |
9 | Gales | Yr Annioddefol | "Drysu" | Galés | 44 | 11 |
10 | Asturias | Dixebra | "Indios" | Asturiano | 73 | 2 |
11 | Mordovia | Mordens | "Good Will Blessing" | Moksha | 56 | 4 |
2009
[editar | editar a fonte]O concurso de 2009 celebrouse o 31 de outubro no teatro De Harmonie en Leeuwarden, a capital da provincia neerlandesa de Frisia. A banda de rock de saami finlandés Somby gañou o concurso. O favorito do público foi o Dr. Drer en Cre Posse de Sardeña, coa súa canción en "Apu biu".[7]
Orde | Nacionalidade | Artista | Canción | Lingua | Puntos | Posto |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | Asturias | Alfredo González | "La nada y tu" | Asturiano | 40 | 9 |
2 | Occitania | Zine | "Lo prince charmant" | Occitano | 31 | 10 |
3 | Sardeña | Dr. Drer & CRC posse | "Apu biu" | Sardo | 80 | 2 ◇ |
4 | Sápmi | SomBy | "Ii iđit vel" | Saami setentrional | 85 | 1 |
5 | Friúl | Lino Straulino | "Doman" | Friulano | 78 | 3 |
6 | Frisia | It Langstme & de Dea | "Wikel" | Frisón occidental | 63 | 5 |
7 | Irlanda | Fiach | "Sea Táim" | Irlandés | 75 | 4 |
8 | Falantes de baixo alemán | De fofftig Penns | "Platt" | Baixo alemán | 48 | 8 |
9 | Escocia | Sunrise not Secular | "Lasair An t-Oidhche" | Escocés | 52 | 7 |
10 | Carelia | Sattuma | "Marjaini-darjaini" | Carelio | 62 | 6 |
11 | Latgale | Sovvaļnīks | "Pats sevī dzeivs" | Latgalián | 24 | 11 |
2010
[editar | editar a fonte]A edición de 2010 ten lugar o 27 de novembro en Lorient. O concurso gañouno a banda feroesa Orka coa canción "Rúmdardrongurin". O premio do público foi para a banda friulana R.esistence in Dub coa canción "Fieste".
Representando a Galiza foi o grupo de rap Mafia Galega, interpretando o tema "Billarda sempre". Ante a falta de apoio institucional, a candidatura galega foi proposta pola Liga Nacional de Billarda.[8] A letra da canción foi escrita por Xabier Cordal.[9] Para a súa actuación, o grupo estivo acompañado por Xermán Viluba, fundador e principal promotor da liga nacional de billarda, e ofreceron unha demostración deste xogo tradicional no escenario.[10]
Orde | Nacional. | Artista | Canción | Lingua | Puntos | Posto |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | Illas Feroe | Orka | "Rúmdardrongurin" | Feroés | 88 | 1 |
2 | Galicia | Mafia Galega | "Billarda sempre" | Galego | 29 | 10 |
3 | Córsega | Stéphane Casalta | "Albasgia" | Corso | 59 | 7 |
4 | Pobo vepsio | Jousnen Järved | "Verrez tullei" | Vepsio | 45 | 8 |
5 | Escocia | Rachel Walker | "Fada Bhuam" | Escocés | 65 | 5 |
6 | Asturias | Xera | "Tierra" | Asturiano | 78 | 2 |
7 | Sápmi | Pia-Maria Holmgren | "Geaidnu" | Saami setentrional | 44 | 9 |
8 | Frisia | Equal Souls | "Do swalkest" | Frisón setentrional | 75 | 3 |
9 | Bretaña | Dom Duff | "Kan an awen" | Bretón | 23 | 11 |
10 | Friúl | R.esistence in Dub | "Fieste" | Friulano | 70 | 4 ◇ |
11 | Irlanda | The Temporary | "Cupan Toast" | Irlandés | 62 | 6 |
2011
[editar | editar a fonte]A oitava edición de Liet International celebrouse o 19 de novembro de 2011 no Teatro Giovanni da Udine de Udine, Italia, a capital histórica da rexión de Friúl. A cantante de Frisia Occidental Janna Eijer gañou o premio do xurado coa canción "Ien klap", mentres que a banda austríaca Coffeeshock Company obtivo a votación do público con "Gusla mi se je znicila", cantada en croata de Burgenland.
Orde | Nacionalidade | Artista | Canción | Lingua | Puntos | Posto |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | Pobo vepsio | Noid | "Kättepajo" | Vepsio | 40 | 9 |
2 | Pobo romanche | Rezia Ladina | "Id ès capità" | Romanche | 55 | 7 |
3 | Croatas de Burgenland | Coffeeshock Company | "Gusla mi se je znicila" | Croata de Burgenland | 80 | 3 ◇ |
4 | Friúl | Priska | "Hajra" | Friulano | 28 | 12 |
5 | Escocia | Macanta | "Gaol" | Escocés | 77 | 4 |
6 | Sápmi | Rolffa | "Gulatgo mu?" | Saami setentrional | 32 | 11 |
7 | País Vasco | Siroka | "Hi, vascofona!" | Éuscaro | 70 | 5 |
8 | Ladinia | Cuntra Löm | "La moncignosa" | Ladino | 35 | 10 |
9 | Asturias | Skama la Rede | "Condenau" | Asturiano | 52 | 8 |
10 | Frisia | Janna Eijer | "Ien klap" | Frisón occidental | 83 | 1 |
11 | Udmurtia | Silent Woo Goore | "Kyrdźasa leźom ali" (Кырӟаса лэзём али) | Udmurto | 81 | 2 |
12 | Irlanda | Aoife Scott | "Donal Ná Fág" | Irlandés | 63 | 6 |
2012
[editar | editar a fonte]A novena edición de Liet International celebrouse o 1 de decembro de 2012 no Teatru de la Llaboral de Xixón, Asturias, España. O cantante bretón de orixe galesa Lleuwen gañou o premio do xurado coa canción "Ar Gouloù Bev", mentres que o premio do público foi para Asturiana Mining Company con "Si nun conoces Vaḷḷouta".
Orde | Nacional. | Artista | Canción | Lingua | Puntos | Posto |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | Córsega | Dopu Cena | "Trasmetta" | Corso | 86 | 2 |
2 | País Vasco | Enkore | "Muxurik muxu" | Éuscaro | 41 | 8 |
3 | L'Alguer | Claudia Crabuzza e Claudio Gabriel Sanna | "Ara" | Catalán | 64 | 5 |
4 | Escocia | ¡Brian Ó hEadhra | "Fathainn" | Escocés | 64 | 5 |
5 | Udmurtia | Ivan Belosludtsev & 4 Cheber Pios | "Tau tynyd" (Тау тыныд) | Udmurto | 35 | 9 |
6 | Asturias | Asturiana Mining Company | "Si nun conoces Vaḷḷouta" | Asturiano | 66 | 4 ◇ |
7 | Frisia | Yldau | "Fjoer" | Frisón occidental | 52 | 7 |
8 | Friúl | Jonokognòs | "Mai mai" | Friulano | 32 | 11 |
9 | Bretaña | Lleuwen Steffan | "Ar gouloù bev" | Bretón | 87 | 1 |
10 | Sápmi | Inger Karoline Gaup | "Oainnát go?" | Saami setentrional | 35 | 9 |
11 | Frisia Oriental | The Voodoolectric | "Slickermuul" | Baixo saxón de Frisia Oriental | 76 | 3 |
2014
[editar | editar a fonte]A décima edición de Liet International celebrouse o 12 de decembro de 2014 en Oldenburg, Baixa Saxonia, Alemaña. A cantante italiana Martina Iori gañou o premio do xurado coa canción "Via con mia mùsega", cantada en ladino. Neste ano, o premio do público foi substituído por un premio dos músicos votado polos propios concursantes. O premio dos músicos gañouno Aila-duo de Finlandia coa canción "Naharij kandâ", cantada en saami de Inari.
Orde | Nacionalidade | Artista | Canción | Lingua | Puntos | Posto |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | Asturias | Banda de Gaitas El Trasno | "Volviche" | Galego de Asturias | 36 | 7 |
2 | Escocia | Willie Campbell | "Fir-chlis" | Escocés | 30 | 9 |
3 | Minde | Bandalheira | "Baracho ancho pereira" | Minderico | 21 | 10 |
4 | Bretaña | Adnoz | "Un dra nevez" | Bretón | 53 | 4 |
5 | Sardeña | Forefingers Up! | "Sa luxi 'e su soli" | Sardo e italiano | 56 | 3 |
6 | Frisia | Bruno Rummler | "Beppe" | Frisón occidental | 51 | 5 |
7 | Sápmi | Aila-duo | "Naharij kandâ" | Saami de Inari | 64 | 2 ◇ |
8 | Falantes de baixo alemán | The Paintbox | "Söss söss söss / Dat Slecht" | Baixo alemán | 40 | 6 |
9 | Ladinia | Martina Iori | "Via con mia mùsega" | Ladino | 73 | 1 |
10 | República dos Maris | Marina Sadova | "Shochmo keche" (Шочмо кече) | Mari | 36 | 7 |
2017
[editar | editar a fonte]A undécima edición de Liet International estaba prevista que se celebrase a finais de 2016 en Kautokeino, Noruega, sede do Sámi Grand Prix.[11] Porén, por falta de fondos, o concurso adiouse até o 13 de abril de 2017 e celebrouse no marco do Festival de Pascua Saami.[12][13] Por segunda vez na historia do concurso, unha cantante local, Ella Marie Hætta Isaksen, gañou o concurso coa súa canción "Luoddaearru". Tamén gañou o premio dos músicos.
Orde | Nacionalidade | Artista | Canción | Lingua | Puntos | Posto |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | Escocia | Mary Ann Kennedy & Friends | "Grioglachan" | Escocés | 21 | 6 |
2 | Luxemburgo | La Schlapp Sauvage | "Blanne Käpitan" | Luxemburgués | 13 | 8 |
3 | Bashkortostán | Zaman | "Hïwïtma" (Һыуытма) | Baskir | 31 | 4 |
4 | Suriname | Ruben Semmoh e Romeo Sumter | "Saka na pin" | Sranan tongo | 25 | 5 |
5 | Bretaña | Ukan | "Den ebet all" | Bretón | 21 | 6 |
6 | Udmurtia | Pavel Aleksandrov e Dmitry Yakimov | "Van'myz ortche" (Ваньмыз ортче) | Udmurto | 38 | 3 |
7 | Frisia | Aafke Zuidersma | "Minsk fan wearde" | Frisón occidental | 39 | 2 |
8 | Sápmi | Ella Marie Hætta Isaksen | "Luoddaearru" | Saami setentrional | 44 | 1 ◇ |
2018
[editar | editar a fonte]A duodécima edición do Liet International celebrouse o 23 de maio de 2018 no Neushoorn de Leeuwarden, nos Países Baixos, como parte das actividades da Capital Europea da Cultura. The Rowan Tree gañou o premio do xurado coa canción "Tresor", cantada en córnico. O premio dos músicos gañouno a cantante galega Nastasia Zürcher coa canción "Espertos".[14]
Orde | Nacionalidade | Artista | Canción | Lingua | Puntos | Posto |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | Suriname | Afro-Carib Ensemble | "Dansi nanga yu" | Sranan tongo | 75 | 9 |
2 | Galicia | Familia Caamagno | "Lausanne"[15] | Galego | 61 | 12 |
3 | Provincia de Anveres | Jenne Decleir | "Dans met mij" | Neerlandés de Brabante | 73 | 10 |
4 | República dos Komis | Evgenia Udalova | "Voj" (Вой) | Komi | 26 | 14 |
5 | Frisia | Stonecrobs | "Yn frijheid kinsto libje" | Frisón occidental | 111 | 5 |
6 | Bashkortostán | Zaman | "Alga" (Алга) | Baskir | 110 | 7 |
7 | Escocia | Gerda Stevenson e Kyrre Slind | "Aye The Gean" | Scots | 119 | 3 |
8 | Escocia | Whyte | "Tairm" | Escocés | 71 | 11 |
9 | Galicia | Nastasia Zürcher | "Espertos" | Galego | 133 | 2 ◇ |
10 | Pobo arromanés | Pira | "Mash a meu"[16][17] | Arromanés | 49 | 13 |
11 | Cornualla | The Rowan Tree | "Tresor" | Córnico | 141 | 1 |
12 | Frisia | Luko Reinders | "Kom rin mei my" | Frisón occidental | 116 | 4 |
13 | Sápmi | Inger Karoline Gaup | "Oahppan lean" | Saami setentrional | 111 | 5 |
14 | Falantes de francoprovenzal | Billy Fumey | "Bondze Heidi" | Francoprovenzal | 78 | 8 |
2020
[editar | editar a fonte]A décimo terceira edición do Liet International debía celebrarse os días 3 e 4 de abril de 2020 en Aabenraa, Dinamarca, mais cancelouse por mor da pandemia de COVID-19.[18] Unha lista completa dos actos participantes fora publicada antes da cancelación. Decidiuse que o 8 de outubro de 2021 se celebrase un programa de substitución en liña non competitivo, titulado Liet International 2020+1, para celebrar os actos que competirán no concurso de 2020. Dez dos vinte actos participaron en Liet International 2020+1.[19]
Nacionalidade | Artista | Canción | Lingua | 2020+1 |
---|---|---|---|---|
Alsacia | Isabelle Grussenmeyer | "Waje de Litt" | Alsaciano | — |
Asturias | Luis Nuñez & los Folganzanes | "Tengo un sitiu pa ti" | Asturiano | Si |
Bashkortostán | Zaman | "Aida yanga" | Baskir | Si |
Croatas de Burgenland | Turbokrowodn | "Mila moja" | Croata de Burgenland | Si |
Eslovenos de Carintia | Bališ | "Spal bomo če smo hin" | Esloveno de Carintia | — |
Cataluña | Roger Argemí | "La fina línia" | Catalán | Si |
Cornualla | Brother Sea | "Oll 'Vel Onen" | Córnico | — |
Frisia | Sequens | "Do bist frij" | Frisón occidental | Si |
Galicia | Carolina Rubirosa | "Sozinha" | Galego[20] | Si |
Helgoland | Noctiluca | "Iaan" | Frisón de Helgoland | — |
Illa de Man | Clash Vooar | "Lhiggeyder Folley" | Manx | — |
Falantes de baixo alemán | Die Tüdelband | "Buten an't Meer" | Baixo alemán | Si |
Alemáns de Schleswig setentrional | 63-72 | "Mein kleines Lied" | Xuto meridional e alemán | — |
Pobo romanche | Fiona Fiasco | "Mona Lisa" | Romanche | — |
Sápmi | Saara Hermansson | "Mov laavlome" | Saami meridional | Si |
Sardeña | Bumbe Orchestra | "Cala Sinzias" | Sardo | Si |
Escocia | Marcas Mac an Tuairneir e Bogha-Frois | "Dumbbells" | Escocés | — |
Tirol do Sur | Jimmi Henndreck | "Nairobi" | Alemán tirolés | — |
Dinamarqueses do Schleswig Meridional | Sølo | "Kærestesangen" | Dinamarqués de Schleswig Meridional | — |
Tatarstán | Juna | "Yashel kuzle" (Яшел күзле) | Tártaro | Si |
2022
[editar | editar a fonte]A décimo terceira edición do Liet International celebrouse o 13 de maio de 2022 na Schweizerhalle de Tønder, Dinamarca. Houbo 13 entradas competidoras,[21] e o programa foi presentado por Stefanie Pia Wright e Niklas Freiberg Nissen.[22] Contou coas primeiras participacións en xuto do sur, dinamarqués do sur de Schleswig e alemán do Tirol do Sur, así como a primeira entrada en frisón do norte dende o concurso inaugural en 2002. Foi o primeiro concurso dende 2008 que non contou con ningunha entrada de Escocia, e a primeira edición competitiva que non contou cunha participación do Reino Unido.
Inicialmente, a banda rusa Juna debía competir coa canción "Takhetle konem" en lingua tártara, pero retiráronse debido á invasión rusa de Ucraína. No seu lugar, a banda israelí Sofi and the Baladis competiu coa canción "Rebutalla", sendo a primeira vez que Israel foi representado por unha entrada, a primeira entrada dun país de Oriente Medio e a primeira entrada en hebreo, así como a terceira entrada dun país non europeo (sendo as dúas primeiras as entradas que representaron a Suriname).[23] Os primeiros anuncios tamén incluían á banda de Cornualla Brother Sea coa canción "Trodhydhyek" como participante,[24] mais a lista final contiña a Billy Fumey con "U Port Titi".
O premio do xurado gañouno a cantante corsa Doria Ousset coa canción "Roma". O premio do público gañouno o cantante sardo Emanuele Pintus coa canción "Genia".
Orde | Nacionalidade | Artista | Canción | Lingua | Puntos | Posto |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | Alemáns de Schleswig setentrional | Martin Hørløck | "Æ Nordschleswig-Lied" | Xuto meridional e alemán | 54 | 12 |
2 | Falantes de francoprovenzal | Billy Fumey | "U Port Titi" | Francoprovenzal | 58 | 11 |
3 | Galicia | Carolina Rubirosa | "O teu camiñar" | Galego | 118 | 3 |
4 | Frisia Setentrional | Martje Johannsen e Christoph Hansen | "Maleen" | Frisón setentrional | 45 | 13 |
5 | Sardeña | Emanuele Pintus | "Genia" | Sardo | 60 | 10 ◇ |
6 | Frisia | Adri de Boer | "Bliuw mar by my" | Frisón occidental | 72 | 8 |
7 | Tirol do Sur | Jimi Henndreck | "Heihupfa" | Alemán tirolés | 102 | 4 |
8 | Sápmi | Ingá-Máret Gaup-Juuso | "Dovdameahttumii" | Saami setentrional | 82 | 6 |
9 | Córsega | Doria | "Roma" | Corso | 119 | 1 |
10 | Cataluña | Roger Argemí | "La contradicció" | Catalán | 80 | 7 |
11 | Dinamarqueses do Schleswig Meridional | Yourdaughters | "Hudsult" | Dinamarqués de Schleswig Meridional | 118 | 2 |
12 | Israel | Sofi and the Baladis | "Rebutalla" | Hebreo samaritano | 85 | 5 |
13 | Falantes de baixo alemán | Die Tüdelband | "Wenn ik enen Wunsch harr" | Baixo alemán | 60 | 9 |
2024
[editar | editar a fonte]A décimo cuarta edición do Liet International celebrouse o 22 de novembro de 2024 no Centru Culturale Alb'oru de Bastia, Francia.[25] Elixíronse once cancións competidoras entre 30 candidatas, incluíndo as primeiras en xudeoespañol, baixo sorabo e valenciano.[26] Foi a primeira edición dende 2005 no que o Gran Premio Saami non se utilizou como final nacional para o concurso, e o anuncio da lista de participantes confirmou que sería o primeiro concurso en non incluír unha entrada en ningunha das linguas saami.[25][27] O concurso foi transmitido en directo por France 3 Corse así como en liña.[26]
A pesar dos anuncios iniciais da lista de participantes dicindo que habería trece entradas, e despois anuncios posteriores dicindo que serían once, apareceron dez entradas no programa.[25][26] A canción córnica "Oll an dra" de Annie Baylis e a canción arromanesa "Ti un lai dor" de Tumbe foron orixinalmente anunciadas como participantes no concurso antes de ser eliminadas.[25] A canción sarda "Ita abarrat" de Su Maistu foi incluída na lista de participantes, antes de ser cambiada por "No dda infiu" de Luca Marcia.[25][26] Ademais, a entrada alemá do Tirol do Sur "Spaziern" de Robin's Haut non estivo presente no programa, a pesar de ser anunciada como participante.[28]
Orde | Nacionalidade | Artista | Canción | Lingua | Puntos | Posto |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | Córsega | Una Fiara Nova | "Qualcosa di tè" | Corso | 63 | 5 ◇ |
2 | Alemáns de Schleswig setentrional | Sihav | "Doppelgänger" | Xuto meridional | 24 | 10 |
3 | Bretaña | Brieg Guerveno | "Piv vin" | Bretón | 68 | 4 |
4 | Lusacia | Duo LeDazzo | "Co by nadejšła" | Baixo sorabo | 56 | 7 |
5 | Frisia | Melissa Pander | "Foarby" | Frisón occidental | 72 | 2 |
6 | Xudeus sefardís | Noam Vazana | "Una segunda piel" | Xudeoespañol | 88 | 1 |
7 | Valencia | Joan Peiró Aznar | "Migdiada" | Valenciano | 63 | 5 |
8 | Occitania | Séverine Bonnin | "Catarsis" | Occitano | 69 | 3 |
9 | Sardeña | Luca Marcia | "No dda infiu | Sardo | 50 | 8 |
10 | Falantes de baixo alemán | Rockwark | "Ik mok dat op Platt" | Baixo alemán | 47 | 9 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Carbonaro, Giulia (16 de maio de 2022). "Europe's other song contest: this is Liet International, the 'Eurovision of minority languages'". Euronews (en inglés). Consultado o 3 de marzo de 2023.
- ↑ "Liet International 2024 in Bastia on November 22". Eurovoix World. 20 de abril de 2024. Consultado o 23 de abril de 2024.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Catalan trio Pomada wins Liet Ynternasjonaal". Liet (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 4 de xuño de 2002. Consultado o 18 de febreiro de 2023.
- ↑ "Liet Ynternasjonaal 2002". WorldCat (en frisón occidental). Tresoar. 2002. Consultado o 18 de febreiro de 2023.
- ↑ Liet International 15 years 2002-2017. YouTube. 8 de abril de 2017. Consultado o 18 de febreiro de 2023.
- ↑ "O Liet Lavlut vai para Córsega", Vieiros, 18 de outubro de 2008.
- ↑ "Lapin Kansa" (en Finnish). Consultado o 2009-11-07.
- ↑ "A Liga Nacional de Billarda impulsou a representación do galego no festival". culturagalega.org. 5 de outubro de 2010. Consultado o 21 de maio de 2019.
- ↑ Nova sobre a súa representación de Galicia en Liet International. La Voz de Galicia, 4 de outubro de 2010 (en castelán)
- ↑ Os novos palandores. www.elcorreogallego.es. (Entrevista). Consultado o 21 de maio de 2019.
- ↑ Granger, Anthony (2016-04-28). "Liet International'16: Kautokeino To Host The Contest". Eurovoix World. Arquivado dende o orixinal o 2019-02-17. Consultado o 2016-07-17.
- ↑ Granger, Anthony (2016-10-07). "Liet International'16: Contest May Be Cancelled Due To Financial Issues". Eurovoix World. Arquivado dende o orixinal o 2019-02-18. Consultado o 2017-03-28.
- ↑ "Liet International part of Sami Easterfestival 2017 in Kautokeino, Sápmi". liet-international.com. 2017-01-08. Arquivado dende o orixinal o 2017-04-21. Consultado o 2017-03-28.
- ↑ "Nastasia Zürcher volta con premio para Galicia do festival Liet Internacional". Cultura Galega. 28 de maio de 2018. Consultado o 30 de maio de 2018.
- ↑ "Familia Caamagno representará a Galiza no Suns Europe". Nos Diario. 7 de novembro de 2016. Consultado o 29 de novembro de 2020.
- ↑ "Pareia PIRA - "Vanghe" / "Mash a meu"". YouTube. Archived from the original on 08 de decembro de 2020. Consultado o 23 de novembro de 2024.
- ↑ "PIRA la festivalul LIET INTERNATIONAL 2018". Facebook. Consultado o 29 de novembro de 2020.
- ↑ Granger, Anthony (11 de marzo de 2020). "Liet International 2020 in Denmark Canceled". Eurovoix World. Consultado o 18 de novembro de 2020.
- ↑ Granger, Anthony (2021-10-04). "Liet International 2020+1 To Be Broadcast on October 8". Eurovoix World (en inglés). Consultado o 2021-10-04.
- ↑ "Carolina Rubirosa: «Tras el éxito en Liet voy a plantearme en serio presentarme a Eurovisión»". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-05-23. Consultado o 2024-08-14.
- ↑ Granger, Anthony (2021-07-08). "Liet International Returns in 2022 With 13 Competing Entries". Eurovoix World (en inglés). Consultado o 2021-07-08.
- ↑ Wenkel, Louisa (8 de maio de 2022). "Erst Schulbank drücken, jetzt den Songcontest moderieren". www.nordschleswiger.dk (en alemán) (Der Nordschleswiger). Consultado o 20 de maio de 2022.
- ↑ Granger, Anthony (2022-04-18). "Liet International: Jura [sic] Replaced by Sofi and the Baladis For Liet International 2022". Eurovoix World (en inglés). Consultado o 2022-04-18.
- ↑ "Liet International 2022 definitely in Nordschleswig/Denmark". Stichting Liet. Consultado o 20 de maio de 2022.
- ↑ 25,0 25,1 25,2 25,3 25,4 Granger, Anthony (2024-10-29). "Liet International 2024 Line-up Announced". Eurovoix World (en inglés). Consultado o 2024-11-03.
- ↑ 26,0 26,1 26,2 26,3 "Line-up Liet international 2024". Liet. Consultado o 18 de novembro de 2024.
- ↑ Granger, Anthony (2024-04-06). "Sámi Grand Prix Ends Co-Operation With Liet International". Eurovoix World (en inglés). Consultado o 2024-11-03.
- ↑ Liet International 2024 (Television production) (en francés). France 3 Corse. 22 de novembro de 2024. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2024. Consultado o 22 de novembro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)