Licypriya Kangujam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLicypriya Kangujam

(2019) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Licypriya Kangujam
(mni) Licypriya Kangujam Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de outubro de 2011 Editar o valor em Wikidata (12 anos)
Imphal East district, India (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIndia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónecoloxista , activista climática , escolar Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2018 Editar o valor em Wikidata -
Familia
ParentesChinglensana Singh (pt) Traducir (tío) Editar o valor em Wikidata

Instagram: licypriyakangujam Editar o valor em Wikidata

Licypriya Kangujam, nada en Bashikhong, Manipur, o 2 de outubro de 2011, é unha activista ambiental india. En 2019, recibiu o International Children's Peace Prize, a India Peace Prize e o Dr. A. P. J. Abdul Kalam Children’s Award.[1][2][3][4] Ese mesmo ano, foi elixida como activista ambiental xunto con Greta Thunberg e Jamie Margolin no Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento, no que se destacou aos mozos que loitan contra o cambio climático.[5] The Times of India declarou que era a activista climática máis nova da India.[6]

Kangujam diríxese ao Foro de Asociados da Unesco (Bienal de Luanda) en Angola o 20 de setembro de 2019.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Kangujam é a filla máis vella de Bidyarani Devi Kangujam Ongbi e de K. K. Singh, e comezou a alzar a súa voz para combater o cambio climático e a redución do risco de desastres ambientais cando tiña sete anos. En xuño de 2019, protestou ante o Parlamento da India dirixíndose ó Primeiro Ministro, Narendra Modi, para que promulgara a lei sobre o cambio climático na India.[7][8][9][10]

Visita a Mongolia[editar | editar a fonte]

En 2018, Licypriya asistiu a unha conferencia de desastres da ONU en Mongolia xunto con seu pai. Isto inspirouna a involucrarse no activismo. Nun artigo de BBC News, afirmou: "Recibín moita inspiración e novos coñecementos das persoas que pronunciaban discursos. Foi un evento que me cambiou a vida". Licypriya fundou o "Movemento Infantil" pouco despois do evento para crear conciencia sobre a protección do planeta amosando o cambio climático e os desastres naturais.[11]

Inundacións de Kerala de 2018[editar | editar a fonte]

Licypriya doou os seus aforros de 100.000 rupias ó Ministro Principal de Kerala Pinarayi Vijayan o 24 de agosto de 2018 para axudar ós nenos vítimas das inundacións de Kerala. Dous anos máis tarde recibiu a carta de recoñecemento do Goberno de Kerala.[12]

A doazón de Licypriya ó Ministro Principal apoiou o seu traballo para protexer ós nenos afectados polas inundacións. Ella sentiu que a súa pequena contribución axudaría a facer unha diferenza para os nenos durante os momentos difíciles.

Visita a África[editar | editar a fonte]

Kangujam visitou Angola do 14 ó 24 de setembro de 2019 e comezou unha folga climática con máis de 50.000 nenos e mozos na cidade de Luanda, chamando a atención dos líderes mundiais para que tomaran medidas inmediatas para salvar o seu futuro.[13][14][15] Asistiu ó Foro de Asociados da Unesco 2019 (Bienal de Luanda) invitada pola Unesco a Unión Africana e o Goberno de Angola. Realizou unha intervención sobre o cambio climático dirixíndose ós presidentes de Angola, João Lourenço, de Malí, Ibrahim Boubacar Keïta, de Malaui, Hage Geingob, da República do Congo, Denis Sassou-Nguesso, así como ás Primeiras Damas de Angola, Ana Dias Lourenço, de Namibia, Monica Geingos, ó Premio Nobel da Paz de 2018 Denis Mukwege, á Directora Xeral da Unesco Audrey Azoulay, ó Viceprimeiro Ministro de Guinea, Francois Fall e a todos os Ministros de Cultura de África.[16][17][18][19][20]

Gran marcha de outubro de 2019[editar | editar a fonte]

O 21 de outubro de 2019, Kangujam iniciou a "Gran marcha de outubro de 2019" en Nova Deli, con miles dos seus seguidores. Esta mobilización levouse a cabo do 21 ó 27 de outubro en varios lugares para solicitar unha acción inmediata sobre ocambio climático e para promulgar a lei climática na India. Outra protesta tivo lugar en Paralakhemundi, Gajapati, co apoio de máis de 12.000 persoas da localidade. Nunha entrevista co xornal Pragativadi, Kangujam declarou:

"Até hoxe, só 5 países (Nova Zelandia, Australia, Reino Unido, México e Perú) teñen a súa lexislación sobre cambio climático, pero o 98% aínda non, isto inclúe á India. Estamos a marchar para pedir ós líderes mundiais que promulguen canto antes unha lei sobre o clima que regule as emisións de gases de efecto invernadoiro para salvar o noso planeta e o noso futuro.

Ademais, sinalou que, a diferenza doutros países desenvolvidos, as zonas rurais da India xa se viron afectadas polo cambio climático, principalmente a industria agrícola, porque a India está menos preparada para facer fronte ós danos climáticos. Tamén agregou que debido ó rápido aumento dos desastres climáticos e á diminución da produción agrícola, os nenos e os traballadores deixaron de ir á escola e de traballar.[21]

SUKIFU (Survival Kit for the Future)[editar | editar a fonte]

O 4 de outubro de 2019, Kangujam presentou un dispositivo simbólico chamado SUKIFU (Survival Kit for the Future) para frear a contaminación do aire. SUKIFU é un kit de baixo orzamento deseñado a partir de elementos de refugallo para proporcionar aire fresco ao noso corpo cando o índice de contaminación é alto. Esta planta colocada nunha especie de mochila transparente é un recoñecemento do Movemento Verde contra a contaminación do aire. Calquera pode construílo en casa para insuflar aire fresco directamente nos nosos pulmóns. Presentouno ante a Asemblea Lexislativa do Punxab e Haryana como símbolo antes da cerimonia de toma de xuramento dos MLAs e Ministros recentemente elixidos de Haryana. Chamou a atención dos líderes para atopar unha solución urxente para a actual crise de contaminación do aire en Delhi e a Rexión da Capital Nacional (NCR).[22][23][24][25]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2019, Kangujam recibiu o Dr. A. P. J. Abdul Kalam Children’s Award da Fundación Khwaad. O mesmo ano, foi recoñecida coa India Peace Prize xunto con Gaur Gopal Das e Dinesh Subasinghe do Comité Internacional da Mocidade no Cume Mundial da Mocidade. Tamén recibiu o International Children's Peace Prize do Institute for Economics and Peace (IEP). O 2 de outubro, foille entregado o título "Rising Star" pola rede do Día da Terra con sede en Washington D. C., Estados Unidos.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "This 7-YO Manipuri Kid Is Set To Make India Proud As She Will Address Gathering At United Nations". Times Internet. Consultado o 23 de abril de 2019. 
  2. 2,0 2,1 "Time for action before it's too late: 7-year-old award-winning Indian climate activist". 9 de setembro de 2019. Consultado o 9 de setembro de 2019. 
  3. "This 7-Yr-Old Girl Stood Near Parliament Urging PM Narendra Modi To Pass The Climate Change Law Now". Times Internet. Consultado o 22 de xuño de 2019. 
  4. "This 7YO Manipuri Girl Is Creating Global Waves Of Change & Here's All About Her Terrific Journey". 14 de setembro de 2019. Consultado o 14 de setembro de 2019. 
  5. "Fighting for a stolen future". 14 de setembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 14 de setembro de 2019. 
  6. "Kids Young Climate Change Activists". 27 de outubro de 2019. Consultado o 27 de outubro de 2019. 
  7. "A 7-Year-Old Takes Stand Near The Parliament Urging PM Modi To Pass The Climate Change Law". 22 de xuño de 2019. Consultado o 22 de xuño de 2019. 
  8. "Angola backs Licypriya's green world campaign". 24 de setembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2021. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  9. "Seven-year-old becomes the youngest green activist". 9 de setembro de 2019. Consultado o 9 de setembro de 2019. 
  10. "Aged 7, Licypriya Kangujam stands outside Parliament to urge Prime Minister, MPs to pass climate change law". 22 de xuño de 2019. Consultado o 22 de xuño de 2019. 
  11. "India climate activist Licypriya Kangujam on why she took a stand". BBC News. 6 de febreiro de 2020. Consultado o 6 de febreiro de 2020. 
  12. "Licypriya Kangujam Donated ₹1,00,000 to Kerala Government to Support Victim Children of Kerala Massive Flood in 2018 but Acknowledged after almost 2 Years". Saarcyouth.org. 22 de outubro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2021. Consultado o 22 de outubro de 2019. 
  13. "Angola backs Licypriya’s green world campaign". 27 de setembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  14. "Licypriya to launch climate change movement in Angola". 27 de setembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 20 de setembro de 2019. 
  15. "Licypriya draws attention of world leaders on her maiden climate change movement in Angola". 20 de setembro de 2019. Consultado o 20 de setembro de 2019. 
  16. "Biennale of Luanda - Pan-African Forum for the culture of peace". 20 de setembro de 2019. Consultado o 20 de setembro de 2019. 
  17. "Biennale of Luanda: Pan-African Forum for the Culture of Peace". 20 de setembro de 2019. Consultado o 20 de setembro de 2019. 
  18. "Licypriya Kangujam met with The President of Namibia". 20 de setembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2020. Consultado o 20 de setembro de 2019. 
  19. "Licypriya draws attention of world leaders on her maiden climate change movement in Angola". 20 de setembro de 2019. Consultado o 20 de setembro de 2019. 
  20. "Biennale of Luanda: Pan-African Forum for the Culture of Peace". 20 de setembro de 2019. Consultado o 20 de setembro de 2019. 
  21. "Activist Licypriya Kangujam leads world’s biggest rural climate protest in Odisha’s Paralakhemundi". 19 de outubro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2019. Consultado o 19 de outubro de 2019. 
  22. "Licypriya Kangujam launches solution to curb air pollution". 4 de novembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2020. Consultado o 4 de novembro de 2019. 
  23. "8 yr olds solution to tackle air pollution". 5 de novembro de 2019. Consultado o 5 de novembro de 2019. 
  24. "8-years-old Licypriya Kangujam launched solution to curb air pollution.". 5 de novembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2019. Consultado o 5 de novembro de 2019. 
  25. "Time to act against pollution, says 8-yr-old climate activist". 5 de novembro de 2019. Consultado o 5 de novembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]