Libro dos testamentos dos reis de León

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Condesa Sancha Muñiz no sepulcro da Catedral de León.

O Libro dos testamentos dos reis de León ou Libro das Estampas é un códice cartulario ou tombo de finais do século XII da catedral de León. Recibe o seu nome porque contén retratos dos reis e a condesa que contribuíron coas súas doazóns á construción da catedral en León.

Os sete reis que aparecen retratados son: Ordoño II, Ordoño III, Ramiro III, Vermudo II, Afonso V, Fernando I e Afonso VI, ademais do retrato do asasinato da condesa Sancha Muñiz a mans do seu sobriño.[1] Estas magníficas representacións de estilo románico cumpriron unha función de autenticación dos diferentes reis.[2][3][4]

As ilustracións, asía todo, son anacrónicas. O traxe representado é típico do século XII, non de principios do X. Do mesmo xeito, os selos colgantes non se fixeron habituais en Iberia ata o século XII. Cada rei é representado coroado e sentado nun trono, levando un cetro. Os pergamiños que posúen os doadores levan os seus nomes e unha confirmación da súa doazón. Por exemplo:[5]

Ego Ordonius minor rex confirmo


Eu, Ordoño, o novo, confirmo

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Torres Sevilla Quiñones de León, Margarita; Galván Freile, Fernando (1995). La condesa Doña Sancha, una nueva aproximación a su figura. Boletín de la Sociedad Española de Estudios Medievales. ISSN 1131-8155. 
  2. Fernández Alonso, Agapito (1981). El libro de las estampas. Editorial Nebrija. ISBN 9788439100201. 
  3. Herrero de la Fuente, Marta (2011). Cartularios leoneses, del becerro gótico de Sahagún al tumbo Legionense y al Libro de las Estampas. ISBN 978-84-92944-00-2. 
  4. Gómez Bravo, Ana Mª (2013). Textual Agency: Writing Culture and Social Networks in Fifteenth-Century Spain. University of Toronto Press. ISBN 978-1-4426-6751-8. 
  5. McCluskey, Raymond (1992). Malleable accounts: views of the past in twelfth-century Iberia. Hambledon Press. ISBN 9781852850661.