Libro de bo amor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Folio 3r.º do manuscrito T (Toledo) do Libro de buen amor do s. XIV conservado na Biblioteca Nacional de España, Vitr. 6/1.

O Libro de bo amor (Libro de Buen Amor) é o único libro escrito por Juan Ruiz, arcipreste de Hita, arredor de 1343.

O título deullo Ramón Menéndez Pidal en 1898; anteriormente fora coñecido como Libro do arcipreste ou Libro dos cantares.

Do libro existen tres códices, dos que o de Salamanca está considerado o máis completo; os outros son os da Academia Española e o de Toledo. O libro consta de 1728 estrofas, entre as que predomina o tetrástrofo, Constitúe unha colección heteroxénea de diversos materiais unidos arredor dunha presunta autobiografía amorosa do autor, nos que se representa a través das súas amantes todas as camadas da sociedade medieval castelá.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]