Liberación Andaluza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Liberación Andaluza
Tipopartido político
IdeoloxíaNacionalismo andaluz
Data de fundación1985
PaísEspaña
Na rede
https://liberacionandaluza.wordpress.com/
editar datos en Wikidata ]

Liberación Andaluza (LA) é un partido político constituído en 1985 por militantes do Sindicato Andaluz e de Yama´a Islámica de Al-Andalus que pretenden a independencia de Al-Andalus, territorio que para eles abrangue, ademais de Andalucía, Murcia, Badaxoz, Serra de Alcaraz, Algarve e Xibraltar e o recoñecemento da diáspora andalusí e da lingua árabe como unha lingua propia de Andalucía, aínda que se considera un partido laico a maioría dos seus dirixentes son de relixión islámica.