Liaoning Flying Leopards

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Liaoning Hunters»)
Liaoning Flying Leopards
Información xeral
Nome Liaoning Flying Leopards
辽宁药都本溪飞豹
Liga CBA (Norte)
Alcume Flying Leopards
Fundación 1995
Historia Liaoning Hunters (1995−2008)
Liaoning Dinosaurs (2008–2011)
Cores                Púrpura, ouro, branco
Presidente República Popular da China Grupo Liaoning Hengrun
Adestrador República Popular da China Guo Shiqiang
Localización
Cidade República Popular da China Benxi, China
Pavillón Pavillón de Liaoning
Capacidade 4.500
Campionatos
Liga 1 (2018)
cba.hupu.com/teams/liaoning

Os Liaoning Flying Leopards (chinés simplificado: 辽宁药都本溪飞豹, chinés tradicional: 遼寧藥都本溪飛豹), tamén coñecido por motivos de patrocinio como Liaoning Scale Industry Flying Leopards ou simplemente Liaoning Scale Industry, son un equipo profesional de baloncesto da China con sede na cidade de Benxi (Liaoning). Os Flying Leopards compiten na Division Norte da Chinese Basketball Association (CBA), máxima competición do baloncesto chinés. O equipo xoga os seus partidos como local no Pavillón de Liaoning, recinto con capacidade para 4.500 espectadores, aínda que ocasionalmente xoga algúns partidos como local noutras cidades. O patrocinador do club é Liaoning Scale Industry Group, cuxa mascota é un leopardo de Amur (en inglés: flying leopard). O seu maior éxito é a consecución do título de liga na temporada 2017−18.

Historia[editar | editar a fonte]

Os Liaoning Flying Leopards foron fundados en 1995 co nome de Liaoning Hunters, sendo un dos equipos máis destacados do comezado da Chinese Basketball Association (CBA). De feito, é finalista en 1997, 1998 e 1999, caendo en todas as ocasións ante os Bayi Rockets. Volveu ser finalista en 2008, caendo nesta ocasión ante os Guangdong Southern Tigers por 4-1.[1] Ese mesmo ano estiveron a piques de asinar á estela da National Basketball Association (NBA) Vin Baker, mais finalmente foi descartado ao non superar as probas físicas.[2] O club volve ser finalista en 2015 e 2016, perdendo respectivamente ante os Beijing Ducks e os Sichuan Blue Whales. Finalmente, o equipo gaña o seu primeiro título de liga en 2018 ao vencer na final aos Zhejiang Guangsha Lions por 4−0.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Destacados[editar | editar a fonte]

Títulos[editar | editar a fonte]

Liga da China

  • Campións (1): 2018
  • Subcampións (6): 1997, 1998, 1999, 2008, 2015, 2016

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]