Lhamana
| Lhamana | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||

Lhamana, segundo a cultura tradicional zuni, son persoas bioloxicamente masculinas que asumen funcións sociais e cerimoniais normalmente realizadas por mulleres na súa cultura, cando menos parte do tempo.[1][2] Levan unha mestura de roupa feminina e masculina e gran parte do seu traballo realízase nas zonas habitadas habitualmente polas mulleres zunis. Algunhas lhamana contemporáneas participan na comunidade panindianista dos dous espíritos.[3]
A lhamana máis famosa foi We'wha (1849–1896), que en 1886 formou parte da delegación zuni en Washington D.C., onde se reuniron co presidente Grover Cleveland.
Rol social
[editar | editar a fonte]Os relatos do século XIX sinalan que as lhamana, aínda que estaban vestidas con "traxe feminino", eran frecuentemente contratadas para traballos que requirían "forza e resistencia",[4] como a caza maior e cortar leña.[1]
Ademais de facer un traballo pesado, algunhas persoas lhamana salientaron en artes e oficios tradicionais como a cerámica e o tecido. We'wha, en particular, era unha coñecida tecedora.[5]
Os pronomes masculinos e femininos usáronse para as persoas lhamana. Escribindo sobre a súa amiga We'wha, a antropóloga Matilda Coxe Stevenson describiuna como:
Desempeña funcións relixiosas e xudiciais masculinas ao mesmo tempo que desempeña funcións femininas, atendendo a lavandería e a horta.[6]
... a persoa máis intelixente do pobo. O carácter forte fixo que a súa palabra fose lei tanto entre homes como mulleres cos que se relacionaba. Aínda que a súa ira era temida tanto polos homes como polas mulleres, era amada por todos os nenos, cos que sempre foi amable.[7]
Aínda que os colonialistas europeos e os adeptos modernos dos estudos queer consideran as lhamana como gai, LGBT ou transxénero, os zunis lhamana, como outros roles sociais, culturais e cerimoniais indíxenas, existen nunha matriz indíxena. Os escritores indíxenas sobre estes papeis consideran que estas identidades non se poden reducir unicamente ao desexo do mesmo sexo ou á adhesión a un conxunto convencional de roles de xénero, mesmo os modernos transxénero ou xénero queer.[3][8][9][10]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Gilley, Brian Joseph (2006). Becoming Two-Spirit: Gay Identity and Social Acceptance in Indian Country. ISBN 0-8032-7126-3. p.8
- ↑ Lang, Sabine (1998). Men as women, women as men: changing gender in Native American cultures. Austin: University of Texas Press. ISBN 9780292747012. páxina 269
- 1 2 Jacobs, Sue-Ellen; Thomas, Wesley; Lang, Sabine (1997). Two Spirit People: Native American Gender Identity, Sexuality, and Spirituality. University of Illinois Press. ISBN 9780252066450. OCLC 421792266.
- ↑ Matilda Coxe Stevenson, The Zuni Indians: Their Mythology, Esoteric Fraternities, and Ceremonies, (BiblioBazaar, 2010) p. 380
- ↑ James, George W. New Mexico: The Land of the Delight Makers. Boston: Page Co.,1920
- ↑ Suzanne Bost, Mulattas and Mestizas: Representing Mixed Identities in the Americas, 1850-2000, (Athens, Georgia: University of Georgia Press, 2003, páx 139
- ↑ Matilda Coxe Stevenson, The Zuni Indians: Their Mythology, Esoteric Fraternities, and Ceremonies, (BiblioBazaar, 2010) p. 37 Quote:"the most intelligent person in the pueblo. Strong character made his word law among both men and women with whom he associated. Though his wrath was dreaded by men as well as women, he was loved by all children, to whom he was ever kind.
- ↑ de Vries, Kylan Mattias (2009). "Berdache (Two-Spirit)". En O'Brien, Jodi. Encyclopedia of gender and society. Os Ánxeles: SAGE. p. 64. ISBN 9781412909167. Consultado o 6 de marzo de 2015.
- ↑ Cameron, Michelle. (2005). Two-spirited Aboriginal people: Continuing cultural appropriation by non-Aboriginal society. Canadian Women Studies, 24 (2/3), 123–127.
- ↑ Smith, Andrea. "Queer Theory and Native Studies: The Heteronormativity of Settler Colonialism". GLQ: A Journal of Lesbian and Gay Studies 16.1–2 (2010): 41–68. Web.