Leydy Pech

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLeydy Pech

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Leydy Araceli Pech Marín Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1965 Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
Hopelchén, México (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobos maias Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónecoloxista , apicultora Editar o valor em Wikidata
Premios

Leydy Araceli Pech Marín, coñecida como Leydy Pech, nada en Hopelchén, Campeche, 1965, é unha apicultora e activista mexicana de orixe maia. En 2020 foi galardoada co Premio Ambiental Goldman polo seu traballo en contra da sementa de soia transxénica na Península de Iucatán.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballo apícola[editar | editar a fonte]

Colmea de Melipona nun tronco oco.

Pech dedícase principalmente á apicultura, utilizando unha variedade de abella sen aguillón denominada Melipona beecheii, que foi parte da cultura das comunidades maias desde hai varios séculos.[1][3] Esta abella realiza as súas colmeas dentro de troncos ocos, e aínda que a maioría dos apicultores utilizan á Apis mellifera, Pech e a súa comunidade empeñáronse en conservar a tradición coa variedade melipona, á cal chaman Xunáan Kab, “a dama do mel”.[4]

Pech ten unha parcela de dúas hectáreas, na cal se dedica ao cultivo de mel de abella de maneira artesanal, como sinalou en 2014.[5]

Para Pech, as abellas son máis que un medio de sustento; "son parte do meu ser", afirma. E tanto é o coidado que lles dá, que mesmo as alimenta con doce de cabaza. Así mesmo sinala que a organización e traballo colectivo das abellas para producir mel, fai que se afiance a súa confianza na acción colectiva, de maneira similar a como se fai na súa comunidade Ich Eq (en galego "ollo de estrela") na que as familias se apoian para sobrevivir.[6]

Activismo ambientalista[editar | editar a fonte]

Pech comezou o seu activismo no ano 2000, cando Monsanto comezou a instalar parcelas de cultivo de soia transxénica en Campeche. Esta actividade foi incrementándose, e para 2012, comezaron traballos de agroindustria nunha escala maior. Isto ocasionou que o mel que se producía no estado tivese problemas, pois o produto diminuíu e estaba contaminado. A actividade agroindustrial puña en risco a alimentación das comunidades, a contorna natural e o acceso a medios para que as comunidades maias gañaran o sustento.[1]

Por esta razón, Pech encabezou a coalición Muuch Kambal e o Colectivo Apícola de los Chenes, quen demandaron ao goberno para que detivese este tipo de cultivos transxénicos.[7] En 2015, a Suprema Corte de Xustiza da Nación chegou á conclusión de que o goberno debía realizar consultas ás comunidades indíxenas antes de realizar calquera cultivo de sementes transxénicas. En 2017 revogouse a Monsanto-Bayern o permiso para cultivar sementes xeneticamente modificadas en Campeche, Iucatán e outros cinco estados do país.[1]

Debido ao seu activismo, e aos logros de Pech e a súa comunidade, recibiu o Premio Goldman de medio ambiente, considerado como o Nobel ambiental.[1][8] A organización que outorga o premio sinalou que Pech foi obxecto de discriminación por parte de Monsanto e os seus avogados, quen facían alusión á incredulidade que lles causaba que unha pequena muller os derrotara.[9] Para Pech o premio "representa un recoñecemento ao traballo das comunidades maias dos Chenes (unha rexión de Campeche) e da unidade do territorio maia."[3] Durante a cerimonia, que se celebrou de forma virtual, sinalou:

O premio dáme a oportunidade de dicirlle ao mundo que os territorios dos pobos indíxenas están a ser obxecto de refugallo para a imposición de megaproxectos, de extractivismo, agroindustria, turismo e outros que fortalecen un modelo capitalista que afecta os recursos naturais e os nosos medios de vida.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Rodríguez, Darinka (2020-11-30). "Leydy Pech, la apicultora indígena que detuvo la siembra de soya transgénica de Monsanto" (en castelán). Consultado o 2020-12-11. 
  2. "Leydy Pech" (en inglés). Consultado o 2020-12-12. 
  3. 3,0 3,1 Pastrana, Daniela (2020-12-06). "“Los pueblos indígenas tenemos una forma distinta de mirar el desarrollo”: Leydy Pech" (en castelán). Consultado o 2020-12-11. 
  4. "México: esto sucede cuando se tumba selva en el territorio maya" (en castelán). 2020-11-28. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2021. Consultado o 2020-12-11. 
  5. Pérez Salazar, Juan Carlos (2014-07-31). "Los indígenas mexicanos que le ganaron una batalla al gigante Monsanto" (en castelán). Consultado o 2020-12-11. 
  6. Quintanilla Sangüeza, Víctor (2018-12-10). "Leydy Pech, the guardian of the bees" (en inglés). Consultado o 2020-12-11. 
  7. "Premio Goldman, resultado del trabajo colectivo comunitario en defensa del territorio y el ambiente sano en la región de los Chenes, Campeche – Indignación". 30 de novembro de 2020. Consultado o 2020-12-11. 
  8. "Leydy Pech, la «guardiana de las abejas» contra los transgénicos" (en castelán). 2020-12-09. Consultado o 2020-12-11. 
  9. "Leydy Pech: the queen bee of a Mayan hive against Monsanto's GMOs in Mexico". Digis Mak (en inglés). Consultado o 2021-06-01. [Ligazón morta]
  10. "“Hoy es un día histórico para el pueblo maya”: Leydy Pech al recibir el premio de Fundación Goldman". 1 de decembro de 2020. Consultado o 2020-12-11. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]