Levi Strauss
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (de) Löb Strauß 26 de febreiro de 1829 Buttenheim |
| Morte | 26 de setembro de 1902 San Francisco |
| Lugar de sepultura | Home of Peace Cemetery and Emanu-El Mausoleum (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | emprendedor, deseñador, inventor |
| Empregador | Levi Strauss & CO (1853–) |
| Familia | |
| Pais | Tataje |
| Irmáns | Fanny Strauss Jonas Strauss Louis Strauss |
| Premios | |
| |
| Sitio web | levistrauss.com |

Non confundir co filósofo Claude Lévi-Strauss
Levi Strauss, nado en Baviera o 26 de febreiro de 1829 e finado o 26 de setembro de 1902, foi un empresario xudeu de orixe alemá, fundador de Levi Strauss & CO, un dos maiores fabricantes de pezas de vestir no mundo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1847 emigrou a Nova York xunto con dúas irmás e a súa nai, onde foron recibidos por familiares. Viaxou a San Francisco en 1853 para abrir unha pequena tenda de mercería, que creceu ata converterse nun próspero negocio.
En 1872, Jacob Davis, un xastre lituano que lle compraba regularmente pezas a Levi, comunicoulle a este o inconveniente que presentaban os seus pantalóns: os petos descosíanse facilmente co duro traballo da mina. Ambos atoparon unha posible solución: reforzar as esquinas dos petos con reberetes. Suxeriulle que xuntos soliciten a patente do proceso, e o 20 de maio de 1873 chega a concesión desta e da marca rexistrada dos Estados Unidos. Así oficialmente nacía o primeiro pantalón rebereteadp de Levi's. Iníciase así a produción da peza de vestir máis fabricada de todos os tempos: os jeans ou vaqueiros.
Faleceu aos 73 anos, en 1902. Os seus sobriños herdaron o negocio, que permanece en activo ata os nosos días. Ao longo de 2008, Levi Strauss pechou a súa última fábrica nos Estados Unidos para trasladar toda a súa produción a países do terceiro mundo, onde a man de obra é máis barata.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Levi's (en inglés)
- Levi's Europe Arquivado 05 de xullo de 2008 en Wayback Machine. {{en{{
- Levi's Online Store (en inglés)
- Levi Strauss Company (en inglés)