Leung Ping-kwan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leung Ping-kwan
Nacemento20 de abril de 1949
Lugar de nacementoJiangmen
Falecemento5 de xaneiro de 2013
Lugar de falecementoHong Kong
Causacancro de pulmón
NacionalidadeRepública Popular da China
Alma máterUniversidade da Califórnia em San Diego
Ocupaciónescritor, profesor universitario e poeta
editar datos en Wikidata ]

Leung Ping-kwan, nado o 20 de abril de 1949 en Xinhui e finado o 5 de xaneiro de 2013 en Hong Kong, foi un escritor hongkonés coñecido tamén co sobrenome literario de Ye Si.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado na provincia de Guangdong criouse en Hong Kong, onde recibiu unha educación bilingüe (inglés/chinés). Estudou inglés na Universidade Baptista de Hong Kong e realizou o doutoramento en literatura comparada na Universidade do Sur de California en San Diego. Comezou a escribir poesía na década de 1960 e publicou un total de once volumes líricos, ademais escribiu novelas, ensaios, relatos e traducións e mais ensinou literatura comparada na Universidade de Lingnan en Hong kong.[1] Entre os seus libros salientan Dao yü dalu, unha colección de relatos curtos publicado en 1987; Dong xi, un poemario de 2000 e Xiang gang wen hua , ensaio dedicado á cultura de Hong Kong publicado en 1992.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tod des Lyrikers Leung Ping-kwan in Neue Zürcher Zeitung vom 10.