Saltar ao contido

Lesley Manville

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLesley Manville

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de marzo de 1956 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Brighton, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
ResidenciaEast Grinstead Editar o valor en Wikidata
EducaciónItalia Conti Academy of Theatre Arts (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de dobraxe, actriz de cinema, actriz de teatro, actriz Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1974 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeJoe Dixon (2000–2004)
Gary Oldman (1987–1990) Editar o valor en Wikidata
FillosAlfie Oldman
 () Gary Oldman Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0544334 Allocine: 10949 Allmovie: p45224
BNE: XX4663742 Musicbrainz: 6951469e-c376-4033-8506-97da39d0b683 WikiTree: Manville-96 Editar o valor en Wikidata

Lesley Ann Manville, nada en Brighton o 12 de marzo de 1956, é unha actriz inglesa de teatro, cinema e televisión.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Manville naceu en Brighton, East Sussex, filla de Norma (coñecida como Jean), ex bailarina de ballet, e de Ron Manville, taxista.[1] Creceu na veciña Hove e foi a menor de tres irmás. Preparouse como cantante soprano desde os 8 anos e foi dúas veces campioa sub-18 de Sussex.[2] Comezou a actuar candro era adolescente, aparecendo en series de televisión como King Cinder. Aos 15 anos obtivo unha praza na Italia Conti Academy of Theatre Arts.[3] Alí coñeceu a súa primeira parella, o actor e presentador de Blue Peter, Peter Duncan.[4]

Recibiu diversos recoñecementos no teatro, entre eles o Premio Laurence Olivier á mellor actriz polo seu papel na obra Ghosts estreada no Almeida Theatre de Londres en 2014 e unha candidatura na mesma categoría pola obra Grief, estreada no Royal National Theatre.[5]

En televisión, apareceu como convidada na popular serie británica Agatha Christie's Poirot, onde interpretou a señora Lorrimer. No cinema foi galardoada como a actriz británica do ano polo London Critics Circle polas súas interpretacións en All or Nothing (2002) e Another Year (2010),[6][7] polo que tamén foi candidata ao premio da BAFTA a mellor actriz secundaria[8] e recibiu o premio do National Board of Review á mellor actriz, ambos en 2010.[9] Foi candidata ao Óscar á mellor actriz secundaria por Phantom Thread (2017) e ao Emmy á mellor actriz secundaria nunha serie dramática pola súa interpretación da Princesa Margaret, Condesa de Snowdon na serie The Crown.[10].

Manville foi nomeada Oficial da Orde do Imperio Británico (OBE) nas Honras de Aniversario de 2015 celebradas para a raíña Isabel II polos seus servizos ao teatro,[11] e en 2020 foi nomeada Comandante da Orde do Imperio Británico nas Honras de Aninovo de 2021 polos seus servizos ao teatro e á caridade.[12][13]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

O primeiro marido de Manville foi o actor Gary Oldman, con quen tivo un fillo, Alfie Oldman (nado en 1988).[14] O seu segundo matrimonio foi co actor Joe Dixon.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Filme Personaxe Notas
1985Bailar cun estrañoMaryanne
1987Sammy and Rosie Get LaidMargy
1987High SeasonCarol
1988High HopesLaetitia Boothe-Braine
1996Secrets & LiesJenny Ford
1999MilkFiona
1999Topsy-TurvyLucy Gilbert
1999Toy BoysMrs. AllenCurtametraxe
2002All or NothingPenny
2004Vera DrakeMrs. Wells
2005The Great Ecstasy of Robert CarmichaelSarah Carmichael
2007Richard Is My BoyfriendMother
2007SparkleJill
2009A Christmas CarolMrs. CratchitVoz
2010Another YearMary
2010WombJudith
2013Romeo and JulietNurse
2013A Five Star LifeKate Sherman
2013Spike IslandMargaret Titchfield
2013The Christmas CandleBea Haddington
2014MaleficentHada Flittle
2014Mr. TurnerMary Somerville
2015Molly Moon and the Incredible Book of HypnotismMiss Adderstone
2016RuptureDr. Nyman
2017Unha cita no parqueFiona
2017Phantom ThreadCyril Woodcock
2019Ordinary LoveJoan
2019Maleficent: Mistress of EvilHada Flittle
2020MisbehaviourDolores Hope
2020Let Him GoBlanche Weboy
2022Mrs. Harris Goes to ParisAda HarrisTamén produtora executiva
2023The CriticAnnabel Land[15]
2024Back to BlackCynthia Winehouse[16]
2024Queer[17]
  1. Cooper, Glenda (23 de abril de 2014). "After four decades on the stage, Manville is in no mood to slow down". Telegraph. Consultado o 26 de xullo de 2014.
  2. Kellaway, Kate (12 de agosto de 2007). "The mother superior". The Guardian (Londres). Consultado o 20 de maio de 2010.
  3. West, Naomi (4 de agosto de 2007). "The world of Lesley Manville, actress". daily Telegraph. Consultado o 20 de maio de 2010.
  4. BFI (16 de abril de 2018). "Lesley Manville and Naomi Ackie – Working Class Heroes at the BFI" vía YouTube.
  5. Premio Laurence Oliviers (ed.). "Olivier 2014 winners" (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2015.
  6. London Critics Circle (ed.). "British Actress of the Year" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 7 de decembro de 2010. Consultado o 15 de marzo de 2015.
  7. London Critics Circle (ed.). "THE SOCIAL NETWORK Tops London Film Critics' Awards" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2 de abril de 2015. Consultado o 15 de marzo de 2015.
  8. British Academy on Film Television Awards (ed.). "Film in 2010" (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2015.
  9. National Board of Review (ed.). "Best Actress - Archive" (en inglés). Consultado o 15 de marzo de 2015.
  10. Lewis, Hillary; Nordyke, Kimberly (17 xullo 2024). "Emmys 2024: List of Nominees". The Hollywood Reporter (en inglés). Consultado o 17 xullo 2024.
  11. "Birthday Honours 2015: Van Morrison and Kevin Spacey head list". BBC (en inglés). 13 de xuño de 2015. Consultado o 11 de xaneiro de 2024.
  12. "The entertainment and arts figures in the New Year Honours 2021". BBC News. 30 de decembro de 2020. Consultado o 2021-08-29.
  13. "The New Year Honours 2021". GOV.UK (en inglés). 2020-12-30. Consultado o 2020-12-31.
  14. "Both Lesley Manville and ex-husband Gary Oldman were nominated for Oscars: He's got a new wife, we get on". Hindustan Times. 7 de marzo de 2018. Consultado o 27 de marzo de 2019.
  15. Grobar, Matt (27 de xuño de 2022). "Ian McKellen, Gemma Arterton, Mark Strong, Lesley Manville, Ben Barnes & More To Star In Period Thriller The Critic". Deadline Hollywood. Consultado o 27 de xuño de 2022.
  16. Kroll, Justin (19 de xaneiro de 2023). "Jack O'Connell, Eddie Marsan And Lesley Manville Join Studiocanal And Focus' Amy Winehouse Pic Back To Black". Deadline Hollywood. Consultado o 19 de xaneiro de 2023.
  17. Vivarelli, Nick (2023-04-21). "Drew Starkey to Star With Daniel Craig in Luca Guadagnino's 'Queer' With Filming Starting This Month in Italy (EXCLUSIVE)". Variety (en inglés). Consultado o 2023-04-21.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]