Les Trois Accords

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Les Trois Accords
Les Trois Accords.jpg
Les Trois Accords no 2010
OrixeDrummondville, Quebec, Canadá Flag of Canada.svg
Período1997 - presente
Xénero(s)rock, punk rock
Selo(s) discográfico(s)Indica Records
MembrosPierre-Luc Boisvert
Charles Dubreuil
Alexandre Parr
Simon Proulx
Antigos membrosOlivier Benoit
Páxina weblestroisaccords.com

Les Trois Accords é unha banda de rock de Drummondville, Quebec. A banda lanzou o seu primeiro álbum Gros mammouth album no ano 2003. Algunhas das cancións notables, extraídas dese álbum, son "Hawaïenne", "Saskatchewan" e "Lucille". Xunto cos seus vídeos, as cancións foron ben recibidas no Quebec. En 2004, foi lanzado Gros mammouth album turbo con dous temas adicionais, "Loin d'ici" e "Turbo sympathique". En 2006, lanzaron o seu segundo álbum, titulado Grand champion international de course. O concerto máis importante da banda ata a data foi en setembro de 2005, cando foron abreconcertos de The Rolling Stones en Moncton, Novo Brunswick. O concerto atraeu a uns 85.000 espectadores.

Estilo musical[editar | editar a fonte]

O segundo álbum de Les Trois Accords foi lanzado 5 de setembro 2006. Este álbum non rompeu co estilo rock-pop de Gros Mammouth e era máis escandaloso nas súas letras. O vídeo musical de "Grand Champion" pode ser visto en Bande à part. O segundo vídeo musical é "Tout sur la plage nu". O álbum chegou á cima das listas logo da súa primeira semana.

Moitas das súas cancións máis recentes pódense clasificar como surrealistas debido á frecuente presenza de paronomasias, xogos de palabras e imaxes infrecuentes.

Tamén lles gusta adornar os seus concertos con pequenas pezas de humor. O sentido do humor tamén é evidente nos seus vídeos musicais onde as imaxes que se mostran non teñen nada que facer coa canción. Vemos, por exemplo, no vídeo musical de "Saskatchewan", os membros do grupo practicar movementos de karate o longo de todo o vídeo. O mesmo ocorre co vídeo musical de " Turbo sympathique", onde o grupo convértese en bombeiros e apaga o lume nun celeiro.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Gros mammouth album 2003 Indica Records
Gros mammouth album turbo 2004 Indica Records
Grand champion international de course 2006 Indica Records
En beau country 2008 Phonoscope Productions
Dans mon corps 2009 Indica Records
J'aime ta grand-mère 2012 La Tribu
Joie d'être gai 2015 La Tribu
Beaucoup de plaisir 2018 La Tribu

Demos[editar | editar a fonte]

  • Demo de la Commune (1999)
  • Demo Live at Drummondville (2001)
  • Demo Jaune-Brun (2002)

Videografía[editar | editar a fonte]

  • "Hawaiienne"
  • "Loin d'ici"
  • "Saskatchewan"
  • "Turbo Sympathique"
  • "Vraiment beau"
  • "Grand champion"
  • "Tout nu sur la plage"
  • "Ton avion"
  • "Youri"
  • "Nicole"
  • "Dans mon corps"
  • "Le bureau du médecin"

Membros[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]