Les Poètes maudits

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Les Poètes maudits
Autor/aPaul Verlaine
Orixe Francia
Lingualingua francesa
Xénero(s)Ensaio
EditorialLibrairie Léon Vanier
Data de pub.1884
ISBNISBN 978-1164960461
editar datos en Wikidata ]
Primeira edición do 1884.

Les Poètes maudits (Os poetas malditos en galego) é un libro de ensaios do poeta francés Paul Verlaine publicado por primeira vez en 1884, e deseguido viu a luz unha versión aumentada e definitiva en 1888.

Actualmente, non conta cunha versión oficial publicada e traducida ao galego.

Descrición[editar | editar a fonte]

Nesta obra hónrase a seis poetas:

Os comentarios redactados por Verlaine sobre os autores, que coñeceu persoalmente á maioría, tratan sobre o estilo da súa poesía e de anécdotas persoais vividas con eles.

Verlaine expuxo que dentro do seu individual e única forma, o xenio de cada un deles fora tamén a súa maldición, afastándoos do resto de persoas e levándoos desta forma a acoller o hermetismo e a idiosincrasia[1] como formas de escritura.[2] Tamén foron retratados como desiguais respecto da sociedade, tendo vidas tráxicas e entregados con frecuencia a tendencias autodestrutivas; todo isto como consecuencia dos seus dons literarios.

O concepto de Verlaine do poeta maldito foi en parte tomado do poema de Charles Baudelaire chamado Bénédiction, que inicia o seu libro Les Fleurs du mal.[3] O uso desta expresión e do termo malditismo xeneralizouse logo para referirse a calquera poeta (ou a un escritor doutros xéneros ou mesmo a un artista plástico) que, independentemente do seu talento, é incomprendido polos seus contemporáneos e non obtén éxito en vida; especialmente para os que levan unha vida bohemia, rexeitan as normas establecidas (tanto as regras da arte como os convencionalismos sociais) e desenvolven unha arte libre ou provocativa.

Entre os literatos que recibiron o cualificativo de malditos estarían tamén, á parte de Verlaine e do seu grupo, escritores como Charles Baudelaire, François Villon, Thomas Chatterton, Aloysius Bertrand, Gérard de Nerval, o conde de Lautréamont, Petrus Borel, Charles Cros, Germain Nouveau, Antonin Artaud, Émile Nelligan, Armand Robin, Rodrigo Pérez Cambre, Innokienti Ánnienski, John Keats, Federico García Lorca, Alejandra Pizarnik, Fogwill, Edgar Allan Poe, Raúl Gómez Jattin, Leopoldo María Panero, entre outros.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]