Les Misérables (filme de 2019)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Les Misérables
Ficha técnica
Título orixinalLes Misérables
DirectorLadj Ly
ProdutorToufik Ayadi
Christophe Barral
GuiónLadj Ly
Giordano Gederlini
Alexis Manenti
Baseado enLes Misérables
de Ladj Ly
Intérpretes
  • Damien Bonnard
  • Alexis Manenti
  • Djebril Zonga
  • Issa Percia
  • Al-Hassan Ly
  • Steve Tientcheu
  • Almany Kanoute
  • Nizar Ben Fatma
MúsicaPink Noise
FotografíaJulien Poupard
MontaxeFlora Volpeliere
Estudio
DistribuidoraLe Pacte
EstreaFestival de Cannes: 15 de maio de 2019
Francia 20 de novembro de 2019
Duración103 minutos
OrixeFlag of France.svg Francia
XéneroDrama
Recadación9,4 millóns de dólares[1]

Les Misérables é un filme francés de 2019 dirixido por Ladj Ly e escrito por Ly, Giordano Gederlini e Alexis Manenti. Está baseado nunha curtametraxe homónima realizada polo propio Ly. Está protagonizado por Damien Bonnard, Alexis Manenti, Djebril Zonga, Issa Percia, Al-Hassan Ly, Steve Tientcheu, Almany Kanoute e Nizar Ben Fatma. O filme está baseado na violencia policial ocorrida o 14 de outubro de 2008 en Montfermeil, observada e filmada por Ladj Ly. Montfermeil é un suburbio a 25 quilómetros ó nordeste de París onde, na novela Os miserables de Victor Hugo (1862), o exconvicto Jean Valjean coñece a Cosette, unha nena maltratada polos seus pais adoptivos. O filme describe os abusos contra os cidadáns pobres, especialmente os adolescentes de etnia árabe ou africana.

Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019 o 15 de maio. Estreouse nos cinemas de Francia o 20 de novembro a través da distribuidora Le Pacte. Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 92ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Damien Bonnard como Stéphane / Pento
  • Alexis Manenti como Chris
  • Djebril Zonga como Gwada
  • Issa Perica como Issa
  • Al-Hassan Ly como Buzz
  • Steve Tientcheu como The Mayor
  • Almamy Kanoute como Salah
  • Jeanne Balibar como The Commissioner
  • Raymond Lopez como Zorro
  • Omar Soumare como Macha
  • Sana Joachaim como Bintou
  • Lucas Omiri como Slim
  • Nazar Ben Fatma como La Pince

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Les Misérables". The Numbers. Consultado o 18 de decembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]