Saltar ao contido

Les Misérables

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Les Misérables
Imaxe
 Título
Les Misérables
Nędznicy Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Forma artística
 Xénero
 Lingua
Autoría
 Autor/a
 Ilustrador/a
 Tradutor/a
Temática
 Representa a
Publicación
Datas
 Fundación / creación
século XIX Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
1862 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
VIAF199740584 Editar o valor en Wikidata
Goodreads3208463 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL1063588W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0gnfq Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Obra dispoñible en
BNE: XX2025184
Wikidata G:Commons C:Commons

Les Misérables[1] é unha novela histórica francesa de Victor Hugo publicada en 1862, considerada unha das máis grandes novelas do século XIX.

A novela comeza en 1815 e culmina en 1832 coa revolución de xuño en París. Segue as vidas e as interaccións entre varias personaxes, especialmente as dificultades do exconvito Jean Valjean e a súa experiencia de redención.[2] Examinando a natureza da lei e da graza, a novela afonda na historia de Francia, a arquitectura e o deseño urbano de París, a política, a filosofía moral, o antimonarquismo, a xustiza, a relixión e os tipos e a natureza do amor romántico e familiar.

Les Misérables foi popularizado grazas a múltiples adaptacións no cinema, na televisión e no teatro.

  • Volume I: Fantine
  • Volume II: Cosette
  • Volume III: Marius
  • Volume IV: o idilio na Rue Plumet e a épica na Rue St. Denis
  • Volume V: Jean Valjean

Recepción contemporánea

[editar | editar a fonte]

A aparición da novela foi un evento anticipado, xa que Victor Hugo estaba considerado un dos principais poetas de Francia da súa época. The New York Times anunciou a súa próxima publicación xa en abril de 1860.[3] Unha campaña de publicidade masiva[4] precedeu a publicación dos primeiros dous volumes de Les Misérables en Bruxelas o 30 ou 31 de marzo e en París o 3 de abril de 1862.[5] O resto dos volumes apareceron o 15 de maio de 1862.

As reaccións críticas foron de amplo rango, en ocasións negativas. Algúns críticos atoparon o asunto inmoral, outros queixáronse do sentimentalismo e outros preocupáronse pola aparente simpatía cos revolucionarios. L. Gauthier escribiu en Le Monde o 17 de agosto de 1862: "Un non pode lela sen unha repulsión invencible todos os detalles que Monsieur Hugo dá sobre o éxito dos plans de complot".[6] Os irmáns Goncourt xulgaron a novela artificial e decepcionante.[7] Flaubert non atopou "verdade nin grandezas" nela.[8] Nunha crítica nun xornal, Charles Baudelaire eloxiou o éxito de Hugo en centrar a atención pública nos problemas sociais, aínda que pensou que esa propaganda era oposta á arte. En privado describiuna como "inmunda e inepta" ("immonde et inepte").[9] A igrexa católica incluíuna no Index Librorum Prohibitorum.[10]

A novela foi un éxito comercial e un libro popular dende a súa publicación.[11][12] O mesmo ano da súa publicación foi traducida a varias linguas, incluíndo inglés,[13] italiano, grego e portugués, facéndose popular en toda Europa.

Adaptacións

[editar | editar a fonte]

Dende a publicación orixinal, Les Misérables foi obxecto de numerosas adaptacións en diferentes medios. Algúns exemplos son:

  1. "Les Misérables". Longman Dictionary of Contemporary English. Longman. Consultado o 16 de agosto de 2019. 
  2. "BBC News – Bon anniversaire! 25 facts about Les Mis". BBC Online. 1 de outubro de 2010. Consultado o 1 de outubro de 2010. 
  3. "Personalities.". The New York Times. 10 de abril de 1860. Consultado o 3 de xaneiro de 2013. 
  4. La réception des Misérables en 1862 – Max Bach – PMLA, Vol. 77, No. 5 (decembro de 1962)
  5. "Les Misérables, Victor Hugo, first edition, 1862". ABE Books. Consultado o 21 de xaneiro de 2013. 
  6. PDF
  7. Goncourt, Edmond et Jules, Journal, Vol. I, Laffont, 1989, ISBN 2-221-05527-6, April 1862, pp. 808–09
  8. "Letter of G. Flaubert to Madame Roger des Genettes – July 1862". Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2006. Consultado o 12 de decembro de 2020. 
  9. Hyslop, Lois Bee (outubro de 1976). "Baudelaire on Les Misérables". The French Review 41 (1): 23–29. 
  10. Turner, David Hancock (18 de xaneiro de 2013). "Les Misérables and Its Critics". Jacobin. Consultado o 14 de xuño de 2016. 
  11. Yourcenar, Marguerite. "Réception des Misérables en Grèce" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de xullo de 2011. Consultado o 12 de decembro de 2020. 
  12. "Réception des Misérables au Portugal". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 12 de decembro de 2020. 
  13. Moore, Olin H. (marzo de 959). "Some Translations of Les Misérables". Modern Language Notes 74 (3): 240–46. JSTOR 3040282. doi:10.2307/3040282. 
  14. Radio Programs Scheduled for this Week, The New York Times, 25 de xullo de 1937
  15. Behr, Edward (1993). The Complete Book of Les Misérables. New York: Arcade. p. 29. 
  16. The Broadway League. "The official source for Broadway Information". IBDB. Consultado o 31 de decembro de 2012. 
  17. AlloCine. "Les Misérables". Consultado o 23 de setembro de 2015. 
  18. Otterson, Joe (9 de xaneiro de 2018). "David Oyelowo, Dominic West, Lily Collins to Star in BBC's Les Misérables Miniseries". Variety. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]