Leopoldo de Hohenzollern-Sigmaringen
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 22 de setembro de 1835 Krauchenwies |
| Morte | 8 de xuño de 1905 Berlín |
| | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Catolicismo |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Carreira militar | |
| Rango militar | xeneral |
| Participou no conflito | Guerra franco-prusiana |
| Familia | |
| Familia | Casa de Hohenzollern-Sigmaringen (pt) |
| Cónxuxe | Antónia de Bragança (1861–1905) |
| Fillos | Guilherme de Hohenzollern-Sigmaringen, Fernando I de Romanía, Prince Karl Anton of Hohenzollern |
| Pais | Karl Anton von Hohenzollern-Sigmaringen |
| Irmáns | Prince Anton of Hohenzollern-Sigmaringen Carol I de Romanía Frederico de Hohenzollern-Sigmaringen Maria Luísa de Hohenzollern-Sigmaringen Estefanía de Hohenzollern-Sigmaringen |
Leopoldo de Hohenzollern-Sigmaringen, nado en Krauchenwies o 22 de setembro de 1835 e finado en Berlín, 8 de xuño de 1905, foi un príncipe prusiano e xefe da rama Hohenzollern-Sigmaringen, da Casa de Hohenzollern, que xogou un papel importante na política do poder europeo.
Biografía
[editar | editar a fonte]Os seus pais eran Carlos Antonio e Xosefina Frederica de Baden. Leopoldo foi pai do rei Fernando I de Romanía e avó de Carlos I de Romanía.
Tras a Revolución de 1868 contra Isabel II de España, Leopoldo foi candidato a ocupar o trono de España, a proposta do xeneral Prim. Esta oferta foi apoiada polo Primeiro Ministro prusiano Otto von Bismarck, pero rexeitada polo Emperador Napoleón III de Francia.[1]
En España, ao difundirse a noticia de que Leopoldo era candidato á coroa, empezóuselle a chamar Leopoldo Olé-Olé si me elixen por mor da difícil pronuncia do seu apelido para os españois.[2][3]
Leopoldo foi forzado a rexeitar a oferta do trono español, e debido á demanda insistente do goberno francés e o chamamento da Telegrama de Ems o resultado foi a Guerra Franco-Prusiana en 1870, que supuxo a caída do emperador francés e a chegada da Terceira República Francesa.
Matrimonio e fillos
[editar | editar a fonte]En 1861 o príncipe Leopoldo casou coa Infanta Antonia de Portugal, filla de María II de Portugal e do seu consorte, Fernando II. Con ela tivo tres fillos:
- Príncipe Guillerme (1864-1927), quen o sucedería como Príncipe de Hohenzollern.
- Príncipe Fernando (1865-1927), quen sería coroado Rei de Romanía.
- Príncipe Carlos Antonio (1868-1919). Pai de Carlos I de Romanía.
Devanceiros
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Història, Batxillerat, crèdits 1, 2 i 3. Brúixola. ISBN 84-8304-117-0.
- ↑ "La república relámpago". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2012. Consultado o 26 de novembro de 2018.
- ↑ "Castro-Aznar: corbatas y telegramas" (PDF).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Leopoldo de Hohenzollern-Sigmaringen |
| Predecesor: Carlos Antonio |
Príncipe de Hohenzollern 1885-1905 |
Sucesor: Príncipe Guillerme |
| Predecesor: Carlos Antonio |
Príncipe de Hohenzollern-Sigmaringen (titular) Príncipe de Hohenzollern-Hechingen (titular) 1885-1905 |
Sucesor: Príncipe Guillerme |