Leopoldo Vidal Hermida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leopoldo Vidal Hermida
Nacemento1912
Lugar de nacementoVilamarín
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre
editar datos en Wikidata ]

Leopoldo Vidal Hermida, nado en Vilamarín en 1912, foi un mestre galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi nomeado mestre interino de Vilamarín en agosto de 1933.[1] Foi un dos impulsores da sociedade Hogar del Maestro de Ourense en 1935.[2] Aprobou o curso de selección para o ingreso no Maxisterio en 1936 e foi mestre en Estrumil (O Río, Vilamarín). Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pasouse ao bando leal. Coa derrota da República pasou a Francia. Exiliouse na República Dominicana, arribando a Santo Domingo de Guzmán no vapor De la Salle o 19 de decembro de 1939.[3] En 1943 pasou a México.[4] Reintegrouse no corpo de mestres en 1997.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]