Leopardus guttulus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Leopardus guttulus
Leopardus tigrinus (Felis tigrina) - Museo Civico di Storia Naturale Giacomo Doria - Genoa, Italy - DSC02677.JPG
Leopardus guttulus no Museo Civico di Storia Naturale Giacomo Doria de Xénova
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Suborde: Feliformia
Familia: Felidae
Subfamilia: Felinae
Xénero: Leopardus
Especie: L. guttulus
Nome binomial
Leopardus guttulus
(Hensel, 1872)
Área de distribución de Leopardus guttulus

Área de distribución de Leopardus guttulus
Sinonimia
Véxase o texto
Mapa da antiga distribución de Leopardus tigrinus.
En amarelo, distribución de L. guttatus.

Leopardus guttulus é unha especie de mamífero carnívoro da suborde dos feliformes, familia dos félidos, subfamilia dos felinos, unha das nove (ou dez, segundo os autoes),[2] integradas no xénero Leopardus.[2]

É unha especia propia do Brasil, Arxentina e Paraguai.[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1872 polo paleontólogo e zoólogo alemán Reinhold Friedrich Hensel,[3] baixo o nome de Felis guttulus, cando Hensel describiu a especie nas xunglas do Río Grande do Sur, no sur do Brasil.[4]

Parentesco[editar | editar a fonte]

Está intimamente relacionado co gato de Geoffroy, Leopardus geoffroyi, especie coa que presuntamente se hibrida no sur do Brasil.[5][6]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido a especie coñceuse cos sinónimos:

  • Felis guttulus HCategory:Leopardus guttulusensel, 1872.[4] (protónimo)
  • Felis tigrinus guttulus (Hensel, 1872)
  • Leopardus tigrinus guttula (Trouessart, 1897)
  • Leopardus tigrinus guttulus (Hensel, 1872).[3]
  • Margay tigrina guttula (Hensel, 1872)
  • Oncifelis tigrinus guttulus (Hensel, 1872)

Nota taxonómica[editar | editar a fonte]

Leopardus guttulus durante moitos anos foi considrada como unha subespecie de Leopardus tigrinus, L. t. guttulus.[7]
En 2013 propúxose situar a poboación do sur do Brasil na nova especie L. guttulus, xa que se comprobou que non se cruzaba coa poboación de L. tigrinus no nordés deste país.[8]

Características[editar | editar a fonte]

Leopardus guttulus é un pequeno gato neotropical que exhibe unha pelaxe amarelo-ocráceo estampado con rosetas negras abertas. Fisicamente pode distinguires de Leopardus tigrinus pola súa coloración de fondo lixeramente máis escura,o patrón das rosetas máis grande e a cola lixeiramente máis curta. Porén, é extremadamente difícil distinguir entre as dúas especies só pola súa aparencia, xa que tende a haber unha maior variación xenética dentro de cada especie que entre as dúas especies.[9] Os adultos pesan entre 1,9 e 2,4 kg.[10]

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

A especie encóntrase desde o centro até o sur do Brasil, nos estados de Minas Gerais e Goiás, no bosque atlántico, no leste de Paraguai e no nordeste da Arxentina, por debaixo dos 2 000 m.[1]

Estímase que a súa poboación comprende aproximadamente 6 000 individuos maduros.[1]

Nas marxes da súa área de distribución crúzase co L. geoffroyi, pero no parece cruzarse coa poboación de L tigrinus no nordeste do Brasil que, en contraste, ten unha historia de cruzamento con Leopardus colocolo. Debido ás diferenzas dos seus hábitats, a hibridación non ocorre entre L. tigrinus e L. guttulus. En contraste, a hibridación e introgresión ocorre entre L. guttulus e L. geoffroyi nas súas zonas de contacto no sur do Brasil. Crese que moisto espécimes de L. guttulus e L. geoffroyi son híbridos parciais, debido ao alto nivel de cruzamento que se está producindo.[9]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Esta especie aliméntasee principalmente de pequenos mamíferos, paxaros terrestres e lagartos. As maioría das súas presas pesan pero termo medio menos de 100 g, pero tamén poden cazar presas de mayor tamaño, de até 1 kg.[9][11]

A miúdo vive no mesmo hábitat que o ocelote. En áreas cunha alta concentración de ocelotes, as poboacións de L. guttulus son máis pequenas, debido á competencia. Cando os ocelotes son escasos, as especies de gatos máis pequenos, como L. guttulus, teñen mellores oportunidades para obteren refuxios, alimentos e territorio, o que permite un maior tamaño das poboacións e densidades de L. guttulus. Este fenómeno chámase "efecto ocelote".[12]

En 2015 rexistrárose dous xuvenís de L. guttulus por primeira vez no bosque atlántico, cando estaban aprendendo as habilidades para a caza. A nai xoga un papel importante na aprendizaxe dos seus cachorros para cazar e sobrevivir na natureza.[13]

Ameazas[editar | editar a fonte]

Durante a época do auxe do comercio de peles, e especie foi amplamente explotada. Hoxe en día as súas maiores ameazas son a perda de hábitat e a deforestación, a caza por parte da poboación local, a mortes por accidentes nas estradas, as enfermidades transmitidas polos cans domésticos e o uso de veleno contra os roedores.[1]

Estado de consevación[editar | editar a fonte]

Esta especie habita en numerosas zonas protexidas, pero probabelmente a baixas densidades nelas. Actualmente moitos investigadoes están estudando para comprender mellor a biodiversidade, a ecoloxía, a evolución e a xenética da especie para poder organizar unha estratexia de conservación máis efectiva para ela. Ademais, estanse a realizar máis investigacións para comprender mellor as diferenzas entre L. tigrinus e L. guttulus. A caza desta última está prohibida na Arxentina, Brasil e Paraguai.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 de Oliveira, T., Trigo, T., Tortato, M., Paviolo, A., Bianchi, R. & Leite-Pitman, M. R. P. (2016): Leopardus guttulus na Lista vermella da UICN. Versión 2020-1. Consultada o 5 de xuño de 2020.
  2. 2,0 2,1 Leopardus Gray, 1842 no ITIS.
  3. 3,0 3,1 Leopardus guttulus (Hensel, 1872) no ITIS.
  4. 4,0 4,1 Hensel, R. (1872). "Beiträge zur Kenntniss der Säugethiere Süd-Brasiliens". Physikalische Abhandlungen der Königlichen Akademie der Wissenschaften zu Berlin (1873): 1–130. 
  5. Trigo, T. C.; Tirelli, F. P.; de Freitas, T. R. O. & Eizirik, E. (2014). "Comparative Assessment of Genetic and Morphological Variation at an Extensive Hybrid Zone between Two Wild Cats in Southern Brazil". PLOS ONE 9 (9): e108469. PMC 4177223. PMID 25250657. doi:10.1371/journal.pone.0108469. 
  6. Kasper, C. B.; Peters, F. B.; Christoff, A. U. & de Freitas, T. R. O. (2016). "Trophic relationships of sympatric small carnivores in fragmented landscapes of southern Brazil: niche overlap and potential for competition". Mammalia 80 (2): 143–152. 
  7. Leopardus tigrinus guttulus (Hensel, 1872), no ITIS.
  8. Trigo, T. C.; Schneider, A.; de Oliveira, T. G.; Lehugeur, L. M.; Silveira, L.; Freitas, T. R. O. & Eizirik, E. (2013). "Molecular data reveal complex hybridization and a cryptic species of Neotropical Wild Cat". Current Biology 23 (24): 2528–2533. PMID 24291091. doi:10.1016/j.cub.2013.10.046. 
  9. 9,0 9,1 9,2 Trigo, T. C.; Schneider, A.; de Oliveira, T. G.; Lehugeur, L. M.; Silveira, L.; Freitas, T. R. O. & Eizirik, E. (2013): "Molecular Data Reveal Complex Hybridization and a Cryptic Species of Neotropical Wild Cat". Current Biology 23: 2528–2533. PMID 24291091.
  10. Rinaldi, A. R.; Rodriguez, F. H.; de Carvalho, A. L. & de Camargo Passos, F. (2015): "Feeding of small Neotropical felids (Felidae: Carnivora) and trophic niche overlap in anthropized mosaic landscape of South Brazil". Biotemas '28 (4): 155−168.
  11. Facure-Giaretta, K. G. (2002): "Ecologia alimentar de duas espécies de felinos do gênero Leopardus em uma floresta secundária no sudeste do Brasil". Tese de doutoramento. Universidade Estadual de Campinas.
  12. de Oliveira, T. G., Tortato, M. A., Silveira, L., Kasper, C. B., Mazim, F. D., Lucherini, M., Jácomo, A. T., Soares, J. B. G., Marques, R. V. & Sunquist, M. (2010). "Ocelot ecology and its effect on the small-felid guild in the lowland neotropics". Biology and conservation of wild felids: 559–580. 
  13. Bogoni, J. A.; Graipel, M. E.; de Castilho, P. V. & Peroni, N. (2017). "Development of predatory behaviours in young southern tigrinas (Leopardus guttulus)" (PDF). Mammalia 81 (4): 421–424. doi:10.1515/mammalia-2015-0165. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]