Leopardo do Amur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Leopardo do Amur
Panthera pardus orientalis
Panthera pardus orientalis Colchester Zoo (1).jpg
Leopardo do Amur no de Colchester
Estado de conservación
Crítico
Crítico[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Felidae
Subfamilia: Pantherinae
Xénero: Panthera
Especie: P. pardus
Subespecie: P. p. orientalis
Nome trinomial
Panthera pardus orientalis
Schlegel, 1857
En cor rosa clara, distribución histórica En cor rosa escura, distribución actual

En cor rosa clara, distribución histórica
En cor rosa escura, distribución actual
Sinonimia
Véxase o texto
Leopardo do Amur no zoo de Olomouc, República Checa.

O leopardo do Amur (Panthera pardus orientalis) é a subespecie de leopardo máis rara que existe.

Está en perigo crítico de extinción; só existen en liberdade entre 25 e 34 exemplares, na reserva de Sikhote-Alin (Siberia) e a súa endogamia colócao ao bordo da extinción total. Tamén quedan exemplares en liberdade na Zona desmilitarizada de Corea (ZDC) que separa Corea do Norte e Corea do Sur.[2]

A maior parte dos exemplares desta subespecie viven en zoolóxicos de Europa e os Estados Unidos.[3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A subespecie foi descrita en 1857 polo zoólogo alemán Hermann Schlegel.[4]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Hábitat[editar | editar a fonte]

Esta subespecie estendíase pola península de Corea, noroeste da China e o sueste de Rusia; a maior parte do seu territorio coincidía co do tigre de Siberia.

Poboación en liberdade[editar | editar a fonte]

Na actualidade está moi cerca da extinción, xa que quedan entre 25 e 34 espécimes nas montañas de Sikhoté-Alín (Siberia, Rusia), e considérase que se necesitaría que houbese polo menos cen para evitar a extinción. Desde hai uns poucos anos fálase xa de 40-50 exemplares.[5][6]

Estrutura e tamaño da poboación de Panthera pardus orientalis. Período 2000-2013[7][8]
2000 2003 2007 2013
Machos sexualmente maduros 4—5 9 7—9 ?
Femias con cachorros 1—2 4—5 4 ?
Femias 8—9 7 3—7 ?
Cachorros 1—3 4—5 5—6 4—5
Non identificados 8—9 4 6—7 ?
Total 22—28 28—30 25—34 48—50
Primeiro plano

Estes censos indican un lixeiro ascenso que tende a estabilizarse, pero todos os avances pódense truncarse se non se protexe a zona onde viven por medio dun gran parque nacional, ou se continúa a caza furtiva. O último caso deuse tan só dous días despois de que se dera a coñecer o censo de 2007: unha das sete femias adultas que nom eestaban acompañadas por crías foi encontrada morta por un disparo.[9]

Pénsase que poden quedar algúns individuos na meseta de Kaema e Baekdusan, en Corea do Norte, pero descoñecese a situación da subespecie nesta rexión. A destrución do seu hábitat e o comercio de peles reduciron a cantidade de leopardos do Amur de modo espectacular, até o punto de converterse no felino máis raro do planeta. Crese que tamén os cazadores furtivos (interesados na pel e a carne do animal) contribuíron ao descenso no número de espécimes, aínda que non existen probas sólidas que o demostren.

Poboación en catividade[editar | editar a fonte]

Estímase que existen entre 100 e 200 exemplares en catividade,[10] algúns deles formando parte dun programa de cría e reintroducción.[11]

Fisioloxía[editar | editar a fonte]

O leopardo do Amur destaca sobre as demais subespecies existentes de leopardo pola súa pelaxe, máis longa, que o axuda a defenderse das duras condicións climáticas da taiga.

A súa pelaxe é de cor entre alaranxada e dourada. A lonxitude dos pelos é de 2,5 cm durante o verán, pero crecen até os 7 cm en inverno, estación na que a súa cor palidece cara tons crema. As manchas son maiores e están máis separadas entre si que as que mostran outros leopardos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Stein, A. B. et al. (2019): Panthera pardus Arquivado 30 de abril de 2012 en Wayback Machine. na Lista vermella da UICN. Versión 2021.2. Consultada o 21 de outubro de 2021.
  2. La delgada línea verde Publicado na edición electrónica do xornal El País o 19-6-2010.
  3. Nacimiento de ejemplares en cautividad Publicado na edición electrónica do xornal Informador o 10-4-2010.
  4. 4,0 4,1 Panthera pardus orientalis Schlegel, 1857. no MSW.
  5. "Group: Amur leopard close to extinction". CNN. 19 de abril de 2007. Consultado o 21 de novembro de 2021. 
  6. "Leopard Near Extinction - Only About 30 Remain". Kelly Hearn, National Geographic. 19 de abril de 2007. Consultado o 21 de novembro de 2021. 
  7. "Amur Leopards Near Extinction". Arquivado dende o orixinal o 29 de febreiro de 2016. Consultado o 21 de novembro de 2021. 
  8. "ALTA Conservation Update" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de novembro de 2015. Consultado o 21 de novembro de 2021. 
  9. Noticia sobre leopardo do Amur morto por disparos. Fonte: National Geographic.
  10. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 21 de novembro de 2021. 
  11. A loita por salvar ao leopardo do Amur (en inglés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.